16/4/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 16 de abril:
- Infantil (8 a 10 anos):
"A peripecia de Roi" de Carlos López editado por Tambre (col. Ala delta)
Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña.
Durante toda a semana Roi portouse moi ben, así que súa nai decide premialo prometéndolle que o vai levar á festa.
Coa ilusión ergueuse cedo, pero non lle da pasado o tempo. Cando comeza a soar a música dos cabaliños, marcha coa súa nai para a festa. Quere ir en todas as atraccións e mercar un globo con cara de golfiño, pero tamén lle gusta o de cara de oso, e o de león, e o de cebra...
Unha divertida obra, cun sorprendente final, para nenos e nenas a partir de 8 anos.


- Mozos-as e adultos-as:


"Poesía" de Miguel Hernández, en Espasa-Calpe (Obra completa. Tomo I)


Miguel Hernández foi un poeta de forte personalidade, de gran humanidade e tenrura que escribiu fermosos poemas amorosos e existencialistas.
Algunhas das súas obras, recollidas neste volume son:
El rayo que no cesa, na que o amor e a morte constitúen os eixos da súa escritura.
Cancionero y romancero de ausencias, que é posiblemente a súa produción máis intimista, no que figura o seu poema “Nanas de la cebolla” dedicadas ao seu fillo, ao recibir unha carta da súa muller onde lle dicía que non comía nada máis que pan e cebola.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

15/4/10

Campaña de Animación á Lectura 2010

"A Biodiversidade"

Biocontos a cargo de Pablísimo
para o alumnado do CEIP Valle Inclán

Luns 19 de abril:
9,30 h.: 1º de Primaria A e B
11,00 h.: 2º de Primaria B e Educación Infantil (5 anos) A
12,30 h.: Educación Infantil (5 anos B e 4 anos A)

Martes 20 de abril:
9,30 h.: 2º C e 1º A de Primaria
11,00 h.: Educación Infantil (4 anos B e 3 anos C)
12,30 h.: Educación Infantil (3 anos A e B)

"A Haima de Agmed" a cargo de ArteStudio
para o alumnado do CEIP Valle Inclán

Mércores 21 de abril:
9,30 h.: 3º Primaria A e B
11,00 h.: 4º Primaria A e B
12,30 h.: 4º C e 5º C de Primaria

Xoves 22 de abril:
9,30 h.: 5º Primaria A e B
11,00 h.: 6º Primaria A e B
12,30 h.: 6º Primaria C
Todas estas actividades terán lugar na Biblioteca Central Rialeda.

LER PARA SABER: 16 de abril

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 18,30

Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Iratxe Pazos Lesaca e María Mato, alumnas do CEIP A Rabadeira falarán sobre "Os prexuizos do tabaco" previamente á charla "Curiosidades dos caracois" a cargo da profesora do CEIP A Rabadeira María del Mar Domínguez Pacheco.

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera: venres 16 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera o venres 16 de abril ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto. Os títulos serán: "¿Quién ha visto mis tijeras?", "Las aventuras de la manzana roja", "Yo quería una tortuga", "Con la cabeza en otra parte", "Poemas" de Aquiles Nazoa .

14/4/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 14 abril 2010 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30
Comentaráse a obra "Las abuelas" de Doris Lessing
Consulta e descarga a nosa documentacion

Obras de Doris Lessing nas nosas bibliotecas.

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 14 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 14 de abril ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto. Os títulos serán: "¿Quién ha visto mis tijeras?", "Las aventuras de la manzana roja", "Con la cabeza en otra parte", "Yo quería una tortuga", "Poemas" de Aquiles Nazoa.

13/4/10

Hora do conto nas Bibliotecas "Manuel María" de Oleiros, "Xograr Mendiño" de Lorbé e "Federico García Lorca" de Montrove: martes 13 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros o martes 13 de abril ás 18:30 para escoitar os "Contos para non durmir" de Caxoto na hora do conto . Tamén o martes 13 ás 18:30 na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé, poderás escoitar a Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke cos contos "Historia dun ourizo", "O ourizo e a lebre", "A carreira das taratarugas". Á mesma hora, na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove, contaremos con Soledad Felloza, os títulos van ser: "Quién ha visto mis tijeras”, “Las aventuras de la manzana roja”, “Con la cabeza en otra parte”, “Yo quería una tortuga”, “Poemas” de Aquiles Nazoa

12/4/10

Obradoiro de Ilustración por Manel Cráneo: 13 de abril

Na Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 11,30

Destinado ao alumnado de 2º ESO do I.E.S. Neira Vilas.

Díptico: anverso / reverso

AVISO: Durante as sesións os ordenadores da citada planta estarán fora de servizo. Desculpen as molestias.

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 12 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 12 de abril ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto. Os títulos serán: "Máis vale sabiduría que forza" (conto do Nepal), "Fai o ben e te farán o mal" (conto de Bulgaria)