1/3/18

Actividades de promoción da lectura: de 5 a 9 de marzo 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 5 a 9 de marzo:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 5 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Obradoiro de ilustración", con Marina Seoane.
Martes 6 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Obradoiro de ilustración", con Marina Seoane.
Mércores 7 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Obradoiro de ilustración", con Marina Seoane.
Xoves 8 de marzo:
- 11:00: Alumnas-os de 2 e 3 anos de Abelliñas.
"Un conto para bebés", con Charo Pita.
Venres 9 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 5º e 6º de Primaria do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Contos contados con todas e todos", con Caxoto.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Luns 5 de marzo:
- 10:15 e 12:00: Alumnas-os de 6º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Cantando con Rosalía", con Carmela Sánchez.
Martes 6 de marzo:
- 10:15 e 12:00: Alumnas-os de 3º e 4º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Contos contados con todas e todos", con Caxoto.
Mércores 7 de marzo:
- 10:30 e 11:45: Alumnas-os de 4º de Infantil e 1º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"O rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke.
Xoves 8 de marzo:
- 10:00: Alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Obradoiro de ilustración", a cargo de Manel Cráneo.
Venres 9 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 6º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 6 de marzo:
- 10:30: Alumnas-os de 2º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"O rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke.
Mércores 7 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Obradoiro de ilustración", a cargo de Xosé Tomás.
Xoves 8 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Obradoiro de ilustración", a cargo de Xosé Tomás.
Venres 9 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Obradoiro de ilustración", a cargo de Xosé Tomás.

Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

27/2/18

Tertulia literaria en Rialeda: 28 febreiro 2018 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27666.pdfBiblioteca Central Rialeda
(Aviso: esta sesión celebrarase na Hemeroteca)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Lourenço, xograr" de Manuel Portas
Documentación

Seguinte lectura: "La analfabeta" de Agota Kristof

#AbrideAFiestra: 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

http://axendaaelg.blogaliza.org/2018/02/23/dia-de-rosalia-de-castro-2018/
Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros facémonos eco da iniciativa que promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: a celebración do 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

Nesta xornada, fixada no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, a AELG propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
 
A Biblioteca Central Rialeda ofréceche un marcapáxinas conmemorativo desta data e convídache a que leves en préstamo as obras de Rosalía de Castro.

Na Biblioteca de Santa Cruz agasallaremos cun libro a todos os usuarios que leven algún tipo de material en préstamo.
 

Tamén en Santa Cruz podes visitar ata o 3 de marzo una exposición de material relacionado coa escritora galega e participamos da proposta #AbrideAFiestra da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Achégate á Biblioteca de Santa Cruz a facerche algunha foto cun libro ou un poema de Rosalía cunha fiestra de fondo, e mostrarémolas nas nosas fiestras bibliotecarias.


Le o texto do Manifesto Abride a fiestra, que a AELG encomendou este ano á escritora María Reimóndez!!!

26/2/18

Hora do conto e actividades infantís: 28 de febreiro a 2 de marzo 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 28 de febreiro, ás 18:30  
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)       
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Ao baño, non”
Xoves 1 de marzo, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)       
MONITORADO: OQO
OBRADOIRO: “Coas mans na masa”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 2 de marzo, ás 17:30 
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
MONITORADO: Sonia Ojea
OBRADOIRO: “Obradoiro de encadernación (scrapbooking)”