3/5/19

Hora do conto e actividades infantís: 8 a 10 de maio 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 8 de maio, ás 17:30 

Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
MONITORADO: Anxo Fariña
ACTIVIDADE: “Salvemos as nosas fragas! con Ninfa e os Megatoxos”

 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 9 de maio, ás 17:30 

Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511) 
MONITORADO: Manel Cráneo
ACTIVIDADE: “Obradoiro de cómic”

 

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera 
Venres 10 de maio, ás 18:30  Celebramos o Día das Letras Galegas
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “No medio da lagoa"

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Venres 10 de maio, ás 18:30 
Celebramos o Día das Letras Galegas
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Estamos de festa!”

Recomendacións en Radioleiros: 3 maio 2019

https://youtu.be/oaFQAO4QWiY
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1368288&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Xandra a landra que quería voar", texto de Mercedes Queixas Zas e ilustracións de Paula Pereira Carreiro. En Urco.
Xandra é unha landra que o quere realmente é voar. A súa familia tentará que esqueza o seu desexo pero Xandra non se dará por vencida. Un texto recomendado a partir dos seis anos que pon á-ao lector-a en contacto coa natureza, as cores da mesma e a sensibilidade dos animais. Magníficas ilustracións da ceramista Paula Pereira.
- Mozas-os e adultas-os:
"Offshore" de Petros Márkaris. Editado en Tusquets.
A Grecia actual volta a ser a paisaxe dunha nova entrega da serie “Kostas Jaritos”. Co seu tradicional estilo irónico e escéptico, Márkaris trama unha historia na que mestura lavado de cartos, corrupción, intereses empresariais e políticos xunto co mundo da policía de Atenas. O Jaritos que conduce o seu Seat polos eternos atascos mentras debulla a solución deste novo relato de intriga que nos pasea tamén por Asia e os despachos de Londres.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 6 a 10 de maio 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 6 a 10 de maio:
Martes 7 de maio:
- 9:45: Alumnas-os de 6º de EP
do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"ABDebuxario" con Miguel Cuba.
Mércores 8 de maio: 
- 9:45: Alumnas-os de 6º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo). 
"ABDebuxario" con Miguel Cuba.
Xoves 9 de maio:
- 9:45: Alumnas-os de 6º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo). 
"ABDebuxario" con Miguel Cuba.
Venres 10 de maio:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo). 
"Mans", a cargo de Pablísimo.
 
Luns 6 de maio:
- 10:30: Alumnas-os de
3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Neira Vilas (Perillo).
"Conferencia sobre Antón Fraguas" a cargo de Malores Villanueva.
Martes 7 de maio:
- 10:20: Alumnas-os de 4º de EI e 11:50 alumnas-os de 6º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Mans", con Pablísimo.
Mércores 8 de maio:
- 10:20: Alumnas-os de 1º de EP e 11:50 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Cores e persoas", con Trinke Trinke.
Venres 10 de maio:  
- 10:30: Alumnas-os de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros) e 11:45 alumnas-os de 5º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz). 
"O carteiro en bicicleta" con Caxoto.
 

30/4/19

Hora do conto e actividades infantís: 29 de abril a 2 de maio 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 29 de abril, ás 18:30
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
 
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Quen dixo medo?”

 
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 2 de maio, ás 18:30
Para nenas-os de 1 a 3 anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “A durmir”

29/4/19

Conmemoración do 80 aniversario da morte de Antonio Machado

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz), o luns 29 de abril, ás 17:30 horas, terá lugar o acto de conmemoración do 80 aniversario da morte de Antonio Machado.
 
A actriz, narradora, dramaturga e fotógrafa Soledad Felloza, colaboradora habitual das bibliotecas de Oleiros, será a encargada de poñerlle voz á poesía de Antonio Machado para lembrar o oitenta aniversario da morte do poeta.

Un recital poético para aproximarnos ao sentir deste camiñante reflexivo, de mirada profunda, que lle canta a Castela, chora a morte de Lorca, reflexiona sobre España e se angustia polo paso do tempo. E todo nun estilo sobrio e claro no que se mesturan as formas populares con outras máis cultas.
Desde as bibliotecas municipais, invítase a todas as persoas que desexen gozar coa poesía deste camiñante “que fai camiño ao andar”.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 29 abril 2019

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.cervantes.es/bibliotecas_documentacion_espanol/biografias/pekin_antonio_machado.htmBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de "Obra poética de Antonio Machado" (Antoloxías)

Seguinte lectura: "El legado de la pérdida" de Kiran Desai