Unha viaxe polo mundo, texto e música As Maimiñas; ilustrado por Patricia Castelao
Galaxia
Mai e Miña xuntas forman As Maimiñas, un día foron dar un paseo e camiñando, camiñando pasaron os Pirineos chegando a outros países cada vez máis lonxe. As Maimiñas invitan a todas as nenas e nenos a que lean o libro e escoiten este CD, cun montón de cancións e bailes típicos que de seguro farán as delicias dos máis pequenos e enriquecerán os seus coñecementos de cidades e monumentos famosos dunha forma lúdica.
- Mozas/os e Adultas/os:
Nosotros, los ahogados, de Carsten Jensen
SalamandraGalaxia

A acción da novela, convertida en epopeia da navegación e dos navegantes transcorre na cidade de Marstal, localidade da costa danesa onde naceu o autor. A narración lévanos desde Dinamarca ata os mares do Sur porque boa parte desenrólase nas sucesivas embarcacións que surcan os mares do planeta con algún mariñeiro nado en Marstal. Desde a guerra que enfrentou a Prusia e Dinamarca ata a Segunda Guerra Mundial, o autor aproveita os diferentes paisaxes e sucesos para facer pasar aos seus protagonistas da infancia á madurez a través das peripecias da navegación que tamén evoluciona desde a navegación a vela ata a propulsión a vapor.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.