Caetano Veloso é cineasta, pintor e fundamentalmente cantor e compositor brasileiro. Un dos líderes do tropicalismo, que en 1997 lanza case simultáneamente un libro e un disco. Ao disco chamouno "Livro" e o libro titulouno "Verdade Tropical". A unión máis profunda entre ambos acabouse materializando na canción Livros.
De libros, poemas e fragmentos da literatura inspiradores de cancións vai esta escolla. Dese frutuoso cruzamento xorden acordes e letras marabillosas. Abre esta escolma pois, o grande Caetano Veloso con Livros.
... Quase não tínhamos livros em casa
E a cidade não tinha livraria
Mas os livros que em nossa vida entraram
São como a radiação de um corpo negro
Apontando pra a expansão do Universo
Porque a frase, o conceito, o enredo, o verso
E, sem dúvida, sobretudo o verso
É o que pode lançar mundos no mundo...
- Todas-os lembramos "Wuthering heights": Os cumios borrascosos de Emily Brontë fanse canción na voz de Kate Bush.
- Basado nunha historia de Boris Vian, nace "Lobo Hombre en París", a icónica canción do grupo español La Unión.
- "Chove en Santiago", poema de Federico García Lorca (do que escollemos esta "Antología selecta" en GaliciaLe), inspira a canción do grupo galego Luar na Lubre.
- "Rocket Man" de Elton John. Ray Bradbury escribíu unha historia curta sobre un home que deixa a súa familia para emprender unha viaxe espacial. E de aí, á canción do músico inglés. Ofrecemos, de Bradbury, "Las doradas manzanas del sol", en GaliciaLe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario