Ramona Órbita, con Paco Cerdeiras “Pakolas”
Galaxia
Versión dixital en Galiciale
Un libro-disco que fará a delicia de grandes e pequenos. Pakolas cóntanos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Caurel que posúe unha horta cibernética e unha máquina do tempo coa que viaxaremos ao futuro pero tamén coñeceremos o pasado, comeremos churrasco de mamut, visitaremos a Leonardo Da Vinci e coñeceremos aos cabaleiros bibliotecarios…
- Mozas/os e adultas/os:
Zuleijá abre los ojos, de Guzel Yájina
Acantilado
Catro millóns de persoas fóron represaliadas e enviadas en trens ata zonas despoboadas de Siberia. Esta novela é a experiencia de Zuleijá, unha muller tártara, xove e casada cun campesiño que a trata peor que aos animais cos que conviven. Cando o Partido Comunista de Stalin emite a orde de expropiación dos bens destes pequenos terratenentes e o exército roxo chega para facerse coa granxa, prodúcese un enfrontamento e o granxeiro é asasinado.
Comeza así unha viaxe para Zuleijá que se convirte na historia dunha profunda transformación interior cara unha vida nova.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.