27/9/19

Ler conta Moito e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a igualdade: 30 de setembro a 4 de outubro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30738.pdfPrazas limitadas: imprescindible reservar con 10 días de antelación

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda (tfno.: 981 626 638)
Luns 30 de setembro, ás 18:30 h.

Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Lorena Pinheiro
TÍTULO: “Chimpos e brincos nos carreiros” 

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros (tfno.: 981 610 700)
Martes 1 de outubro, ás 18,30 h.

Para bebés de 1 a 3 anos
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: "A familia Papaventos"
 
Mércores 2 de outubro, ás 18,30 h.  
AVISO: actividade suspendida por causas alleas á nosa vontade. Desculpen as molestias.  
Para nenas-os a partir de 4 anos      
ARTISTA: "Na cociña"
ESPECTÁCULO: "Música Na cociña" 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338)
Mércores 2 de outubro, ás 18,30 h.

Para nenas-os a partir de 4 anos
ARTISTAS: Gloria Mosquera e Diego Maceiras de Mamá Cabra
ESPECTÁCULO: “Contacontos para un mundo mellor”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511)  
Martes 1 de outubro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Sarabela Teatro
TÍTULO: “Noa no espello”
 
Xoves 3 de outubro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Os Monicreques de Kukas
TÍTULO: “Xan Perillán e a maleta máxica” 

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé (tfno.: 981 618 201)  
Xoves 3 de outubro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 3 anos 
ARTISTA: Magín Blanco
ESPECTÁCULO: “Camiños” 

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós (tfno.: 981 664 257)
Venres 4 de outubro, ás 18,30 h.
Para bebés de 1 a 3 anos
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “A familia Papaventos"

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera (tfno.: 981 628 507)
Venres 4 de outubro, ás 17,30 h.

Para nenas-os a partir de 6 anos
MONITORADO: Pedras, artesanía e patrimonio
ACTIVIDADE: “A casa das letras"

Recomendacións en Radioleiros: 27 setembro 2019

https://youtu.be/z56VtOdUEnQ
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=momento+perfecto+susanna+isern&branch_group_limit_txt=&branch_group_limit=- Infantil (de 3 a 6 anos): 

O momento perfecto, de Susanna Isern e ilustrado por Marco Somá
La Fragatina

Esquío é a protagonista. Unha mañá atopa na súa taza de avelás unha carta que a fai prepararse a toda presa e saír da casa. Polo camiño vai atopando outros animais do bosque que lle piden axuda antes de chegar a ese lugar que descoñecemos. Esquío cumpre todos os encargos con amabilidade, ata chegar ao seu destino.

Un precioso álbum ilustrado para desfrutar dunha historia que transmite calidez e agarimo, unha historia de amizade, xenerosidade e maternidade.

- Mozas/os e adultas/os:

La mujer de Martin Guerre, de Janet Lewis
Reino de Redonda

Janet Lewis profundiza con esta novela nun caso real que sucedeu na Francia do século XVI e que tamén cita Montaigne nun dos seus ensaios.

Bertrand casa con Martin Guerre cando son apenas uns nenos nun enlace amañado entre familias. Martin abandona a casa familiar en busca de fortuna propia e cando volve a felicidade de Bertrand vese ensombrecida pola sospeita de que a identidade de Martin está a ser suplantada.

Conciencia, moral e sufrimento danse cita nun relato intensamente psicolóxico.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

25/9/19

Tertulia literaria en Rialeda: grupos completos

https://drive.google.com/file/d/10mWg1_XNlBfe6TD7wAxZlL21iFcnV0sQ/view
Aviso importante: 
 
Esgotáronse as prazas para os dous grupos de tertulia en Rialeda. 
A partir deste intre, as novas solicitudes entrarán a formar parte dunha lista de agarda.

Grazas pola vosa fidelidade!

24/9/19

Tertulias Literarias en Rialeda e Santa Cruz: inscrición a partir do mércores 25 de setembro

https://drive.google.com/file/d/10mWg1_XNlBfe6TD7wAxZlL21iFcnV0sQ/viewBIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA
Inscrición: desde o mércores 25 de setembro ás 8,15 h.*

Como inscribirse:
- En liña na web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) en horario da biblioteca (luns a venres de 8,15 a 21,15 h.).

40 prazas por orde de inscrición. As 20 primeiras solicitudes constituen o grupo A e as 20 seguintes o grupo B.

As/os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.


BIBLIOTECA E CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA MULLER "ROSALÍA DE CASTRO". SANTA CRUZ
Inscrición: desde o mércores 25 de setembro ás 10 h.*

Como inscribirse:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (martes a xoves de 10 a 13,30 h.; luns a venres de 16 a 20 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10 a 14 h.).

40 prazas por orde de inscrición. As 20 primeiras solicitudes constituen o grupo A e as 20 seguintes o grupo B.

As/os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.


*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.
IMPORTANTE: Inscrición en liña dispoñible únicamente para as tertulias da Biblioteca Rialeda.



Poden inscribirse todos/as os/as maiores de 16 anos que desexen participar.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

As programacións inclúen obras de autoras e autores da literatura galega, española e internacional.

Datas de inicio da actividade:
- Grupo A de Rialeda: mércores 9 de outubro, das 17,30 ás 19,30 h.
- Grupo B de Rialeda: mércores 16 de outubro, das 17,30 ás 19,30 h.
- Grupo A de Santa Cruz: martes 15 de outubro, das 17,30 ás 19 h
- Grupo B de Santa Cruz: martes 22 de outubro, das 17,30 ás 19 h

Sesións quincenais. A actividade remata no mes de xuño de 2020.

23/9/19

Ler conta Moito e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a Igualdade: 23 a 27 de setembro 2019

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/2019/08/ler-conta-moito-e-actividades-infantis.html
PRAZAS LIMITADAS: IMPRESCINDIBLE RESERVAR CON 10 DÍAS DE ANTELACIÓN

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda (tfno.: 981 626 638)
Luns 23 de setembro, ás 18:30 h.

Para bebés de 1 a 3 anos
CONTACONTOS: Pablo Díaz
ACTIVIDADE: “Contacontos para bebés”

Mércores 25 de setembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “O ratiño presumido"

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós (tfno.: 981 664 257)
Luns 23 de setembro, ás 18,30 h.

Para nenas-os a partir de 4 anos 
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “O ratiño presumido"

Venres 27 de setembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 3 anos 
CONTACONTOS: Pakolas
TÍTULO: “As parábolas de Pakolas"

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros (tfno.: 981 610 700)
Martes 24 de setembro, ás 18,30 h.

Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Sarabela Teatro
TÍTULO: Isto non é unha caixa

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé (tfno.: 981 618 201)
Martes 24 de setembro, ás 18,30 h.

Para nenas-os a partir de 3 anos 
ARTISTA: Marionetas Trécola
ESPECTÁCULO: “Xogo revolto”

Xoves 26 de setembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 6 anos
ARTISTA: Mago Pedro Bugarín
ESPECTÁCULO: Maxia para todxs!

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338)
Mércores 25 de setembro, ás 17,30 h.

Para nenas-os a partir de 6 anos
MONITORADO: Ciencia en Ruta
ACTIVIDADE: “Obradoiro de foguetes”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511)
Xoves 26 de setembro, ás 18,30 h.

Para bebés de 1 a 3 anos
CONTACONTOS: Trémola Teatro
ACTIVIDADE: “Qué animaliño é?”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera (tfno.: 981 628 507)
Venres 27 de setembro, ás 18,30 h.

Para nenas-os a partir de 3 anos
CONTACONTOS: Gloria Mosquera e Diego Maceiras (Mamá Cabra)
ACTIVIDADE: “Contacontos para un mundo mellor"