19/2/16

Aviso importante: servizos bibliotecarios 22, 23 e 24 febreiro 2016

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas
Comunicamos a todos/as os socios/as e usuarios/as, que os días 22, 23 e 24 de febreiro non se poderán realizar as seguintes xestións nas bibliotecas do Concello debido ao cambio do sistema informático da Rede de Bibliotecas de Galicia:

- Novas altas de socio/a
- Renovacións de préstamos
- Reservas sobre materiais prestados

SÓ SE REALIZARÁN PRÉSTAMOS E DEVOLUCIÓNS. IMPRESCINDIBLE TRAER O CARNÉ DA BIBLIOTECA.

Pregamos desculpen as molestias

Recomendacións en Radioleiros: 19 de febreiro 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=62528- Xuvenil (de 10 anos en adiante):

Mago por correspondencia, de Joles Sennell e ilustrado por Xan López Domínguez
Xerais

Obra formada por sete imaxinativos relatos de fantasía e humor nos que se mesturan bruxas, fadas, deuses e, por suposto, tamén persoas.

Atoparémonos con contos como o dun compositor que recibe o encargo de crear un himno nacional, ou a explicación do que lle aconteceu aos habitantes da Atlántida. Poderemos ler as peripecias de Isquirión e tamén que Baldomero estudia por correspondencia o curso de bruxo de segunda, ou como un autor lle regalou a súa imaxinación a unha fada...


- Mozos/as e adultos/as:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=107392El palacio azul de los ingenieros belgas, de Fulgencio Argüelles
Acantilado

Transcorre nunha pequena localidade de Asturias, entre o ano 1927 (en plena ditadura do xeneral Primo de Rivera) e os anos anteriores e posteriores á Revolución de Outubro de 1934, durante a II República. Está narrada en primeira persoa por Nalo, un mozo, que ao pouco de morrer seu pai, atopa traballo de xardineiro no palacio azul, lugar onde viven unha familia de belgas, donos das industrias e minas da zona.

Asistiremos ao que vai acontecendo nestes importantes sucesos da historia de España a través da mirada inxenua e ausente de rancor dun mozo que esperta á vida, ao mesmo tempo que narra a súa historia persoal e dos que o rodean.

Di o autor que pretendeu “reflexar a busca constante de coñecemento e perfección, a ansia pola transformación das cousas, o amor como a manifestación máis humana do coñecemento compartido, a convivencia e a confrontación de dous mundos coincidentes e diverxentes: ricos e pobres”.


Este título foi lido nas Tertulias Literarias da Biblioteca Rialeda e da Biblioteca de Santa Cruz, podes descargar aquí a documentación sobre a obra.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/2/16

Bibloleiros súmase á campaña de sensibilización para a doazón de medula ósea

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-benestar-social-e-sanidade/sanidade/contidos?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=columna-1&p_p_col_pos=1&p_p_col_count=3&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_assetId=2736007&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_urlTitle=o-concello-de-oleiros-inicia-unha-campana-de-sensibilizacion-sobre-a-doazon-de-medula-osea-1&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Fc-servicios-sociais-e-sanidade%2Fsanidade
As Bibliotecas Municipais de Oleiros queren difundir a campaña de sensibilización que o Concello de Oleiros vai desenvolver entre a poboación sobre a doazón de medula ósea, a través dos distintos medios que ten ao seu alcance: mensaxes nos paneis informativos, na web municipal, nas redes sociais do Concello, folletos con información básica en todos os edificios municipais sobre como facerse doante..., pretende concienciar os veciños e veciñas sobre a transcendencia tan importante que ten este acto co que se pode axudar a moitas persoas en todo o mundo.

Xa hai ano e medio, a Concellería de Servizos Sociais e Sanidade desenvolvera unha campaña similar sobre a doazón de órganos e, nestes momentos, quere centrarse na doazón de medula ósea como apoio a unha nena, veciña de Santa Cruz, que se atopa loitando contra a enfermidade e contra o tempo e que precisa dunha doazón de medula ósea.

Os seus pais iniciaron unha campaña animando á xente nas redes sociais a través de facebook “Por Victoria hasta la médula”, coa que tratan de sensibilizar á xente sobre este tema.

A doazón de medula ósea é un acto sinxelo que salva vidas. A través deste acto solidario de xenerosidade, no que compartimos a maior riqueza que temos como persoas, a saúde, podemos salvar vidas en calquera lugar do mundo.

A Fundación Josep Carreras Contra a Leucemia é quen xestiona en España o Registro de Donantes de Médula Ósea, denominada REDMO. Na actualidade 3 de cada 4 enfermos de leucemia non contan cun doante familiar compatible, sendo un doante anónimo incluído nese rexistro a súa única esperanza de vida.

As persoas que queiran ser doantes de medula poden facelo a través do teléfono gratuíto do Plan Nacional 900 102 688.

Ligazóns de interese:
Infografía, cartel
https://galicia.medulaosea.org/gl/
https://www.fcarreras.org

Biblioteca de Lorbé pechada os días 17,18 e 19 de febreiro 2016

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/xograr-mendino-lorbe
Os días 17, 18 e 19 febreiro a Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé permanecerá pechada ao público por enfermidade da súa encargada.

Pregamos desculpen as molestias.

16/2/16

Programa de Actividades para os Centros de Ensino Público 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122549&name=DLFE-23410.pdf

Febreiro - Xuño 2016

Participarán máis de 3400 alumnos e alumnas e ofértanse 41 actividades diferentes.

En función da idade, do curso que estean realizando e da selección de cada centro de ensino, o alumnado poderá deleitarse con contacontos; divertirse con xogos de maxia; gozar con espectáculos de música, baile e recitais de poesía; realizar obradoiros de ilustración, banda deseñada, papiroflexia, etc.

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros traballamos para conseguir novos e mellores lectores e lectoras que contribúan a crear unha sociedade máis culta, libre e solidaria.

Hora do conto: de 17 a 19 de febreiro 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23314.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 17 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “O Antroido dos animais”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 18 de febreiro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Lili Gruyère de Trinke - Trinke
TÍTULO: “Querida ovella negra”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 19 de febreiro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Ratiña Carolina de Trinke - Trinke
TÍTULO: “O caracol namorado”

Tertulia literaria en Rialeda: 17 febreiro 2016 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23398.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La muerte de Iván Ilich" de Lev Tolstói.
Documentación
Obras de Lev Tolstói nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Una casa en Amargura" de Elisa Vázquez de Gey.