28/12/18

Recomendacións en Radioleiros: 28 decembro 2018

https://youtu.be/AwSSmJZvEyY
- Infantil (de 8 anos en adiante):https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=rubicundo&idx=au%2Cwrdl&q=maria+canosa&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance

Rubicundo, de María Canosa ; ilustracións de Nuria Díaz
Xerais

Cada noite Erea esperta co renxer da bicicleta do seu veciño e salta da cama para velo saír. Non lle sorprendía nen que a bicicleta fora antiga nen o nome do veciño: Rubicundo. O que si lle parecía estraño era a súa indumentaria.

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=146898321 lecciones para el siglo XXI, de Yuval Noah Harari
Debate

Despois do éxito de “Sapiens”, Harari reflexiona arredor do mundo de hoxe: un tempo moi rápido, que muda dun xeito acelerado, onde as certezas non existen e o proceso tecnolóxico domina gran parte das relacións humanas. Un libro que abre moitas portas, con preguntas para as que o seu autor según as súas palabras non ten respostas, introducindo un debate necesario.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/12/18

Recomendacións en Radioleiros: 21 decembro 2018

https://youtu.be/-nW3Ga45pjg
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1343276- Infantil (a partir de 6 anos):

O castiñeiro do apalpador, de Inacio Vilariño
Baía

Queres saber por que o Apalpador se dedica a repartir castañas entre os nenos e nenas na noiteboa?
Esta peza teatral conta como un carboeiro da serra do Courel cunha longa vida por diante, sen necesidade de comer as castañas que daba o seu castiñeiro, decidiu regalalas cada ano pola noiteboa aos nenos e nenas que as necesitaran.


- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=amor%2C+un&idx=au%2Cwrdl&q=palomas%2C+alejandro&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevanceUn amor, de Alejandro Palomas
Destino

Nesta obra, Alejandro Palomas preséntanos novamente á particular familia protagonista das súas anteriores novelas: Una madre, Un hijo ou Un perro. Aínda que cada unha delas son de lectura independente, teñen un forte lazo de unión.

Penetraremos novamente no emocionante universo da protagonista matriarcal da familia, Amalia, e os seus fillos Silvia, Emma e Fer. Desta vez, imos de voda porque Emma casa. Atopou a súa media laranxa en Magalí, unha arxentina, filla de montoneros asasinados pola ditadura militar, e quere facer coincidir o día do seu casamento co día do aniversario de súa nai, celebrándoo nunha casa rural. Pero os acontecementos van precipitarse e o que ía ser un día festivo vaise iniciar cun certo desasosego por parte de todos os membros familiares. Porque como adoita pasar case sempre, nunca hai dous sen tres e un terceiro acontecemento remexerá os alicerces que non son tan sólidos nesta familia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/12/18

Recomendacións de Nadal 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-29083.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-29081.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-29082.pdf


Presentamos estas recomendacións de libros, CD e DVD en tres guías: Infantil, Xuvenil, Mozos/as e adultos/as.

Animamos á súa lectura, audición ou visionado 
e desexamos lembrar que tamén poden ser un bo agasallo.

Desde as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros queremos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade; que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de proxectos convertidos en realidades.  

Bo Nadal e venturoso ano 2019!

Tertulia literaria en Rialeda: 19 decembro 2018 (grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-29084.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)  
Cambio de horario!: de 18 a 20 h.

Comentario de "Astrid y Verónika" de Linda Olsson
Documentación

Seguinte lectura: "Vestido de novia" de Pierre Lemaitre

14/12/18

Recomendacións en Radioleiros: 14 decembro 2018

https://youtu.be/kQ1Ulv4DUJM
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=810900- Infantil (6 a 8 anos):

Boda en Chimalistac, de Elena Poniatowska. Ilustrado por Oswaldo Hernández Garnica
Fondo de Cultura Económica

Os xardíns deste barrio do sur do D.F. son o escenario do amor entre dúas árbores. A relación non é fácil e haberá que esforzarse para que mellore.

Unha historia ilustrada con imaxes en técnica mixta que axudan a coñecer mellor unha das maiores cidades do mundo.

- Mozos/as e adultos/as:

Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas
Xerais

Tres historias da serie negra-criminal que retratan os tempos actuais con mafias, corrupción e diñeiro sucio á vez que son unha análise da condición humana, coa calidade habitual da narrativa de Rivas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/12/18

Contos de Nadal na Biblioteca de Santa Cruz: 13 de decembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29022.pdf
Este Nadal poderás gozar de dúas sesións de Contos de Nadal na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). 
A cita é o xoves 13 de decembro, a cargo de Soledad Felloza.

Haberá dúas sesións:
- Ás 18:00 h. sesión para nenas e nenos de 1 a 3 anos.
- Ás 18:30 h. sesión para nenas e nenos de 4 a 8 anos.
Para as dúas sesións o aforo é limitado. Imprescindible reservar praza na Biblioteca de Santa Cruz ou chamando ao 981 626 338.

Contos de Nadal é o pasaporte para viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación e soñar cos momentos especiais destas festas tradicionais. 
 
AGARDÁMOSTE!!
BO NADAL e FELICES FESTAS a todas/os!!

Tertulia literaria en Rialeda: 12 decembro 2018 (grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29056.pdfBiblioteca Central Rialeda (esta sesión celebraráse na HEMEROTECA)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Lourenço, xograr" de Manuel Portas coa colaboración da profesora de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

Documentación

Seguinte lectura: "La ley del menor" de Ian McEwan

7/12/18

Exposicións sobre o Nadal en Bibloleiros

https://spark.adobe.com/video/fPwuwVcplLYYY
Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos celebrar o Nadal con exposicións de libros, películas e cedés. Son contos, historias, músicas, cancións e películas propias desta época do ano, especialmente querida polas-os cativas-os.

Deixámosvos algunhas fotos coas expos das nosas bibliotecas para que as visitedes e levedes os libros, películas e cedés en préstamo para as vosas casas!!!


 

Recomendacións en Radioleiros: 7 decembro 2018

https://youtu.be/b8wIPDc9oi4
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=iridium&idx=au%2Cwrdl&q=francisco+castro&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance- Xuvenil:

Iridium, de Francisco Castro
Galaxia

Iris é moi especial, ten o que científicamente se coñece por “Heterocromía Iridium”, é dicir, un ollo de cada cor. Isto convértea na raíña de Instagram onde sobe fotos tan só dos seus ollos en primeiros planos, sen texto. É unha rapaza moi guapa que tivo ademáis a mala sorte de sufrir un accidente cando un condutor bébedo a atropelou, golpeando coa cabeza e provocándolle un Dano Cerebral Adquirido. Tras o accidente pasa meses aprendendo a camiñar de novo, a falar, a comer, etc. 

A historia que nos relata Francisco Castro comeza cando Iris se reincorpora ao instituto, ao seu mundo anterior ao accidente, ás súas amizades pero coas recén adquiridas limitacións físicas.

- Mozos/as e adultos/as:

El homenaje, de Andrea Camilleri
Salamandra

Ano 1940: Italia, aliada dos alemáns, celebra a entrada na guerra como se fora un billete de lotería premiado. Neste momento, Micheli Ragusano, un antifascista que volve ao pobo tras 5 anos de confinamento “por difamación sistemática do glorioso réxime fascista”, entra no antigo Casino que agora se fai chamar o “Círculo Fascismo e Familia”. Todo o mundo lle dá as costas, pero os ánimos se encrespan cando Manuel Persico, fervente fascista, cae fulminado por un infarto tras unhas palabras de Ragusano ao que acusan de asasino.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/12/18

Tertulia literaria en Rialeda: 5 decembro 2018 (grupo A)

https://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño coa colaboración da profesora de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: "Astrid y Verónika" de Linda Olsson

30/11/18

Recomendacións en Radioleiros: 30 novembro 2018

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1239161https://spark.adobe.com/video/TZZPjMrjdD95t- Infantil (a partir de 11 anos):
"Meu avó, rei das pequenas cousas" de João Manuel Ribeiro; ilustracións de Catarina Pinto. En Hércules de Ediciones.
O exercicio da reflexión na voz dun neno que ten ao seu avó como referencia cos valores da amizade, o respecto á natureza e ao lugar no que un vive ou do que un vén. Un traballo narrativo con voces como Pessoa ou Lorca xunto a detalles de carácter filosófico.
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=827544- Mozas-os e adultas-os:
"Un escritor en guerra: Vasili Grossman en el ejército rojo, 1941-1945" de Antony Beevor e Luba Vinogradova. Editado por Crítica.
Vasili Grossman (1905-1964) acompañou ao exército soviético nas súas campañas en Stalingrado, Kursk, Polonia e Berlín entre outros lugares. Mesturando as crónicas que publicou co contido das súas libretas de notas, Beevor e Vinogradova compoñen un relato
dos máis importantes da historia do século XX, mesturando a traxedia coa sensibilidade e o dramatismo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/11/18

27 de novembro: presentación de “Versos noctámbulos” de Ricardo Seixo no Teatro As Torres (Santa Cruz)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29001.pdf
Día: Martes 27 de novembro
Hora: 20:00
Lugar: Teatro As Torres (anexo á Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz)


No Teatro As Torres de Santa Cruz, o martes 27 de novembro, ás 20 horas, terá lugar a presentación do poemario “Versos noctámbulos” de Ricardo Seixo Fernández.
“Abracei a noite para bicar o amencer”.

Alternarán a presentación co recitado de poesías e finalizará con música do grupo Maraxe.
Ricardo Seixo é un mestre e poeta que entende a escritura como un compromiso vital coa realidade na que vive e co país ao que pertence. O autor di que “cre na poesía a faciana descuberta, en que é quen de emocionar e facer pensar, en que vai xurdindo das engurras das persoas. Unha poesía, en resumo, que dá azos para se erguer cada día coa idea de continuar a facer camiño”.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1474942
É presidente da Asociación de Veciños da Agra do Orzán. Unha das numerosas actividades que levan a cabo nesta asociación é a da recuperación do cancioneiro tradicional. Analizando as palabras utilizadas neste folclore elaborou un estudo sobre o galego popular na comarca da Coruña que presentou nalgunha ponencia ou comunicación. Unha das súas paixóns é o canto tradicional, polo que foi integrante de diversas formacións musicais como por exemplo: Verbas Xeitosas, Tombalobos Orquestra, Os Parabéns, etc. Tamén colabora con outras entidades como a Asociación Cultural Alexandre Bóveda ou coa Fundación Eira da Xoana.

"Versos noctámbulos" é un poemario composto por 47 textos que abranguen diversas temáticas: poesía cívico-social, costumistas, intimistas, de reivindicación feminina como recoñecemento da fortaleza das mulleres e da súa relevancia na sociedade galega etc. Todos estes poemas están acompañados dunha evocación da paisaxe e da natureza
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir a gozar coas poesías e as cancións.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 26 novembro 2018

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://fundacioncastelao.gal/biografia/Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de "Retrincos" de Castelao

Seguinte lectura: "Volver a casa" de Yaa Gyasi

23/11/18

Ler conta moito e actividades infantís: 26 a 30 de novembro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdf
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda) 
Luns 26 de novembro, ás 18:30    
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “... / As”
 
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
 Martes 27 de novembro, ás 18:30         
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Empanada de mamut”
 

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 28 de novembro, ás 18:30        
Para nenas-os a partir de 4 anos 
  Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Rato canguro”


Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
 
Xoves 29 de novembro, ás 18:30   
Para nenas-os de 1 a 3 anos   Aforo completo!!!

CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Ábrete conto”


Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Venres 30 de novembro, ás 17:30   
Para nenas-os a partir de 6 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257) 
MONITORADO: Manel Cráneo
OBRADOIRO: “Storyboard”

Recomendacións en Radioleiros: 23 novembro 2018

https://spark.adobe.com/video/IAsjGi8yxzQKf
- Infantil (menos de 6 anos):

Orellas de bolboreta, de Luisa Aguilar, ilustracións de André Neves
Kalandraka

Mara ten unhas orellas moi grandes, polo que outros nenos e nenas chámanlle orelluda. Cando chega triste a casa pregunta á súa nai se é certo. Ela responde que non, que ten orellas de bolboreta. Outras veces dinlle que ten o pelo como o estropallo... e así continuamente.

Pero Mara saberá sobrepoñerse a este acoso. A nai deulle as claves para saír airosa: autoestima, imaxinación e espontaneidade. Así Mara transformará estas burlas en algo positivo, ata que ao final se dará conta de que nin será necesario porque cada persoa é diferente.


Fermosa obra cunha sinxela estrutura, textos curtos e simpáticas e coloridas ilustracións que achegan, ao público máis novo, o tema do acoso con naturalidade e sen dramatismos, dando pautas de como responder.

- Mozas/os e adultas/os:

Arte, de Yasmina Reza
Anagrama

Obra de teatro publicada orixinalmente en 1998. Reeditada e estreada posteriormente en teatros en numerosas ocasións.

Ambientada en París a finais dos anos 80, narra como se deteriora a relación de tres amigos a partir de que un deles (Serge) compra por unha desorbitada cifra de diñeiro un cadro completamente en branco que considera unha obra de arte. O seu amigo Marcos non comprende tal gasto nin o seu valor artístico, polo que discuten entre eles. Iván intenta calmalos. Ambos tratarán de convencer a Serge que sobre a tea non hai nada, pero el obstínase en dicir que é unha obra mestra da arte abstracta.

Yasmina Reza inspirouse no cadro "Branco sobre branco" do pintor ucraniano Malevich para crear esta historia.

Considerada por algunhas persoas como unha comedia polos momentos que moven á risa, Yasmina Reza discrepa de tal comicidade porque encerra a “demolición dunha amizade”. A autora logra crear personaxes totalmente reais, cos que calquera se pode identificar.

Dous temas se destacan no texto: A temática da arte contemporánea e se todo o que se crea pode considerarse arte. E por outra banda o tema da amizade, se é posible mantela sen reciprocidade, só polo agarimo cara unha persoa ou se pola contra hai que coidala día a día.

Os tres amigos proceden dunha sociedade similar, pero a vida levaos a situacións sociais e económicas distintas. A crise vivida pola compra do cadro fai que un deles se pregunte por que seguen sendo amigos. Ao agravarse a disputa, van aireando os trapos sucios e vellos rancores, cuestionando o sentido da súa amizade. Se a amizade basease nun mutuo acordo tácito, que ocorre cando un amigo fai algo totalmente diferente e inesperado, algo co que non contamos?

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.




17/11/18

Ler conta moito e actividades infantís: 21 a 23 de novembro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdfTodas as sesións se celebrarán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 21 de novembro
        
Para nenas-os de 1 a 3 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Aburiño”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 22 de novembro
    
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Lilí na escola”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 22 de novembro
    
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Máis alá das montañas ou atravesando o mar”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)
Venres 23 de novembro
    
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
 
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Tralalí"

16/11/18

Recomendacións en Radioleiros: 16 novembro 2018

https://spark.adobe.com/video/ouScmw8WLFWEk
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1437112- Infantil (nenas-os menores de 6 anos):
"A miña profe é un monstro" de Peter Brown. En Alvarellos.
Brais era un rapaz que tiña un problema na escola. Chamábase a “Profe Lola”. Veíaa auténticamente coma un monstro: pel verde, pelo enmarañado, garras, grandes fauces cheas de dentes afiados. O certo é que a profe Lola berraba moito, máis ben, ruxía. Pero as cousas empezaron a cambiar un sábado pola mañá, cando Brais atopa á súa profe no seu lugar favorito: o parque… ”Vaites, que fastidio!!” O rapaz quería fuxir ou agocharse pero iso empeoraría as cousas, así que decide sentarse con ela no banco, morto de vergoña, por suposto! Unha serie de acontecementos foron cambiando, non só o concepto que Brais tiña da súa mestra, senón tamén os rasgos dela que se empezaron a suavizar. Agora ben, que pasará cando chegue o luns e se atopen de novo na escola?
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=808765- Mozas-os e adultas-os:
"El día antes de la felicidad" de Erri de Luca. Editado por Siruela.
Unha historia que transcorre no convulso Nápoles dos anos cincoenta. Unha cidade ofendida pola guerra que soubo rebelarse contra a ocupación alemana. Nun barrio dese Nápoles,
don Gaetano é o porteiro dun edificio e acolle na súa vida, case como un pai ao protagonista desta historia, un rapaz orfo, algo introvertido e con grandes inquedanzas polo saber. Destaca a amizade que se forxa entre don Gaetano e o rapaz, como o coida dende neno e lle ensina todo o que sabe, acompañándoo dende a súa infancia ata a súa madurez.
Un libriño que emociona, que soterra os medos e enorgullece a forza de saír adiante, de medrar ante as adversidades.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Maryse Condé, Premio Nobel alternativo de Literatura 2018

https://youtu.be/hAb8RyzR9uo
O Premio Nobel Alternativo de Literatura chégalle á narradora guadalupeña Maryse Condé (Pointe-à-Pitre, 1937) aos 81 anos. Tras varias semanas de campaña, durante as que un xurado de expertos da autodenominada “Nova Academia Sueca” deliberou e emitíu os seus votos, Condé alzóuse o pasado 18 de outubro co  prestixioso galardón. Na final, a obra narrativa da escritora antillana medíuse coas do inglés Neil Gaiman, a vietnamita Kim Thúy e o xaponés Haruki Murakami.
A orixe deste Premio alternativo remóntase ao pasado mes de maio, cando a Academia Sueca fixo pública a súa decisión de non entregar en 2018 o Nobel de Literatura, considerado o  galardón de Literatura máis importante do mundo. Tras estalar unha serie de denuncias por acoso e abusos sexuais contra un fotógrafo, parella dunha académica sueca, oito membros da institución expresaron a súa condena e indignación formalizando as súas dimisións. O xurado quedou así disolto e a Academia Sueca, fóra de xogo polo escándalo, non puido se non suspender a entrega do premio na súa presente edición.
Ante isto, un colectivo de intelectuais e libreiros suecos constituíu provisionalmente a “Nova Academia”, nacida coa vontade de encher ese baleiro circunstancial na historia do Nobel literario. Está previsto que se disolva tras a cerimonia de entrega do Nobel alternativo de Literatura a Maryse Condé, que se celebrará en Estocolmo no mes de decembro. Podes consultar no noso catálogo a bibliografía de Maryse Condé e d@s finalistas nas Bibliotecas de Oleiros e na Rede de Bibliotecas de Galicia.
                                                                         Parabéns, Maryse!!!
Fonte: ctxt.es

15/11/18

Ler conta moito e actividades infantís: 12 a 16 de novembro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdf
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda) 
Luns 12 de novembro, ás 18:30    
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Contos coa boca chea”
 
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
 Martes 13 de novembro, ás 18:30         
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Familias diversas”
 

Teatro As Torres (Anexo á Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz) 
Mércores 14 de novembro, ás 18:30        
Para nenas-os a partir de 9 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
COMPAÑÍA: Pallasos en rebeldía
OBRA DE TEATRO: "O valo"

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
 
Xoves 15 de novembro, ás 17:30   
Para nenas-os a partir de 6 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
MONITORADO: Manel Cráneo
OBRADOIRO: “Storyboard”
 

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Venres 16 de novembro, ás 18:30   
Para nenas-os a partir de 6 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257) 
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Unha presada de castañas”

Francisca Aguirre, Premio Nacional de las Letras Españolas 2018

https://youtu.be/UDwTdF6pIyo
A escritora Francisca Aguirre recibíu o Premio Nacional de las Letras Españolas 2018.
O premio concédeo o Ministerio de Cultura y Deporte e distingue o conxunto do labor literario, en cualquera das linguas do Estado, dunha-dun autora-o español, cuxa obra estea considerada como parte integrante do conxunto da literatura española actual.
O xurado premiou esta obra por “estar a súa poesía (a máis machadiana da xeración do medio século) entre a desolación e a clarividencia, a lucidez e a dor, musitando (máis que dicindo) palabras situadas entre a conciencia e a memoria”.
Francisca Aguirre (Alicante, 1930), é filla do pintor Lorenzo Aguirre, a quen lle adicou o poemario "Trescientos escalones". É nai da tamén poeta Guadalupe Grande.
O seu primeiro poemario, premio de poesía Leopoldo Panero, foi "Ítaca". Desde entón, agás na década dos 80, a autora seguíu publicando a súa obra ininterrumpidamente. Gaña o Premio Nacional de Poesía en 2011 co poemario "Historia de una anatomía" (2010), libro co que gañou o premio Miguel Hernández 2010.
É autora de "Ensayo General" (Premio Esquío 1995), "Pavana del desasosiego" (Premio María Isabel Fernández Simal 1998), "Ensayo General. Poesía completa 1966-2000", un tomo con todos os libros de poemas escritos até o 2000 que obtén en 2001 o Premio da Crítica Valenciana ao conxunto dunha obra, "Nanas para dormir desperdicios" (Premio Alfons el Magnànim 2007) e "Historia de una anatomía" (2010) polo que recibíu o Premio Internacional de Poesía "Miguel Hernández-Comunidad Valenciana" e o Nacional de Poesía en 2011.
É autora do libro de relatos "Que planche Rosa Luxemburgo", Premio Galiana en 1994 e do libro de recordos "Espejito, espejito". As súas obras foron traducidas ao francés, italiano, portugués e árabe.
Lévate en préstamo os libros de Francisca que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda e goza coa súa lectura.                                        Parabéns, Francisca!!!
 

                                                                            Definitivamente amo
                                                                            el escándalo deslumbrante de la vida.
                                                                            Muy pocos paraísos comparables
                                                                            al asombro que nos regala la existencia:
                                                                            torpe, desesperada, incomprensible,
                                                                            audaz, consoladora, inabarcable:
                                                                            vida y dulzura, esperanza nuestra.
                                                                                                               (La herida absurda) 
Fonte: mecd.bog.es

14/11/18

Obra de teatro “O valo” por Pallasos en Rebeldía no Teatro As Torres (Santa Cruz)

https://issuu.com/bibloleiros/docs/cartaz_o_valo_1_e_2
Actividade: Obra de teatro O valopor Pallasos en Rebeldía. 
Lugar: Teatro As Torres, anexo á  Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
Día: mércores, 14 de novembro, ás 18.30 horas.
No marco do Día Internacional para a Tolerancia, que se celebra o venres 16 de novembro, representarase no Teatro As Torres de Santa Cruz a obra de teatro “O valo”, para un público familiar (ideal a partir de 9 anos). A obra de teatro dirixida por Iván Prado e baseada no texto do mesmo título de Carlos Labraña foi gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil
Busca promover a reflexión sobre as fronteiras e as situacións das persoas refuxiadas, ao tempo que se invita a transformar a realidade pensando nun mundo diferente. A proposta representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un neno soldado, gardián das fronteiras que non por ser fronteiras deixan de ser movibles... “O valo” está escrita en homenaxe aos millóns de persoas que cada ano abandonan o seu país en guerra na procura doutros lugares máis seguros. 
Está obra está patrocinada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e organizada a súa representación polo Concello de Oleiros. Imprescindible reservar praza na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) ou chamando ao 981 626 338. 

Invitamos a todas as persoas que desexen asistir.