27/12/19

Recomendacións en Radioleiros: 27 decembro 2019

https://youtu.be/OLO6BAb0CEM
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=Malena+Ballena&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Malena Ballena" texto de Davide Calì. Ilustracións de Sonja Bougaeva. En Libros del Zorro Rojo.
Malena é unha nena cuns kilos de máis e bastante acomplexada. Dáselle moi ben a natación pero cada vez que se lanza á piscina, as súas compañeiras búrlanse dela berrándolle, Malena é unha balea! Un día, o profesor de natación, observando o problema de Malena, fala coa ela despois da clase. Dalle un sabio consello: Malena, dille, “cada un de nós somos o que pensamos que somos.” A partir desa conversa, a vida da nena cambia ao pensar que é lixeira coma unha sardiña ou que pode entrar na auga coma un foguete e non salpicar. Malena Ballena é un claro exemplo de superación adaptado ás nenas e nenos que empezan a ler.

- Mozas-os e adultas-os:
"El intermedio que somos" de Silvia Salgado. Editado por Excellence by Angels Fortune.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1793318&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLENarra a vida dunha familia. A de Amanda e Laura, nai e filla que nos irán conducindo a dúas voces por ese mundo de claros e sombras que toda familia posúe. Unha familia, que podería ser calquera das nosas. Pero acontece algo, un trauma que desestabiliza todo e que obriga á familia a recompoñerse. Para facelo, deciden marchar a Brétema, un pobo que constitúe aquel refuxio ao que ir cando precisas volver a reencontrarte contigo mesmo.
Relacións familiares, traumas, síndromes, amores rotos, novos amores e a valentía. A valentía de dúas mulleres de idades moi diferentes que nos transmiten unha mensaxe de esperanza. Porque na vida hai  momentos duros pero tamén hai portas que se abren cara Brétema e nos permiten encher os nosos pulmóns de correntes de aire fresco, de vida. Unha lectura moi recomendable para estas datas nas que rematamos un ano e nos preparamos para recibir ao seguinte.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/12/19

Nadal 2019: calendario das bibliotecas

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/2019/12/nadal-2019-calendario-das-bibliotecas.html

Informamos ás nosas usuarias e usuarios do calendario de días de peche ao público das Bibliotecas Municipais de Oleiros durante os meses de decembro de 2019 e xaneiro de 2020 polas festas de Nadal e Reis.

Biblioteca Central Rialeda:
Pechada os días 24, 28, 31 de decembro e 4 de xaneiro.

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz:
Pechada os días 24, 28, 30, 31 de decembro e 4 de xaneiro

Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera
Pechada os días 24, 30, 31 de decembro e 2 de xaneiro.

Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros:
Pechada o día 24, 28 e do 30 de decembro ao 4 de xaneiro (incluídos).

Biblioteca Municipal Mª José Ruso. Dorneda:
Pechada do 23 ao 27 de decembro (incluídos), 31 de decembro e 7 de xaneiro.

Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós:
Pechada do 23 ao 27 de decembro (incluídos) e 31 de decembro.

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé:
Pechada do 20 de decembro ao 7 de xaneiro (incluídos)

Pregamos desculpen as molestias.

Aproveitamos para transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade; que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades.

20/12/19

Recomendacións en Radioleiros: 20 decembro 2019

https://youtu.be/cnvgt4dCQAY
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1531202&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1 - Xuvenil (maiores de 10 anos):
"Versos e viceversos" de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos. Ilustracións de Juan Ramón Alonso. En Kalandraka.
Deliciosa obra de poesía, escrita conxuntamente por dous poetas. Formada por 30 fermosos poemas, sen título, que constan dunha entrada que vai alternando o idioma galego e o castelán. Hainos dedicados ao mar, ao mundo, ao caderno do poeta...
Di a editorial que “son versos do norte e do sur que van e veñen como as ondas do mar, que testemuñan un intercambio literario e lingüístico”.
Todos os poemas están acompañados dunhas delicadas ilustracións en tons azuis e grises.
Magnífica obra, con poesías en diversos estilos, que falan de natureza, que condenan a guerra e a destrución do planeta.


https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1424725- Mozas-os e adultas-os:
"Pequeño país" de Gaël Faye. Editado por Salamandra.
Sinxela, pero ao mesmo tempo, emotiva e desgarradora novela que trata sobre as infancias rotas e os estragos da guerra, presentándonos con nostalxia esa felicidade desaparecida.
O protagonista, Gabriel, ten 10 anos, é fillo dunha ruandesa tutsi e dun empresario francés instalado en Burundi. Vive feliz e pasa os días co seu grupo de amigos polas rúas de Buyumbura. Todo comeza a romperse primeiro coa separación dos pais e despois coa irrupción da guerra en Burundi... Teñen que exiliarse e dúas décadas máis tarde, xa adulto, regresa e lembra a súa infancia e os tempos felices vividos, ata que os seus habitantes tiveron que tomar partido por un ou outro bando, e aniquilarse mutuamente ou exiliarse.
Gabriel iranos narrando os acontecementos dunha forma sinxela e nun ton cercano, desde a visión dun neno protexido polo pai para que lle afecten o menos posible estes sucesos.
Unha obra da que van máis de 700.000 exemplares vendidos que segundo a editorial é “un canto de amor ao país perdido”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/12/19

Nadal 2019 en Bibloleiros

https://spark.adobe.com/video/uwJ1kKEuRabmC
A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) elabora para este Nadal unha serie de recomendacións bibliográficas de libros, DVD e CD dirixidas a un publico infantil, xuvenil e para adult@s que se pode ver a través da web municipal e do blog das bibliotecas municipais. Nelas preséntanse obras literarias (contos, historias e albumes ilustrados infantís e xuvenís, narrativa e poesía para moz@s e adult@s) así como obras de coñecementos para diferentes idades (de historia, botánica, zooloxía, cociña, viaxes, etc.).

Realízase esta selección cun dobre obxectivo: mostrar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, visión ou audición e lembrar que un libro, un DVD, ou un CD son tamén un bo agasallo. Esta escolla foi realizada polo persoal desta biblioteca e nela poderán atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.
Con todos os libros, CD e DVD destas recomendacións realizaranse exposicións bibliográficas en distintas salas da Biblioteca Rialeda para que os poidan ver e, se o desexan, que os leven en préstamo para as súas casas.

Na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) levarase a cabo a actividade “Decoramos co Nadal”. Consiste en proporcionarlles ás nenas e nenos recortables con motivos do Nadal para que podan colorear e ir decorando con eles as distintas salas da biblioteca favorecendo a creación dun ambiente navideño.

Nas Bibliotecas Públicas Municipais Mª José Trincado (Mera), Mª José Ruso (Dorneda) e Xograr Mendiño (Lorbé) construirase unha árbore de Nadal con cartolinas e, as nenas e nenos realizarán bolas e diferentes adornos do Nadal, que colorearán e recortarán, para posteriormente colocalos na árbore ou distribuílos pola biblioteca.

Nas sete bibliotecas municipais realizaranse exposicións bibliográficas de libros con temática do Nadal: contos, historias e álbums ilustrados que lles presenten a nenas e nenos personaxes como o Apalpador, Papá Noel ou os Magos de Oriente, obras literarias (novela, poesía e teatro) ambientadas no Nadal, libros de arte sobre esta temática, obras de decoración navideña, libros de cociña con alimentos e pratos típicos desta época, etc., xunto con películas ambientadas na época do Nadal e CD de panxoliñas. Así mesmo, en todas as bibliotecas as nenas e os nenos poderán colorear diversas ilustracións desta temática.

Animamos a todas as persoas que vaian facer algún regalo por estas datas de Nadal ou Reis, que obsequien aos seus seres queridos cun libro, ao mesmo tempo que lles lembramos da importancia da lectura na formación integral da persoa.

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade, que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións convertidas en realidade.

16/12/19

17 decembro 2019: Silvia Salgado presenta "El intermedio que somos" na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-31193.pdf
19 h. Entrada libre

Presentación da novela "El intermedio que somos. Intervirán Isabel Montes, editora e socia fundadora da editorial Angels Fortune, e a propia autora.

Silvia Salgado é unha escritora, natural de Badalona, que vive na localidad de Mera (Oleiros). Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona e con un máster en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. Publicou as novelas “Mientras hilan las mariposas” e “La aldea” e o conto infantil “Cuéntame un cuento, ¡yo te lo pinto!”. Ten un blog con moit@s seguidores/as www.tulipanesdefresa.com.

“El intermedio que somos” é a súa última obra editada. Publicada pola editorial Angels Fortune, fálanos de nais e fillas, das mulleres que crían ser, das que son e das que serán algún día. Non é a historia dun neno con Asperger, nin tampouco o relato da súa irmá adolescente. É unha historia de amor dirixida a todas as mulleres.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir a gozar cos textos e a palabra.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 17 decembro 2019 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.anagrama-ed.es/autor/ford-richard-382Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de Canadá, de Richard Ford

Seguinte lectura: El hereje, de Miguel Delibes

13/12/19

Recomendacións de Nadal 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-31406.pdf
 

Animamos á súa lectura, audición ou visionado
e desexamos lembrar que tamén poden ser un bo agasallo.

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade para o vindeiro ano 2020. 

Recomendacións en Radioleiros: 13 decembro 2019

https://youtu.be/iB47D7sg1As
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1407748&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=branchname&sb=ASC- Infantil:
"A pel do mundo" de Berta Dávila e ilustracións Alba Cid. En Galaxia.
Unha viaxe da man da poesía que nos permite coñecer persoas, sabores, nomes, linguas… cun feixe de novas posibilidades. Poemas recomendados a partir dos doce anos e até os cen... ou máis.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1506387&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Mozas-os e adultas-os:
"El tesoro del Cisne Negro" de Paco Roca e Guillermo Corral. Editado por Astiberri.
Un novo traballo do xa consagrado Paco Roca con guión do diplomático Guillermo Corral baseado nuns feitos históricos: o descubrimento por unha empresa norteamericana dun tesouro marítimo no 2007 que foi reclamado polo goberno español nos tribunais de Florida. Aventura, política e relacións internacionais na mesma trama.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/12/19

Club Xuvenil de Literatura Fantástica en Rialeda: 13 decembro 2019

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Club%20Xuvenil%20de%20Lectura%20de%20Literatura%20Fant%C3%A1stica
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=nombre+viento+rothfuss&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLEBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
18,30 a 20 h.

Comentario de El nombre del viento, de Patrick Rothfuss

Seguinte lectura: El castillo ambulante, de Diana Wynne Jones

Aínda quedan prazas! se tes entre 12 e 17 anos chama ao teléfono 981 639 511, achégate á biblioteca ou envía un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org

29/11/19

Recomendacións en Radioleiros: 29 novembro 2019

https://youtu.be/_P-VGabeDDo
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1482092&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=branchname&sb=ASC- Infantil:
"Eu ben vin, virivín: cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar" de Manuel Rico Verea; ilustracións de David Rodríguez. En Xerais.
Prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais. Disco compacto de Nani García e Manuel Rico con novas referencias musicais recreando o tradicional.


https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1223915&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Mozas-os e adultas-os:
"Cada día es del ladrón" de Teju Cole. Editado por Acantilado.
Impresións dun médico que volta a Nixeria despois de vivir quince anos nos Estados Unidos: un mundo totalmente novo nunha cidade globalizada. A necesidade de cartos para pagar os subornos diarios sexa a un funcionario ou a un empregado dunha gasolineira. Unha fábula sobre o significado de voltar a casa.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/11/19

Hora do conto e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a igualdade: 25 a 29 de novembro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30738.pdfPrazas limitadas: imprescindible reservar con 10 días de antelación

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda (tfno.: 981 626 638) 
Luns 25 de novembro, ás 18:30 h.
Para bebés de 1 a 3 anos  
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A viaxe de Lup” 

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros (tfno.: 981 610 700)  
Martes 26 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: "Contamos coa igualdade"

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338
Mércores 27 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos  Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Familias diversas” 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511) 
Xoves 28 de novembro, ás 18,30 h. 
Para nenas-os a partir de 4 anos 
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Abre as orellas!!!”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós (tfno.: 981 664 257)
Venres 29 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos e máis contos”

Recomendacións en Radioleiros: 22 novembro 2019

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1433843&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE
https://youtu.be/Eli5brVsbzM- Infantil / Xuvenil:

El cartero del espacio, de  Guillaume Perreault
Juventud

Trátase dun cómic que conta a historia de Bob, un carteiro que non só é especial, senón tamén espacial. O noso protagonista vai de planeta en planeta entregando o correo. Podemos dicir que é un carteiro do futuro. A Bob encántalle o seu traballo, esa rutina fácil e sen complicacións. Pero unha mañán, o seu xefe modifícalle a ruta e pronto lle entran sudores e dor de barriga polos cambios. Para tranquilizarse, vaise dicindo a el mesmo que non pode ser difícil. Pero as complicacións non tardan en chegar.

Un cómic que nos pretende transmitir a idea de que ás veces, non é tan malo saír da nosa zona de confort e vivir novas experiencias. Que o descoñecido non ten por que ser peor, tan so diferente e novedoso.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1482087&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLEAs Ramonas, de Ana Cabaleiro
Galaxia

A protagonista da historia, Mona Otero, é unha muller que busca con todas as súas forzas triunfar no mundo da arte. Ela é fotógrafa e na actualidade sobrevive facendo reportaxes de vodas. Por infraccións de tráfico, perdeu o carné de conducir e vese na obriga de depender doutras persoas para desprazarse. É no interior dos distintos coches aos que sube Mona onde transcorre a historia.
Cada capítulo desenvólvese nun coche diferente, e todas as condutoras son mulleres. Mulleres de carne e óso que aman e odian e que perseguen soños ao igual que Mona, que para acadar o seu, realizar a foto perfecta, non dubida en poñer en marcha un plan totalmente disparatado.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/11/19

20 novembro 2019: Ana Pillado Vega presenta "En efecto bolboreta" na Biblioteca Rialeda


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-30931.pdfBiblioteca Central Rialeda (2º andar)
19 h. Entrada libre

Presentación a cargo da poeta Pilar Pallarés (Premio Nacional de Poesía 2019 do Ministerio de Cultura) e da propia autora Ana Pillado Vega, acompañadas da interpretación musical de María Giménez, do grupo Manseliña, que interpretará cancións da serea Atlántida, unha das protagonistas da novela.

En efecto bolboreta, publicada pola editorial Fervenza, é unha fábula de xénero fantástico dirixida a mozas/os e adultas/os, que recolle a crónica da Revolución da Bicharada.

A Gran Irmandade Lepidóptera, o colectivo de xoaniñas agricultoras biodinámicas, as 'Skornagirls' (vacalouras ciberpunks activistas da guerrilla da comunicación), a Rede Arácnida Galega, unidas ás fadas, mouras, meigas e figuras lendarias, como a raíña Lupa, inician unha revolta a prol de salvagardar o Medio Ambiente e deter a deriva de desastres ecolóxicos que conducen ao biocidio.

En efecto bolboreta pretende contribuír á creación dun imaxinario que, fronte ás múltiples visións apocalípticas e distópicas do futuro, presente a posibilidade de horizontes máis esperanzadores e mesmo eutópicos, desde unha perspectiva ecofeminista.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir a gozar cos textos e a música.

Aviso importante: a Biblioteca de Nós ficará pechada os días 20 e 22

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/anxel-fole-nos
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós
Tfno. 981 664 257

A biblioteca pechará os seguintes días:
- Mércores 20 de novembro
- Venres 22 de novembro

Pregamos desculpen as molestias

Tertulia literaria en Rialeda: 20 novembro 2019 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.laurafreixas.com/Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de Madres e hijas, relatos compilados por Laura Freixas
Documentación

Seguinte lectura: Dublineses, de James Joyce

Tertulia literaria en Santa Cruz: 19 novembro 2019 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.planetadelibros.com/autor/simonetta-agnello-hornby/000004054Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de Entre la bruma, de Simonetta Agnello Hornby

Seguinte lectura: Retrincos, de Castelao

15/11/19

Hora do conto e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a igualdade: 20 a 22 de novembro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30738.pdf
Prazas limitadas: imprescindible reservar con 10 días de antelación

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338)   
Mércores 20 de novembro, ás 18,30 h.
Para bebés de 1 a 3  anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contiños”

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé (tfno.: 981 618 201) 
Xoves 21 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 3 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Mar de contos”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511) 
Xoves 21 de novembro, ás 18,30 h. 
Para bebés de 1  a 3 anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Contos de nunca rematar”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera (tfno.: 981 628 507)
Venres 22 de novembro, ás 17,30 h.

Para nenas-os a partir de 6 anos
MOINITORADO: El caldero de Peltre
OBRADOIRO: “Un día de clases en Hogwarts”

Recomendacións en Radioleiros: 15 novembro 2019

https://youtu.be/2RZSTzoC2hE
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1497274&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (nenas-os a partir de 5 anos):  
"Max y los superhéroes" de Rocio Bonilla, ilustrado pola autora coa colaboración de Oriol Malet. Editado por Algar.
Max ten unha gran fascinación polos superheroes, encántalle vestirse coma eles e garda con entusiasmo todo o que cae nas súas mans. Ademáis comparte ese entusiasmo co seu amigo Martín. No único no que non está moi de acordo con Martín é no seu heroe favorito, Megapower, a súa intrépida superheroína, capaz de desactivar bombas, ter ultravisión e unha forza descomunal...
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=infamia&idx=au%2Cwrdl&q=costas&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busca 
- Mozas-os e adultas-os:
"Infamia" de Ledicia Costas. En Xerais.
A avogada e profesora de Dereito Penal, Emma Cruz, trasládase a vivir a Merlo, un barrio de Vigo, mentras dá clase na universidade. A súa chegada coincide coa celebración dos 25 anos da desaparición de dúas nenas de 14 e 6 anos, as irmás Giraud. Que foi delas?, e se están mortas, como é que os seus cadáveres no apareceron nunca?

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


14/11/19

15 novembro 2019: Club Xuvenil de Literatura Fantástica en Rialeda

https://bibliotecasoleiros.blogspot.com/b/post-preview?token=APq4FmCPC9TRbeu5Y93mBxbY-x8zcvKkLTQOLpoK5QeGYrAOHV8jckw_wzzqSxRAqHLAGOadTAGA7HTupz4FuLinGItBZs_15Y-F67THagXtDPGt6hmJ-lWKRAAkA7DYH-cl1LLXQWo0&postId=8176342178420591375&type=POST
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-30931.pdfBiblioteca Central Rialeda
Hora: 18,30 a 20

Comeza o Club Xuvenil de Literatura Fantástica dirixido a adolescentes entre 12 e 17 anos.
Desde novembro a abril, unha vez ao mes e durante hora e media compartiremos unha viaxe por outros mundos e outro tempo con normas e paisaxes diferentes.

Programación:

El nombre del viento, de Patrick Rothfuss
El castillo ambulante, de Diana Wynne Jones
El libro de los portales, de Laura Gallego
El Hobbit, de J. R. R. Tolkien
Seraphina, de Rachel Hartman

Datas:
Novembro: día 15
Decembro: día 13
Xaneiro: día 17
Febreiro: día 14
Marzo: día 13
Abril: día 17

Aínda quedan prazas! chama ao teléfono 981 639 511, achégate á biblioteca ou envía un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org

Bernardo Atxaga, Premio Nacional das Letras Españolas 2019 do Ministerio de Cultura y Deporte

http://www.culturaydeporte.gob.es/gl/actualidad/2019/11/191111-pn-letrasespanolas.html
O xurado reunido polo Ministerio de Cultura y Deporte, galardonou a Bernardo Atxaga co Premio Nacional de las Letras Españolas 2019. O autor vasco foi elixido “pola súa contribución fundamental á modernización e á proxección internacional das linguas vasca e castelá, a través dunha narrativa impregnada de poesía na que mestura de xeito brillante realidade e ficción”.
Joseba Irazu Garmendia (Asteasu, Gipuzkoa, 1951) é coñecido polo seudónimo literario de Bernardo Atxaga. Estudou Ciencias Económicas na Universidade de Bilbao e Filosofía e Letras na de Barcelona. É membro da Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia, desde 2006, e membro de Jakiunde, Academia das Ciencias, das Artes e das Letras, desde 2010.
A maior parte da súa obra, escrita e publicada en euskera, pode lerse en 32 linguas. Este autor cultiva todos os xéneros, novela, poesía, teatro, ensaio e literatura infantil. Tamén escribíu letras para cancións de pop, folk e rock.
Comezou a escribir contos en euskera unido aos movementos literarios de vanguardia de Euskadi de finais dos anos 70. O primeiro en 1972, xunto coas obras doutros autores vascos, no volume Euskal Literatura-72, dirixido polo poeta Gabriel Aresti.
Acaba de saír do prelo a novela en euskera Etxeak eta Hilobiak (Casas y tumbas), que en febreiro do ano que ven se publicará en castelán e, segundo o escritor, será a derradeira.
As Bibliotecas de Oleiros teñen recomendado varios dos seus libros na emisora municipal Radioleiros. A Biblioteca Central Rialeda adícalle unha expo bibliográfica e convídate a levar os seus libros en préstamo.
Parabéns, Atxaga!!!
"Escribo nunha lingua estraña. Os seus verbos, a estrutura das súas oracións de relativo, as palabras coas que designa as cousas antigas -os ríos, as plantas, os paxaros- non teñen irmás en ningún  outro lugar da Terra. Casa dise etxe; abella erle; morte heriotz. O sol dos longos invernos, eguzki ou eki: o sol das suaves e chuviosas primaveras, tamén eguzki ou eki, como é natural; É unha lingua estraña, pero non tanto".

12/11/19

:terrabrava - historias (visuais) do local: selección de películas en Rialeda

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=7647&sortfield=
 
Historias do microcosmos, do local proxectado no universal, coa súa teluricidade e raigame. Enerxías, sinerxias e inercias do máis intimo, máis cercano e indómito. 
Unha selección de películas inspiradas nas forzas e caracteres que imprime a terra e nos seus claroscuros.