12/2/16

Recomendacións en Radioleiros: 12 de febreiro 2016

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=24671- Infantil:
"A viaxe das bolboretas" texto de Paula Carbonell, ilustrado por Chené, en OQO.
Don Vermiño proponse percorrer os cinco metros que separan a laranxeira do limoeiro, na procura dunha nova folla. De camiño vaise atopando cunha pulga, unha formiga, unha xoaniña, unha tesoiriña e un grilo que deciden acompáñalo. O percorrido acaba sendo unha metáfora da propia vida.
 
 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=119052
- Mozos-as e adultos-as:
"Iacobus" de Matilde Asensi, editado por Planeta.
O protagonista da novela é o médico Galcerán de Born cabaleiro-relixioso da orde dos Hospitalarios que volta a España tras anos fóra sobre todo para atopar ao seu fillo, un rapaz de 14 anos, que foi abandonado nun mosterio pola familia materna e que é froito dun amor de xuventude.
A súa capacidade para resolver enigmas chega a oídos do papa Xoán XXII que decide encargarlle a misión, por un lado de clarexar a morte do antecesor do papa (Clemente V) e a do anterior rei de Francia, descubrindo que os templarios foran os encargados de asasinalos, polo que lle encomenda atopar os lugares do Camiño de Santiago onde a orde dos templarios, ao ser eliminada, ocultou todos os seus tesouros. Para elo, faise necesario resolver unha infinidade de enigmas nos seus correspondentes pergamiños.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/2/16

"14 libros para festexar o amor" na Biblioteca de Santa Cruz

https://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_da_Candeloria
“14 libros para festexar o amor”: coincidindo co día da Candeloira e de San Valentín na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz temos unha mostra de libros infantís que celebran o amor e as pequenas cousas da vida.
 
“Querer, apreciar, estimar, seducir… hai moitas maneiras de amar na vida... e nos libros”
Na nosa terra dise que no tempo da Candeloria é cando casan os paxariños. Tradición popular que deu no que poderíamos chamar o “Día Galego do Amor”, na altura do 2 de febreiro. Mais este 14 de febreiro tamén se celebra o coñecido San Valentín, Día d@s namorad@s.
Sexa como for, coa primavera asomando á porta, é unha boa escusa para falar de libros “para festexar o amor”. 
Co obxectivo de dar a coñecer o fondo da biblioteca, promover a lectura, fomentar a imaxinación, reflexionar sobre a amizade, o compañeirismo, o amor... convidamos especialmente a@s nos@s usuari@s infantís (tamén a@s adult@s, por suposto) a visitar esta mostra de libros durante o mes de febreiro.

8/2/16

O Entroido nas Bibliotecas Municipais de Oleiros: Obradoiro de creación de máscaras de distintas culturas

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23302.pdf
Este Entroido, as nenas e os nenos que o desexen poderán participar nos Obradoiros de creación de máscaras doutras culturas que se celebrarán nas sete bibliotecas municipais. As nenas e os nenos participantes elaborarán máscaras doutras culturas nun lúdico e divertido obradoiro de creacións artísticas e manuais. Están dirixidos a nenas e nenos a partir de 5 anos de idade. Cada obradoiro pode ter un máximo de 20 participantes. É imprescindible inscribirse na biblioteca na que se desexe participar. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de celebración da actividade. Terán lugar as 18:00 horas.
As datas son as seguintes: 


1 de febreiro: Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda. Tel.: 981 626 638
2 de febreiro: Biblioteca Manuel María. Oleiros. Tel.: 981 610 700
3 de febreiro: Biblioteca Rosalía de Castro. Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
4 de febreiro: Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé. Tel.: 981 618 201
5 de febreiro: Biblioteca Mª José Trincado. Mera. Tel.: 981 628 507
11 de febreiro: Biblioteca Central Rialeda. Tel.: 981 639  511
12 de febreiro: Biblioteca Ánxel Fole. Nós. Tel.: 981 664 257

En todas estas bibliotecas tamén se realizarán exposicións de libros relacionados con Entroido: de disfraces, de distintos tipos de traxes históricos ou de personaxes de contos, de maquillaxe, de caretas, de actividades manuais, de festas tradicionais, de cociña, etc.
Animamos aos nenos e nenas a que se inscriban nos obradoiros e que, xunto cos seus pais e nais, leven libros en préstamo para a casa das distintas temáticas relacionadas co Entroido.

Tertulia literaria en Rialeda: 10 de febreiro 2016 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-23367.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "A memoria do boi" de Xosé Vázquez Pintor.
Documentación

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "Charlotte" de David Foenkinos.