21/1/11

Tertulia Literaria en Santa Cruz: 24 xaneiro 2011

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: de 18,30 a 20 h.

Comentaráse a obra "Amor de tango" de Mª Xosé Queizán.

Obras de Mª Xosé Queizán nas nosas bibliotecas.

Recomendacións en Radioleiros

Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 21 de xaneiro:

- Infantil (a partires de 8 anos):

Caixa de cartón, de Txabi Arnal e ilustrado por Hassan Amekan Cuberta do libro Caixa de cartón
Editado por OQO
A visión da inmigración dende o punto de vista dos propios protagonistas.
Unha nena dinos que cando naceu súa nai meteuna nunha caixa de cartón e esa caixa era todo para ela, o seu berce, o seu cuarto, a súa casa.
Ao pouco tempo súa nai gastou todos os seus aforros e mercou un billete para un barco que as había levar a “unha terra onde as nenas non dormen en caixas nin as mamás choran”....

As ilustracións semellan figuras de cartón que transmiten a fraxilidade e o desamparo, predominando os tons ocres da terra e da area e os azuis do mar ou do ceo, pero tamén vemos o fume negro...

É unha obra fermosa que nos fala das desigualdades sociais, pero tamén da integración.

- Mozos-as e adultos-as:

Cuberta do libro El sueño del celtaEl sueño del celta, de Mario Vargas Llosa
Editado por Alfaguara
Esta novela está baseada nun personaxe real, o irlandés Roger Casement, cónsul británico no Congo a principios do século XX e amigo do escritor Joseph Conrad (autor da famosa obra El corazón de las tinieblas). As súas estancias no Congo e na Amazonia fixeron cambiar a súa maneira de pensar para facerse nacionalista irlandés e enfrontarse aos británicos. Foi un dos primeiros europeos en denunciar os horrores do colonialismo no Congo Belga.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/1/11

Celebración do Ano Internacional dos Bosques na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé

logo ano internacional dos bosquesNa Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé estamos a celebrar o ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES, para elo seleccionamos fondos sobre árbores e bosques, especialmente referidos a Galicia, cos que faremos unha exposición. Ademáis haberá un concurso de debuxos ou collages sobre o tema, animando aos-as participantes a utilizar os recursos que nos facilita o bosque, e a que os-as usuarios-as busquen información sobre os bosques, árbores e plantas a través da Internet e nos libros.
A actividade estará adicada a tódolos públicos e finalizará o 15 de febreiro do 2011.


FONDOS SELECCIONADOS:

AAS, Gregor e RIEDMILLER, Andreas: Árboles: las principales especies de arboles europeas, cómo reconocerlas y clasificarlas. Madrid: Everest, 1990. (582 AAS arb).
ALSINA ALSER, Mercedes: Los árboles. Madrid: Penthalon, 1988 (634 ALS arb).
Árbores de Galiza. Vigo: A Nosa Terra, 2006. (582-G ARB arb).
CASTRO, Marisa; PRUNELL, Antonio e BLANCO-DIOS, Jaime B.: Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia. Vigo: Xerais, 2007. (582-GCAS gui).
CORK, Barbara e GILKS, Helen: Bosques. Madrid: Melsa, 1985. (X-634 COR bos).
Ecosistema Madrid: Didaco, 2000 Didavisión, nº 6. (DVD 5 DID did)
FERNÁNDEZ NAVAL, Francisco e CUBEIRO, Suso: El espíritu del bosque. León: Everest, 2003. (X-591.1 FER esp).
GONZÁLEZ, Ignacio; FERNÁNDEZ, Roberto e SALVADORES, Rafael: Guía de espacios naturais de Galicia. Vigo: Galaxia, 1995. (502.4-G GON gui).
GOURIER, James: El bosque. Madrid: SM, 2000. (X-502 GOU bos).
LEIRO LOIS, Adela e DAPORTA PADÍN, Mon: As árbores. Vigo: A Nosa Terra, 2002. (582-G LEI arb).
LUO, Gwendolyn: Milagre da Terra: flora silvestre. A Coruña: Baía, 2006. (581.9(490.11)-G LUO mil).
PASCUAL TRILLO, José Antonio: Los bosques y los incendios forestales. Madrid: Amigos de la Tierra, 1992 (630.42 PAS bos).

LER PARA SABER: 21 de xaneiro

foto do cartel Ler para saberBiblioteca Central Rialeda (2º andar)Hora: 18,30
Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Contaremos con Xurxo Mariño Alfonso, profesor contratado do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, investigador en neurofisioloxía (Grupo Neurocom), divulgador e membro do Consello da Cultura Galega.

Esperámoste nesta charla científica titulada "O teu corpo produce electricidade!"