- Infantil (de 8 anos en adiante):
Versión do conto clásico de
Charles Perrault “A cincenta”, cunhas magníficas ilustracións e acompañada por un CD coa gravación da
Real Filharmonía de Galicia, de catro partes da ópera
La Cenerentola de Rossini, que ambientan musicalmente a narración oral do texto pola actriz de dobraxe Teresa Santamaría. Esta ópera tamén está baseada na Cincenta.
Cóntanos que, despois de ter que marchar xunto coa súa familia para outro país, comezou a buscar traballo (o seu soño era ser cantante pero iso en principio non era posible). Fixouse nun anuncio nunha zapatería de que precisaban unha dependenta, o nome desta zapatería era “Zapatiño de cristal” e nela vendíanse zapatos antigos para pes delicados. Entrou, no seu interior parecía que se detivera o tempo, pero, de súpeto, comezou a soar unha música, mirou ao seu redor e comprobou que saía da trastenda onde estaba a propietaria, dona Clorinda. Contratouna e entre as súas tarefas diarias, a máis importante, era limpar con sumo coidado un par de preciosos zapatos de cristal...
Literatura e música únense neste
libro-CD que nos permite volver a ler a historia clásica con ollos novos e cunha recreación diferente.
- Mozos/as e Adultos/as:
O 13 de maio de 1506 Miguel Ángel Buonarroti desembarca no porto de Constantinopla. Acompáñao un comerciante florentino instalado nesta cidade dende hai cinco anos. En Florencia, a estatua do David converteuno en heroe da cidade e foi invitado polo sultán de Constantinopla, Beyazid, para deseñar unha ponte sobre o Corno de Ouro, despois de rechazar o deseño de Leonardo da Vinci...
Deliciosa novela que nos achega a este artista do Renacemento que foi Miguel Ángel.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en
Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.