22/11/19

Hora do conto e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a igualdade: 25 a 29 de novembro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30738.pdfPrazas limitadas: imprescindible reservar con 10 días de antelación

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda (tfno.: 981 626 638) 
Luns 25 de novembro, ás 18:30 h.
Para bebés de 1 a 3 anos  
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A viaxe de Lup” 

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros (tfno.: 981 610 700)  
Martes 26 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: "Contamos coa igualdade"

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338
Mércores 27 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos  Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Familias diversas” 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511) 
Xoves 28 de novembro, ás 18,30 h. 
Para nenas-os a partir de 4 anos 
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Abre as orellas!!!”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós (tfno.: 981 664 257)
Venres 29 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos e máis contos”

Recomendacións en Radioleiros: 22 novembro 2019

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1433843&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE
https://youtu.be/Eli5brVsbzM- Infantil / Xuvenil:

El cartero del espacio, de  Guillaume Perreault
Juventud

Trátase dun cómic que conta a historia de Bob, un carteiro que non só é especial, senón tamén espacial. O noso protagonista vai de planeta en planeta entregando o correo. Podemos dicir que é un carteiro do futuro. A Bob encántalle o seu traballo, esa rutina fácil e sen complicacións. Pero unha mañán, o seu xefe modifícalle a ruta e pronto lle entran sudores e dor de barriga polos cambios. Para tranquilizarse, vaise dicindo a el mesmo que non pode ser difícil. Pero as complicacións non tardan en chegar.

Un cómic que nos pretende transmitir a idea de que ás veces, non é tan malo saír da nosa zona de confort e vivir novas experiencias. Que o descoñecido non ten por que ser peor, tan so diferente e novedoso.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1482087&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLEAs Ramonas, de Ana Cabaleiro
Galaxia

A protagonista da historia, Mona Otero, é unha muller que busca con todas as súas forzas triunfar no mundo da arte. Ela é fotógrafa e na actualidade sobrevive facendo reportaxes de vodas. Por infraccións de tráfico, perdeu o carné de conducir e vese na obriga de depender doutras persoas para desprazarse. É no interior dos distintos coches aos que sube Mona onde transcorre a historia.
Cada capítulo desenvólvese nun coche diferente, e todas as condutoras son mulleres. Mulleres de carne e óso que aman e odian e que perseguen soños ao igual que Mona, que para acadar o seu, realizar a foto perfecta, non dubida en poñer en marcha un plan totalmente disparatado.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/11/19

20 novembro 2019: Ana Pillado Vega presenta "En efecto bolboreta" na Biblioteca Rialeda


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-30931.pdfBiblioteca Central Rialeda (2º andar)
19 h. Entrada libre

Presentación a cargo da poeta Pilar Pallarés (Premio Nacional de Poesía 2019 do Ministerio de Cultura) e da propia autora Ana Pillado Vega, acompañadas da interpretación musical de María Giménez, do grupo Manseliña, que interpretará cancións da serea Atlántida, unha das protagonistas da novela.

En efecto bolboreta, publicada pola editorial Fervenza, é unha fábula de xénero fantástico dirixida a mozas/os e adultas/os, que recolle a crónica da Revolución da Bicharada.

A Gran Irmandade Lepidóptera, o colectivo de xoaniñas agricultoras biodinámicas, as 'Skornagirls' (vacalouras ciberpunks activistas da guerrilla da comunicación), a Rede Arácnida Galega, unidas ás fadas, mouras, meigas e figuras lendarias, como a raíña Lupa, inician unha revolta a prol de salvagardar o Medio Ambiente e deter a deriva de desastres ecolóxicos que conducen ao biocidio.

En efecto bolboreta pretende contribuír á creación dun imaxinario que, fronte ás múltiples visións apocalípticas e distópicas do futuro, presente a posibilidade de horizontes máis esperanzadores e mesmo eutópicos, desde unha perspectiva ecofeminista.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir a gozar cos textos e a música.

Aviso importante: a Biblioteca de Nós ficará pechada os días 20 e 22

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/anxel-fole-nos
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós
Tfno. 981 664 257

A biblioteca pechará os seguintes días:
- Mércores 20 de novembro
- Venres 22 de novembro

Pregamos desculpen as molestias

Tertulia literaria en Rialeda: 20 novembro 2019 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.laurafreixas.com/Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de Madres e hijas, relatos compilados por Laura Freixas
Documentación

Seguinte lectura: Dublineses, de James Joyce

Tertulia literaria en Santa Cruz: 19 novembro 2019 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.planetadelibros.com/autor/simonetta-agnello-hornby/000004054Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de Entre la bruma, de Simonetta Agnello Hornby

Seguinte lectura: Retrincos, de Castelao