Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros
- Martes 27 outubro: pechada de 10 a 13 h.
Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera
- Martes 27 outubro: pechada toda a xornada.
- Mércores 28 outubro: pechada de 10 a 13 h.
Pregamos desculpen as molestias.
27/10/26
AVISO: peches Bibliotecas de Oleiros e Mera (27 e 28 outubro 2026)
26/10/26
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (26 a 28 outubro 2026)
Inicio de tempada nos seguintes grupos:
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 26 de outubro. 18 a 19:30 h.
Comentario de "Fosca" de Inma Pelegrín.
Documentación.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 27 de outubro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Carta al padre" de Franz Kafka.
Documentación.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 28 de outubro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La promesa" de Damon Galgut.
Documentación.
24/10/26
“Sen profesionais, non hai bibliotecas”, celebra o Día das Bibliotecas 2026
A divisa deste ano, “Sen profesionais, non hai bibliotecas”, quere poñer no centro as persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un sinxelo conxunto de recursos, andeis e espazos.
As bibliotecas son institucións democráticas que ofrecen un servizo esencial á cidadanía, que busca nelas un lugar de encontro, intercambio de opinións e coñecemento. Detrás de cada préstamo, cada consulta, cada actividade, cada recomendación e cada proxecto hai profesionais que traballan para garantir o acceso á cultura, acompañar as súas comunidades e facer das bibliotecas espazos abertos, inclusivos e accesibles para todas as persoas.
Recoñecer e visibilizar a quen exerce este labor, que acotío permanece invisible, resulta fundamental para comprender o verdadeiro valor das bibliotecas. Porque unha biblioteca non é unicamente aquilo que vemos cando entramos nela: é tamén o traballo das persoas que seleccionan e organizan as súas coleccións, preservan o patrimonio, facilitan o acceso á información, fomentan a lectura, acompañan a aprendizaxe e crean actividades e servizos para responder as necesidades das-dos usuarias-os.
Recoñecer as-os bibliotecarias-os é recoñecer as propias bibliotecas e o valor que teñen para a nosa
sociedade.
Á programación habitual das Bibliotecas Municipais de Oleiros (obradoiros, hora do conto, tertulias literarias, etc) queremos xuntar para este día unha suxestión de lecturas baixo unha serie de "epígrafes" dos que presentamos dúas opcións de lectura, novelas cun aquel especial, escollidas para ti. Se tes dúbidas sobre cal levar para casa, pregunta ás-aos túas-teus biliotecarias-os de confianza: aconsellarémoste de todo corazón. Será o afán do noso coñecemento e a nosa experiencia descubrirche novos camiños lectores.
Podes participar nesta actividade na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Feliz Día das Bibliotecas 2026!!!
Fonte: Ministerio de Cultura
23/10/26
Recomendacións en RadiOleiros: 23 outubro 2026
- Infantil (a partir de 6 anos):

A eiruga rabuda, de Antía Yáñez con ilustracións de Iván R.
Xerais.
Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta.
Unha aventura irreverente e moi divertida sobre a valentía e a beleza de ser quen es.
- Mocidade e persoas adultas:
As malas ideas, de María Solar.
Xerais.
Elías é un afamado director de produción de series que está pasando por unha crise laboral. A morte do pai obrígao a deixar Madrid e volver a Ferrol, a súa terra natal, onde descubrirá que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado.
Unha historia que transita entre o drama e o humor e que está chea de emocións, segredos e decisións que poden cambialo todo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
22/10/26
Hora do conto e Ler conta moito: 26 a 30 de outubro 2026
Todas as sesións se celebran ás 17:30 h
Luns 26 de outubro
Para crianzas de 2 a 4 anos
ESPECTÁCULO: Unha tarde especial con Dori
CONTACONTOS: Lalá Teatro
Martes 27 de outubro
Para crianzas de 2 a 4 anos
ESPECTÁCULO: A durmir
CONTACONTOS: Ramiro Neira
Mércores 28 de outubro
Para crianzas a partir de 5 anos
ESPECTÁCULO: Festa de letras
CONTACONTOS: Iria Pinheiro
Xoves 29 de outubro
Para crianzas de 2 a 4 anos
ESPECTÁCULO: Cantos e contos miúdos
CONTACONTOS: Servando Barreiro
Venres 30 de outubro
Para crianzas de 2 a 4 anos
ESPECTÁCULO: A árbore e a moura
CONTACONTOS: Lydia Botana
20/10/26
Mundos que xa non están: expo bibliográfica en Rialeda
19/10/26
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (19 a 22 outubro 2026)
Inicio de tempada nos seguintes grupos:
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 19 de outubro. 18 a 19:30 h.
Comentario de "Walden" de H. D. Thoreau.
Documentación.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 20 de outubro. 11 a 12:30 h.
Comentario de "El amor en los tiempos del cólera" de Gabriel García Márquez.
Documentación.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 20 de outubro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "84 Charing Cross Road" de Helene Hanff.
Documentación.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 21 de outubro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Abril quebrado" de Ismail Kadaré.
Documentación.
Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 22 de outubro. 11 a 12:30 h.
Comentario de "Sobre los huesos de los muertos" de Olga Tokarczuk.
Documentación.
Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].
16/10/26
Hora do conto e Ler conta moito: 21 a 23 de outubro 2026
Recomendacións en RadiOleiros: 16 outubro 2026
14/10/26
Hora do conto e Ler conta moito: 14 e 15 de outubro 2026
9/10/26
Recomendacións en RadiOleiros: 9 outubro 2026
6/10/26
Julio Llamazares, galardoado por ‘El viaje de mi padre’ co Premio Nacional de Narrativa 2026
2/10/26
Hora do conto e Ler conta moito: 5 a 9 de outubro 2026
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.
Todas as sesións se celebran ás 17:30 h
Luns 5 de outubro
Para crianzas a partir de 5 anos
ESPECTÁCULO: Os contos do gato
CONTACONTOS: Bandullo azul
Martes 6 de outubro
Para crianzas a partir de 5 anos
ESPECTÁCULO: Contos con miga
CONTACONTOS: Migallas Teatro
Mércores 7 de outubro
Público familiar
ESPECTÁCULO: Maxia para soñar
ARTISTA: Mago Marco
Xoves 8 de outubro
Para crianzas a partir de 6 anos
OBRADOIRO: Bestiario animal
MONITORADO: Pedras de papel
Venres 9 de outubro
Para crianzas a partir de 6 anos
OBRADOIRO de estampación: crea o teu portalibros
MONITORADO: Xogando nas nubes
Recomendacións en RadiOleiros: 2 outubro 2026
28/9/26
Hora do conto e Ler conta moito: 28 de setembro a 2 de outubro 2026
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.
Todas as sesións se celebran ás 17:30 h
Luns 28 de setembro
ESPECTÁCULO: Historias fabulosas coa maxia
CONTACONTOS: 2 Minds Combined
Martes 29 de setembro
Mércores 30 de setembro
Xoves 1 de outubro
ARTISTA: Chuches Amil
OBRADOIRO: Retratos enredados, colaxe fotográfica
MONITORADO: Comité ilustrado













