- Infantil (nenas-os menores de 6 anos):
"Todos bostezan", texto e ilustracións de Anita Bijsterbosch. En Combel.
Un fermoso libro que, cada dúas páxinas, nos presenta un animal que ten moito sono, polo que bocexa e ábreselle a boca. Cada un deles trae unha pequena lapela que as nenas e os nenos poden levantar e ver o interior da súa boca. Figuran animais como un gato, unha serpe, un mapache, un coelliño, un porquiño, etc. ata que chegamos ao final en que vemos a un neno que tamén ten sono.
Estamos ante unha simpática obra, con estupendas ilustracións e moi ben editada, que fai as delicias das nenas e os nenos. Un libro para gozar e divertirse cos máis pequenos da casa e que eles quererán que se lle lea unha e outra vez.
- Mozas-os e adultas-os:
"Hijos del ancho mundo" de Abraham Verghese. Editado por Salamandra.
Unha interesante obra que se desenvolve en Etiopía e que nos axuda a coñecer mellor a vida neste país. No ano 2010 foi elixida polos libreiros de Estados Unidos como a mellor novela do ano.
Cóntanos como a finais dos anos 40 do século pasado, a abadesa dun convento carmelita da India decide facer realidade un dos seus soños que é enviar dúas novas monxas, e enfermeiras, a evanxelizar en África e a que funden unha comunidade carmelita neste continente. Despois de pasar moitas vicisitudes, nas que unha delas morre, a outra consegue chegar ao hospital Missing de Adis Abeba e alí establecerse como enfermeira.

Fai diferentes traballos, pero principalmente axudando ao cirurxián Stone. Ata que un día se sente mal. O motivo é que está de parto. Nacen dous nenos xemelgos, fillos dela e do cirurxián. A nai morre e o médico desaparece. Os nenos son criados por unha parella de médicos do hospital (tamén procedentes da India) e por outro persoal do servizo doméstico...
Unha historia apaixonante que segue aos irmáns Stone. Segundo imos lendo veremos a pobreza do país as enfermidades máis comúns, o difícil que é a vida no terceiro mundo, pero principalmente para os seres máis indefensos como as mulleres e a infancia. Tamén nos iremos familiarizando con moitos termos médicos, ao mesmo tempo que asistimos ás crises económicas e políticas deste país na segunda metade do século XX.

Estamos ante unha obra que nos presenta un país moi descoñecido para a maioría da poboación, unha historia entrañable, e que nos fai cribles todos os personaxes. Unha obra magnífica e entretida que nos axudará a coñecer mellor Etiopía e os seus habitantes.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.