16/10/20

Ler conta moito e a Hora do conto: 19 a 23 de outubro 2020 #bibliotecasegura #culturasegura

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 19 de outubro, ás 18:30  
Para nenas-os de 3 a 5 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Contos”

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 20 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “O pirata e o boticario e outras historias de grandes autores”

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 21 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Dada o duende”

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 22 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A noite da visita”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 23 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os de 3 a 5 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Eu quero!!!”                                                        
AVISO

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

Recomendacións en Radioleiros: 16 outubro 2020

- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos): 
"O pintor cego" de Xabier P. Docampo. Ilustracións, Xosé Cobas
Editado por Kalandraka.  
Fermoso álbum ilustrado, obra póstuma de Xabier Docampo, que presenta a historia dun pintor coñecido pola calidade dos seus retratos, xa que era quen de reflectir a beleza interior de cada persoa retratada. Un día, un rei malvado chamouno para que fose ao seu castelo e fixese un retrato da raíña. Unha muller que ademais de ser fermosa, era boa e xusta. O pintor pediu vela, observouna pero non comezou a pintala porque se namorou dela. Pasaron os días e seguía sen pintar, ata que foi chamado polo rei que quería saber cando ía comezar.
-“Cando sexa capaz de abranguer e facer miña tanta beleza”, respondeu o pintor.
Isto provocou uns terribles celos no rei que ordenou encerrar o artista nun alxube escuro e húmido...
O magnífico texto está acompañado dunhas espléndidas ilustracións. Na contraportada do libro explícasenos que o cadro “A illa dos mortos” de Arnold Böcklin (que figura en varias páxinas do libro) contribuíu de xeito especial á creación desta historia, nunha viaxe artística compartida entre Xabier Docampo e Xosé Cobas.
Unha preciosa obra que pode axudar a explicar aos nenos e nenas que o importante é como sexan as persoas interiormente, a súa calidade humana, as súas virtudes.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"La impaciencia del corazón" de Stefan Zweig. En Acantilado. 
Tamén coñecida polo título La piedad peligrosa.
Presenta unha historia de amor, ambientada uns meses antes de que comezase a I Guerra Mundial, aínda que na narración xa menciona o conflito.
O tenente Hofmiller, con só 25 anos, é destinado a unha aburrida localidade situada na fronteira húngara. Un día recebe unha invitación para acudir a unha cea ao castelo da familia Kekesfalva. Edith (a filla de Kekesfalva) sofre parálise pero o tenente non o sabe. Ao finalizar a cea, hai un baile e o militar sácaa a bailar. Cando a invita ela rompe a chorar pola súa incapacidade. O tenente volve varias veces ao castelo e Edith namórase del, pero el só sente compaixón por ela. Decide ocultar os seus sentimentos e dálle esperanzas de que se poderá recuperar. Incluso chegan a prometerse, pero isto non o recoñecerá en público.
Posteriormente estala a I Guerra Mundial. O tenente será ascendido e condecorado como un heroe.
Nas primeiras páxinas da novela, que acontecen no ano 1938, o escritor atópase con Hofmiller. Neste encontro o militar cóntalle ao escritor o motivo do seu heroísmo: foi á guerra como unha especie de expiación polo que fixera, por iso non tiña medo á morte.
Un fermoso relato, cunha boa prosa, na que demostra que Zweig tiña un profundo coñecemento da natureza humana. Fala dos sentimentos e das consecuencias que poden ter certos comportamentos.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/10/20

Parabéns, Elia!!! Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2020 por "El efecto Frankenstein"

Prosa fluida e madura, trama perfectamente encaixada ata o final, personaxes que evolúen ao longo da historia e dotados dunha profundidade que os fai cribles, argumentos que fan merecedor a "El efecto Frankenstein", de Elia Barceló, do Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2020 do Ministerio de Cultura y Deporte. A obra conta cun importante traballo de documentación histórica que amosa a evolución do rol da muller desde hai 200 anos.
Elia Barceló estudiou filoloxía angloxermánica e filoloxía hispánica nas universidades de Valencia e Alacante e doutorouse en Literatura Hispánica na Universidade de Innsbruck (Austria), país onde é profesora de literatura hispánica, estilística e literatura creativa.

É unha das escritoras de ciencia ficción máis destacadas da literatura en español, e na súa ampla obra tamén cultivou a narrativa xuvenil, de terror, o ‘thriller’ ou a novela histórica. Publicou máis de vinte obras, entre novelas, ensaios e relatos. Entre outros recoñecementos, recibíu o Premio Ignotus de relato fantástico da Asociación Española de Fantasía y Ciencia Ficción en 1991 por La estrella, o Premio Internacional de novela curta de ciencia ficción da Universidade Politécnica de Catalunya (1994) pola súa obra ‘El mundo de Yarek’, o Premio Celsius 2014 con ‘Anima Mundi’ ou o Premio Edebé de literatura juvenil 1998, 2007 e 2018 por ‘El caso del artista cruel’, ‘Cordeluna’ e ‘El efecto Frankenstein’, respectivamente.
Está traducida a máis de dezaoito linguas, entre outras, o alemán, francés, italiano ou holandés.
 
Visita a expo bibliográfica adicada a Elia Barceló na sala infantil e xuvenil da Biblioteca Central Rialeda.
Versión dixital de "El efecto Frankenstein" en eBiblio.  
Parabéns, Elia!!!
Fonte: culturaydeporte.gob.es

13/10/20

Tertulias Literarias en Rialeda e Santa Cruz: inscrición a partir do mércores 14 de outubro

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA
Inscrición: desde o mércores 14 de outubro ás 8,15 h.*


Como inscribirse:
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) en horario da biblioteca (luns a venres de 8,15 a 21,15 h.).

30 prazas por orde de inscrición distribuídas en 6 grupos de 5.

As/os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.

Datas de inicio
- Grupo A1: mércores 4 novembro ás 16:00 h.
- Grupo A2: mércores 4 novembro ás 17:30 h.
- Grupo A3: mercores 4 novembro ás 19:00h.
- Grupo B1: mércores 28 outubro ás 16:00 h
- Grupo B2: mércores 28 outubro ás 17:30 h.
- Grupo B2: mércores 28 outubro ás 19:00 h.

A duración da actividade é de 75 minutos.


BIBLIOTECA E CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA MULLER "ROSALÍA DE CASTRO". SANTA CRUZ
Inscrición: desde o mércores 14 de outubro ás 10 h.*


Como inscribirse:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (martes a xoves de 10 a 13,30 h.; luns a venres de 16 a 20 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10 a 14 h.).

30 prazas por orde de inscrición distrubuídas en 6 grupos de 5.

As/os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.

Datas de inicio:

- Grupo A1: martes 27 outubro ás 16:15 h.
- Grupo A2: martes 27 outubro ás 17:30 h.
- Grupo A3: martes 27 outubro ás 18:45 h.
- Grupo B1: martes 3 novembro ás 16:15 h.
- Grupo B2: martes 3 novembro ás 17:30 h.
- Grupo B3: martes 3 novembro ás 18:45 h.

*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.


Poden inscribirse todos/as os/as maiores de 16 anos que desexen participar. As sesións celebranse quincenalmente. A actividade remata no mes de xuño de 2021.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.


As programacións inclúen obras de autoras e autores da literatura galega, española e internacional.