- Infantil (a partir dos 10 anos):
Don Carlos e o misterio dos lucecús, de Patricia Torrado Queiruga. Ilustrado por Xan López Domínguez
Baía, 2021
Os sucesos inexplicables que acontecen na vila fan que Xiana e os seus amigos decidan visitar ao seu antigo profesor. Unhas pescudas que farán que valoren o medio ambiente, o lugar no que vivimos…
- Mozas/os e adultas/os:
Notas para unas memorias que nunca escribiré, de Juan Marsé
Lumen, 2021
O diario que Marsé levou no 2004 recolle as súas opinións arredor de artistas, escritores, xornalismo, política, cine, premios literarios, etc. Un “íntegro y despiadado autorretrato” según o editor e prologuista Ignacio Echevarría.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
5/11/21
4/11/21
Hora do conto e actividades infantís: 8 a 12 de novembro 2021
Hora do conto e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
Aforo limitado:
chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa
praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de
cada unha das contadas.
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.
Luns 8 de novembro
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Fran Amil
TÍTULO: “Os contos de Chuches Amil"
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 10 de novembro
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Alá vou!"
Xoves 11 de novembro
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos de miúdos"
Biblioteca Pública Central Rialeda (Perillo)
Xoves 11 de novembro
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Aventuras e desventuras no bosque"
Venres 12 de novembro
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “O neno que se comía todos os contos"
AVISOS
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.Miguel A. Alonso Diz na Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 04/11/2021
Gravación do espectáculo "Contos diversos" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 4 de novembro a cargo de Miguel A. Alonso Diz.
Podes vela (ata as 16:30 do 07/11) clicando nesta ligazón: QueroContosDeMiguelAlonsoDiz!
Ana Carreira na Hora do conto na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 03/11/2021
Gravación do espectáculo "Contos de tesouros" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) o 3 de novembro a cargo de Ana Carreira.
Podes vela (ata as 16:30 do 06/11) clicando nesta ligazón: QueroContosDeAnaCarreira!
3/11/21
José María Merino, Premio Nacional de las Letras Españolas 2021. Parabéns!
O escritor José María Merino foi galardoado co Premio Nacional de las Letras Españolas 2021 do Ministerio de Cultura y Deporte. Este galardón ten por obxecto recoñecer o conxunto da obra literaria dunha autora ou autor español, escrita en calquera das linguas españolas, cuxa obra estea considerada como parte integrante do conxunto da literatura española actual. A finalidade que se pretende coa súa concesión é dobre xa que á vez que se recoñece a trascendencia dunha autora-autor e da súa obra literaria, incídese na presencia de linguas diferentes na configuración da cultura española, integrada por una pluralidade de
aportacións lingüísticas que representan, cada una delas, unha tradición literaria que forma parte do noso patrimonio cultural.
O xurado recoñeceu a José María Merino
"pola súa mestría e excelencia na creación de literatura fantástica nas modalidades narrativas de novela, novela curta, conto e microrrelato, e tamén pola intelixencia das súas reflexións teóricas sobra a ficción. José María Merino é todo un referente para as sucesivas xeracións”.
Fonte: culturaydeporte.gob.es
As Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos felicitar ao escritor nacido en A Coruña e ofrecer as súas obras para seren levadas en préstamo. Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) podes gozar de senllas exposicións bibliográficas para coñecer a súa produción literaria presente en Bibloleiros. Parabéns, José María!!!
2/11/21
Suspensión Hora do Conto na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros: martes 2 de novembro
Aviso importante:
Por motivos persoais da contadora, suspéndese a actividade "Dada o duende" a cargo de Eduvía, prevista para hoxe martes 2 de novembro ás 18:30 h. na Biblioteca Pública Municipal "Manuel María" de Oleiros.
Pregamos desculpen as molestias ocasionadas
Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 3 novembro 2021 (Grupo A)
17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)
Comentario de El fin de semana, de Bernhard Schlink
Documentación
Seguinte lectura: O exército de fume, de Manuel Gago
Comentario de El fin de semana, de Bernhard Schlink
Documentación
Seguinte lectura: O exército de fume, de Manuel Gago
Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 2 novembro 2021 (Grupo A)
17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)
Comentario de Sin muertos, de Alicia Giménez-Bartlett
Documentación
Seguinte lectura: Que me queres, amor, de Manuel Rivas
Comentario de Sin muertos, de Alicia Giménez-Bartlett
Documentación
Seguinte lectura: Que me queres, amor, de Manuel Rivas
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
8:35
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Santa Cruz,
Tertulias Literarias
Suscribirse a:
Entradas (Atom)