Títulos recomendados o venres 25 de marzo:
- Infantil:
"Oh, as cores!" de Jorge Luján e Piet Grobler, editado por Kalandraka
Viaxe polas cores de xeito que os-as nenos-as aprendan o seu nome e teñan referencias coa natureza. Libro didáctico para os máis cativos, con magníficas ilustracións e tapa dura.
- Mozos-as e adultos-as:
"En la distancia" de Josefina Aldecoa, en Alfaguara.
Autobiografía de Josefina Aldecoa. Moi interesante para realizar unha viaxe polo século XX español, particularmente no referido ao mundo literario.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
24/3/11
Unha viaxe pola Literatura Latinoamericana
Hoxe, 24 de marzo, ás 10.40 horas, 60 alumnos/as de 2º de bacharelato do IES María Casares de Santa Cruz, asistiron no Teatro As Torres de Santa Cruz á actividade titulada "Unha viaxe pola Literatura Latinoamericana" a cargo da actriz uruguaia Soledad Felloza, na que narrou relatos e recitou poesías de escritores latinoamericanos tan importantes como Gabriel García Márquez, Eduardo Galeano, Gabriela Mistral, Jorge Amado, Mario Benedetti, Jorge Luis Borges, Mario Vargas Llosa ou Julio Cortázar.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
13:06
No hay comentarios:
Etiquetas:
Campaña de animación á lectura
23/3/11
Ler para saber A CIENCIA: 25 de marzo
Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 25 de marzo ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Alba Airas e Laura García, alumnas do Colexio Público Valle-Inclán de Perillo, falarán sobre "Inventos de hoxe en día" previamente á charla “Biografía do corpo humano” a cargo de Francisco Armesto Ramón, biólogo e director de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses e coautor, entre outros, do divertido libro de experimentos 10 xpriments kn ¡¡¡pelos!!!.
Seleccionamos para ti libros e DVD para esta charla científica.
Alba Airas e Laura García, alumnas do Colexio Público Valle-Inclán de Perillo, falarán sobre "Inventos de hoxe en día" previamente á charla “Biografía do corpo humano” a cargo de Francisco Armesto Ramón, biólogo e director de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses e coautor, entre outros, do divertido libro de experimentos 10 xpriments kn ¡¡¡pelos!!!.
Seleccionamos para ti libros e DVD para esta charla científica.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
14:59
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Ler para Saber
Taller de iniciación ao cómic na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros
O mércores 23 de marzo, ás 10 e ás 11.45 horas, na Biblioteca Municipal “Manuel María" de Oleiros realizaranse dous talleres de iniciación ao cómic co ilustrador Xosé Tomás, dirixidos a alumnado de 6º de Primaria, do CEIP A Rabadeira de Oleiros, para explicarlles, de forma sinxela, os pasos principais que se deben levar a cabo á hora de deseñar unha historieta: guión, viñetas e personaxes, expresións anímicas e faciais (alegría, ira, tristeza, etc), como debuxar o movemento, deseño dos planos, coloreado, etc. Todas estas nocións estarán adaptadas á idade do alumnado.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son que estes alumnos e alumnas aprendan diferentes técnicas (adaptadas á súa idade) para a realización dunha obra de banda deseñada, fomentar a creatividade e a imaxinación a través das actividades plásticas e promover a lectura de cómics e obras de banda deseñada.
22/3/11
Tertulia literaria en Rialeda: 23 de marzo (Grupo A)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Tertulias Literarias
21/3/11
Actividades de animación á lectura cos centros de ensino público do Concello de Oleiros
O 22 de marzo, ás 10.40 horas,para alumnado de 1º de bacharelato do IES María Casares de Santa Cruz e o día 23, tamén ás 10.40 horas, para alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores de Oleiros, no Teatro As Torres de Santa Cruz as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan a actividade titulada "Las ingeniosas del hidalgo: el Quijote en voces de mujeres" a cargo da actriz Soledad Felloza, na que realizará varios monólogos curtos nos que dramatiza diferentes personaxes femininos da obra de Cervantes. Narra diversos capítulos de “El Quijote” nos que as mulleres teñen un certo protagonismo:
“Quiteria, que en plena voda con Camacho o rico, recorda o seu amor a Basilio, o pobre.
A pastora Marcela, na que destaca o seu discurso co que finalizaba as charlas cos seus namorados.
Claudia Jerónima Cervantes, na que está personalizada a liberdade da muller, con límites tan amplos nos que cabe un erro tan grave como a morte.”
Tamén o 22 de marzo, ás 10 e ás 12 horas, a Compañía “Tanxarina” representará en dúas sesións o espectáculo de marionetas titulado “Titiricircus” no auditorio A Fábrica, de Santa Cristina. É unha actividade organizada pola Editorial Xerais en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros, para alumnado de 1º e 2º curso de centros de ensino público deste concello.
“Un recordo ensoñador e festivo do gran circo de carpa alta e bicolor; a historia de dous vellos traballadores que recordan agora con marionetas as glorias do seu pasado na pista.
Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido do mundo, ... “

20:59
No hay comentarios:
Etiquetas:
Campaña de animación á lectura
Hora do conto: 22 ao 25 de marzo
Aquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 22 de marzo
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos para escoitar bailando”
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 23 de marzo
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: " A lagoa das voces", "A ra que quería ser princesa"
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 23 de marzo
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos para tremer como un vimbio”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 24 de marzo
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “O gran dragón azul”, “O león de pedra”
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: ”Contos para ter en que pensar”
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 25 de marzo
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: "Contos para enlearse"

20/3/11
Encontro literario con Antón Cortizas na Biblioteca de Santa Cruz
Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Data: 21 de marzo (luns)
Hora: 12 do mediodía
En conmemoración do Día Mundial da Poesía realizaráse un encontro literario co escritor Antón Cortizas. Actividade dirixida ao alumnado de 6º de primaria do Colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.
Etiquetas:
Biblioteca de Santa Cruz,
Charlas e Conferencias
Suscribirse a:
Entradas (Atom)