26/1/18

Recomendacións en Radioleiros: 26 xaneiro 2018

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=543424&viewallitems=1&homebranch=ALLhttps://youtu.be/5abUSx9vzU0- Xuvenil:
"Eu tamén fun peliqueiro de Laza" de Ánxela Gracián. Editado por Everest Galicia.
A participación dun rapaz no entroido de Laza é o arranque desta novela que xunta pezas familiares, sociolóxicas e de intriga nun relato moi ben construido. Unha historia que comeza dun xeito individual e remata nun marco máis amplo.
- Mozas-os e adultas-os:
"Un adúltero americano" de Jed Mercurio. En Anagrama.
Un texto moi orixinal arredor da figura de John Fitzgerald Kennedy, home de familia poderosa, soldado na II Guerra Mundial a pesar da súa deteriorada saúde, senador e posteriormente presidente dos Estados Unidos. Cun estilo áxil, Mercurio paséanos polo día https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=868574&viewallitems=1&homebranch=ALL
a día de Kennedy nunha mestura de novela e reportaxe, aportando detalles de grande interese histórico e político.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/1/18

A solución está no disfraz: expo sobre o Entroido

Caretos (Portugal), Wilder mann (Austria), Schnappviecher (Italia), Zezengorri (País Vasco), Sauvage (Suíza), Strohmann (Alemaña), Juantramposo (Navarra), Felos de Maceda, Boteiros de Viana, Pantallas de Xinzo, Cigarróns de Verín, Peliqueiros de Laza, Xenerais da Ulla, Volantes de Chantada, Madamas e Galáns de Cobres, choqueiros... personaxes que afunden as súas raíces nos moitos entroidos que se celebran en Europa. 

Ricas tradicións que ofrecen mil formas de divertirse durante uns días.

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/anxel-fole-nosA solución está no disfraz* é unha exposición bibliográfica, no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda,  que ofrece textos de cociña, guías de festas, turismo entroideiro e obras de ficción que dalgún xeito falan desta folía galega e universal. Nas outras seis bibliotecas municipais podes visitar as exposicións adicadas a este evento de celebracións múltiples.                                  
Gózaa!!!

*A solución está no disfraz, é o título dun poema do “Libro do Entroido” de Manuel Rivas

22/1/18

ENTROIDO en Bibloleiros: obradoiros de libriños pop-up entroideiros

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27477.pdf
Este Entroido, as nenas e os nenos que o desexen, poden participar nos Obradoiros de creación de libriños pop-up entroideiros que se levarán a cabo nas sete bibliotecas municipais.  


Elaborarán sinxelos libros pop-up realizados con divertidos motivos entroideiros.

- Están dirixidos a nenas e nenos a partir de 5 anos.
- Cada obradoiro pode ter un máximo de 20 participantes.
- É imprescindible inscribirse na biblioteca na que se desexe participar.
- Poden apuntarse desde dez días antes da realización da actividade en cada unha das bibliotecas. 
- Todas as sesións se celebrarán ás 17:30 horas.

Datas:
Luns, 5 de febreiro
Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda, tel.: 981 626 638
Martes, 6 de febreiro
Biblioteca Manuel María. Oleiros, tel.: 981 610 700
Mércores, 7 de febreiro
Biblioteca Rosalía de Castro. Santa Cruz, tel.: 981 626 338
Xoves, 8 de febreiro
Biblioteca Central Rialeda. Perillo, tel: 981 639 511
Venres, 9 de febreiro
Biblioteca Mª José Trincado. Mera, tel.: 981 628 507
Xoves, 15 de febreiro
Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé, tel.: 981 618 201
Venres, 16 de febreiro
Biblioteca Ánxel Fole. Nós, tel.: 981 664 257

En todas as bibliotecas se realizarán exposicións de libros relacionados co Entroido: obras de disfraces, de distintos tipos de traxes históricos ou de personaxes de contos, maquillaxe, máscaras, manualidades, festas tradicionais, cociña, etc.
Animamos ás nenas e aos nenos a que se inscriban nos obradoiros e a que participen na realización dos libriños pop-up e ás nais e aos pais a que leven libros en préstamo para a casa das distintas temáticas relacionadas co Entroido.