14/1/11

Biblioteca de Santa Cruz: Novo horario sábados


A Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz conta dende xaneiro cun novo horario para as mañás dos sábados:

De 10 a 14 horas.

Os sábados de apertura son o 1º e 3º do mes.

Recomendacións en Radioleiros

Logo Recomendado en RadioleirosTítulos recomendados o venres 14 de xaneiro:

- Infantil:

Ricardo o escultor de Gianni Rodari e ilustrado por Montse Tobella Cuberta do libro Ricardo o escultor
Editado por Baía
Ricardo é moi bon escultor. Fai estatuas de mármore, de madeira e de barro que representan ovellas, cabalos, bombeiros... Cando as remata, as súas creacións cobran vida e marchan a percorrer mundo. De cando en vez, visitan de novo a Ricardo para contarlle as súas aventuras.

- Mozos-as e adultos-as:
Editado por Acantilado
Libro de relatos nos que George Willard, xornalista local, é o fío condutor. Observa a vida dos habitantes deste pequeno pobo, tratándoas dun xeito humano e amábel. O libro serviu de ponte entre o realismo e a chamada xeración perdida.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.