17/9/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 17 de setembro:
- Infantil (nenos e nenas menores de 6 anos):
"El arca de Noé" de Lluís Farré e Mercé Canals. Editado por Combel.
Libro móbil con poucas páxinas baseado na coñecida historia bíblica. Grande calidade estética e visual. Ideal desde o punto de vista pedagóxico.

- Mozos-as e adultos-as:

"Tres vidas" de Gertrude Stein, en Galaxia.
Libro da primeira mecenas de Picasso no que en tres relatos retrata a outras tantas mulleres: Ana, ama de chaves que sofre ao partir a súa ama.
Malanchtha, mulata que namora dun médico branco.
Lena, que casa dun xeito amañado cun xastre.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.






16/9/10

Pósit poemas

Seguen chegando poemas para Pósit. Neste caso son dous: un de Paulo Coelho e o outro de Gustavo Alejandro Castiñeiras. A nosa doadora de versos foi Mª Carmen Costoya González.
Grazas por compartir estes versos connosco!!!

13/9/10

Destino SCQ. Volume 4

"Santiago de Compostela é unha creación sorprendente. Naceu dunha estrela que indicaba unha tumba e floreceu sobre ese sepulcro. En todo caso falamos dunha obra aberta, con páxinas de cronoloxía en espiral que se solapan como pétalos dunha enigmática rosa". Estas palabras do escritor Manuel Rivas poden estimularnos a seguir abrindo esas páxinas-pétalos das obras que che presentamos sobre a cidade-rosa...de pedra.