22/7/22

"Mergúllate na lectura" guía de verán para público infantil

  

 Contos que "mollan". Máis de 100 divertidas zarrapicadas con boas historias para nenas e nenos.

"Mergúllate na lectura" guía de verán para público xuvenil

 

"Mergúllate na lectura" ofrece 90 diferentes "plans" para lectoras e lectores a partir dos 12 anos.

 Historias xuvenís a escoller entre diferentes e atractivos xéneros.

Recomendacións en Radioleiros: 22 xullo 2022

- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos): 
"El hilo invisible" de Míriam Tirado; ilustracións de Marta Moreno. Editado por B de Blok.
Conto sobre os vínculos que nos unen aos nosos seres queridos que axuda as nenas e os nenos a afrontar a angustia pola separación debido ao inicio da escola, un divorcio, a morte ...
- Mozas-os e adultas-os:
"Las formas del querer" de Inés Martín Rodrigo. En Destino.  
Noray sempre estivo moi unida aos seus avós. Cando morren reclúese na casa familiar, na que medrou e foi feliz, e comeza a escribir a historia da súa familia. A novela que escribe Noray, nun pequeno caderno, transcorre desde a Guerra Civil ata a actualidade e está baseada nos relatos que súa avoa lle contou ao longo da  vida. Emocionante e cativadora novela na que as-os protagonistas nos amosan as diferentes formas de querer aos avós, as nais-pais, a parella, as-os amigas-os, os libros, etc. 
Premio Nadal 2022.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

20/7/22