- Infantil:
"Mago Rosa" texto de Txabi Arnal, ilustracións de Rashin Kheiriyeh, en OQO.
Despois de moitos esforzos, o Mago Rosa conseguira facer unha bolsa de coiro que tragaba todo. Ansioso por probar o seu invento foise polo mundo adiante até que unha maceira púxolle freo a súa cobiza. Magníficas ilustracións da iraniana Rashin Kheiriyeh en óleo, collage e gravado que fan deste libro unha interesante opción estética.

- Mozos-as e adultos-as:
"Días de Nevada" de Bernardo Atxaga, editado por Alfaguara.
O diario do escritor na súa estadía nunha universidade norteamericana durante un curso académico. O real mestúrase coas lembranzas e a imaxinación, o mundo profesional co persoal nunha viaxe de máximo interese afectivo e sociolóxico. Unha “historia feita de historias” magnificamente narrada por Atxaga.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.