10/3/17

Actividades infantís en Bibloleiros: de 15 a 17 de marzo 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!
 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 15 de marzo
Para nenas-os de 1 a 3 anos    Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “A durmir”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 16 de marzo
Para nenas-os de 7 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
MONITORADO: Efervesciencia
ACTIVIDADE: “Biotecnólogos na biblioteca”

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 17 de marzo
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Fábulas do berce”

Actividades de promoción da lectura: de 14 a 17 de marzo 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 13 a 17 de marzo:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Martes 14 de marzo:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 3 anos A e B do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:20 h. - 4 anos A e B do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Paxariños: contacontos teatral" a cargo de Trinke Trinke.

Venres 17 de marzo:
- 9:20 h. - 6º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Os tres avisos: contos de medo e misterio" a cargo de Paula Carballeira.

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Martes 14 de marzo:
- 10:30 h. - 5º A e B de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Cantando con Rosalía" a cargo de Carmela Sánchez (Etnoga).

Venres 17 de marzo:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 5º A de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:45 h. - 5º B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Obradoiro de ilustración" a cargo de Manel Cráneo.

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Xoves 16 de marzo:
- 10:10 h. - 6º A de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Obradoiro de banda deseñada" a cargo do ilustrador Xosé Tomás.

Venres 17 de marzo:
- 10:10 h. - 6º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Obradoiro de banda deseñada" a cargo do ilustrador Xosé Tomás.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

Tertulia literaria en Rialeda: 15 marzo 2017 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-25682.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Las reputaciones" de Juan Gabriel Vásquez
Documentación

A seguinte obra programada é "Me llamo Lucy Barton" de Elizabeth Strout

Recomendacións en Radioleiros: 10 marzo 2017

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1222826https://soundcloud.com/bibloleiros/10032017-recomendacions-en-radioleiros- Infantil:
 "Cinco minutos de paz" de Jill Murphy, en Kalandraka.
Unha das mellores escritoras inglesas tráenos esta historia familiar empregando a Mamá Grande e fillos como fío condutor. Mamá Grande só quere uns minutos de tranquilidade pero, será posíbel? Magníficas ilustracións con personaxes animais para os máis novos.
 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1214571- Mozas-os e adultas-os:
"Peggy Guggenheim: el escándalo de la modernidad" de Francine Prose, editado por Turner.
Unha viaxe pola primeira metade do século XX da man da vida dunha  muller con intensa vida social, coleccionista de arte, viaxeira, gran lectora e que nas súas propias palabras foi “un museo”. Un libro rico en anécdotas e á vez cun interesante contido.
 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Séptima Arte filma en feminino: Día da Muller na Biblioteca de Santa Cruz

www.un.org/es/events/womensday/index.shtml
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, é a celebración das mulleres en todo o mundo, unha chamada á unidade, para reflexionar sobre as cousas aprendidas e para incrementar os esforzos postos cara a igualdade de xénero e o empoderamento de todas as nenas e as mulleres. 

É un día para recrearse nos extraordinarios actos das mulleres e para traballar xuntas, como unha forza unitaria para avanzar cara a igualdade de xénero en todo o mundo.

Desde a Biblioteca de Santa Cruz queremos participar neste traballo en común a través dunha exposición de películas en dvd titulada “A séptima arte filma en feminino” que recolle unha selección de títulos nos que as mulleres son as protagonistas.

7/3/17

9 marzo 2017: Aldaolado en Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-25636.pdf
Teatro As Torres de Santa Cruz
Ás 19 horas

Aldaolado son Lucía Aldao e María Lado. Con humor, poesía e música realizan o seu espectáculo en clave feminina, utilizando a poesía para botar unhas risas, ou o humor para compartir poemas, sempre acompañado de música en directo.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir a acompañar e divertirse con estas dúas poetas que emocionan e provocan risas.

Boletín de novidades marzo 2017: películas infantís en Rialeda

https://issuu.com/bibloleiros/docs/bolet__n_pelis_infant__s_marzo_2017