9/10/26

Recomendacións en RadiOleiros: 9 outubro 2026

Recomendacións en RadiOleiros: 9 outubro 2026
Benxamín: o cachalote que quería ser golfiño de Paula Carballeira, ilustrado por Blanca Millán- Infantil (a partir de 6 anos):
Benxamín: o cachalote que quería ser golfiño de Paula Carballeira, ilustrado por Blanca Millán. En Triqueta.
Dispoñible en GaliciaLe

Precioso álbum ilustrado que conta a historia de Benxamín, un pequeno cachalote que vive na illa de Ons e que devece por saltar, cantar e recitar poesía coma os golfiños. 
Vamos a comprar un poeta de Afonso Cruz
- Mocidade e público adulto:
Vamos a comprar un poeta de Afonso Cruz. Editado por Libros del Asteroide.

Nunha sociedade imaxinaria o materialismo abarca todos os aspectos da vida ata o punto de que as persoas teñen números en lugar de nomes, os afectos contabilízanse por gramos e os artistas considéranse mascotas. Unha novela cun humor moi fino que pon por diante a importancia da creatividade, da beleza e da poesía nas nosas vidas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

6/10/26

Julio Llamazares, galardoado por ‘El viaje de mi padre’ co Premio Nacional de Narrativa 2026

Julio Llamazares, galardonado por ‘El viaje de mi padre’ co Premio Nacional de Narrativa 2026
Julio Llamazares
foi galardoado co Premio Nacional de Narrativa 2026 por ‘El viaje de mi padre’. O xurado seleccionou a súa obra “polo seu profundo calado memorialístico e humano, co que Julio Llamazares emociona cun relato onde as lembranzas, as feridas e tantas preguntas sen resposta nos amosan de que xeito as pegadas da Guerra perviven nun territorio. O autor combina con mestría a evocación personal e a dimensión histórica, revelando que os desprazamentos xeográficos marcaron a identidade de varias xeracións. A través dunha prosa poética, depurada e sobria, as paisaxes e os personaxes se convirten nos verdadeiros protagonistas dunha viaxe no tempo que cingue espazo, pasado e literatura, aportando unha mirada honesta, sen épica, vencellado ao seu lado máis humano”.
El viaje de mi padre foi recomendado en RadiOleiros
Obras de Llamazares en Bibloleiros
Títulos de Llamazares en eBiblio

Visita a expo que temos na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e leva os seus libros en préstamo.
Parabéns, Julio!!!