11/5/19

Día das Letras Galegas 2019, adicado a Antonio Fraguas, en Bibloleiros


https://academia.gal/letras-actual
- Actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino de Oleiros
- Antonio Fraguas: a memoria dun pobo, a cargo do actor e contacontos Ramiro Neira.
Peza de narración oral na que se mestura a vida de Antón Fraguas con relatos da cultura campesiña, as festas e as romarías populares, as cantigas, as crenzas e os costumes que aparecen nas súas obras. 
14 de maio, ás 10:30 para alumnas-os de 2º e 3º de ESO e ás 12:00 para alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
- As Letras das Letras, a cargo da actriz e contadora de contos Soledad Felloza.
Esta actividade pretende aproximar algunhas das grandes figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas desde o ano 1963 ao 2000, facendo unha homenaxe “á carta”, cunha escolma de textos recitados ou narrados dunha selección destes autores e autoras. 
15 de maio, ás 10:00 para alumnado de 5º e 6º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
 
- Actividades de promoción da lectura para público infantil fóra de horario escolar
Contacontos para nenas e nenos a partir de 3 anos. O aforo é limitado, é imprescindible reservar praza na biblioteca onde se realiza a actividade, ben de forma presencial, ben telefonicamente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización da actividade.
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) tlf.: 981 626 638
Luns, 13 de maio, ás 18:30, “Unha noite no muíño... (Lembrando a Antonio Fraguas)”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Caxoto.
- Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros) tlf.: 981 610 700
Martes, 14 de maio, ás 18:30 “O cataventos e outras historias de Vilaxeada”, contacontos para nenas-os a partir de 3 anos con Charo Pita.
- Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) tlf.: 981 626 338
Mércores, 15 de maio, ás 18:30, “De Agustín a Fina pasando por Xabier”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Ramiro Neira.
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo) tlf.: 981 639 511
Xoves, 16 de maio, ás 18:30, “A pereira de ouro e outras historias" contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Soledad Felloza.
- Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) tlf.: 981 618 201
Xoves, 16 de maio, ás 18:30, “Letras no aire para contos na terra”, contacontos para nenas-os a partir de 3 anos, a cargo de Paula Carballeira.

- En todas as bibliotecas, exposicións e mostras bibliográficas con obras de Antonio Fraguas e ensaios sobre este autor, así como libros de etnografía, antropoloxía, festas populares e costumes de Galicia. Para o público infantil, encrucillados e outros pasatempos sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.

10/5/19

Hora do conto e actividades infantís: 13 a 16 de maio 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Todas as sesións serán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 13 de maio
Celebramos o Día das Letras Galegas
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638) 
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Unha noite no muíño... (Lembrando a Antonio Fraguas)"

 

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 14 de maio
Celebramos o Día das Letras Galegas
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700) 
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “O cataventos e outras historias de Vilaxeada”


Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 15 de maio
Celebramos o Día das Letras Galegas
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “De Agustín a Fina pasando por Xabier”

 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 16 de maio
Celebramos o Día das Letras Galegas
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A pereira de ouro e outras historias"

 

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Xoves 16 de maio
Celebramos o Día das Letras Galegas
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)  
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Letras no aire para contos na terra”

Actividades de promoción da lectura: de 13 a 15 de maio 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 13 a 15 de maio:
Luns 13 de maio:
- 10:15: Alumnas-os de 1º de EP
e ás 11:30 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Cores e persoas", con Trinke Trinke.
Martes 14 de maio: 
- 10:15: Alumnas-os de 2º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo). 
"Cores e persoas", con Trinke Trinke.
Mércores 15 de maio:
- 10:00: Alumnas-os de 5º e 6º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"As letras das Letras"con Soledad Felloza.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 14 de maio:
- 10:30: Alumnas-os de 2º e 3º de ESO e ás 12:00 alumnas-os de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
"Antonio Fraguas: a memoria dun pobo" con Ramiro Neira.

Recomendacións en Radioleiros: 10 maio 2019

https://spark.adobe.com/video/O3wzaLVEhoVvu
- Infantil (a partir de 3 anos):

No país do vento (libro + cd audio), de Charo Pita, con ilustracións de Óscar Villán.
Galaxia

Charo Pita é a autora dos contos, textos das cancións e da música. As ilustracións son de Óscar Villán. Os arranxos e dirección musical son de Jorge Juncal e as voces e coros son de Charo Pita e de María Faltri.

Preséntanos 13 cancións como: "Todos queren ser" que nos fala de diferentes animais que queren ser o que non son, "A familia Papaventos" que vivía voando polo ceo, "Soños de sol" que nos presenta un ceo mar de estrelas e un mar ceo estrelado de areas con ondas de nubes e escuma que danzan ao sol da marea, "A científica incorrexible" que é detective e algo poeta ou "No país do vento" no que nada, nada queda quieto e que dá titulo á obra, etc.

Unha deliciosa obra dirixida a nenas e nenos para que bailen, canten e se divirtan ao son da música, pero tamén gozando coas preciosas e imaxinativas ilustracións de Óscar Villán.

- Mozas/os e adultas/os:

Antonio Fraguas. Mestre da memoria, de Malores Villanueva Gesteira.
Galaxia

Biografía sobre o profesor, etnógrafo, xeógrafo, historiador e galeguista Antonio Fraguas a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2019.

Dános a coñecer unha vida que atravesa todo o século XX, porque Fraguas naceu no ano 1905 e faleceu en 1999. Naceu en Cotobade, estudou o bacharelato en Pontevedra, onde foi alumno de Castelao e de Losada Diéguez e licenciouse en Filosofía e Letras en Santiago.
Foi membro das Irmandades da Fala, colaborou co Seminario de Estudos Galegos. En 1933 aproba as oposicións para profesor. O seu primeiro destino como catedrático de xeografía e historia foi no instituto da Estrada, onde impartiu aulas desde ese ano ata o comezo da Guerra Civil en que sufriu represión polas súas ideas galeguistas, prohibíndoselle exercer de profesor.
En 1950 volve a presentarse ás oposicións, aprobando e recuperando a súa praza de catedrático de instituto, tendo destino en Lugo e en Santiago. Ata ese momento pasou uns anos difíciles, de humillacións, de persecucións, pero cría na educación e centrou nela os seus esforzos.
Foi un profesor ao que lle gustaba ensinar, pero sobre todo explicarlle ao alumnado fóra das aulas. Por exemplo, se se trataba de explicar o Pórtico da Gloria levaba o alumnado á catedral de Santiago e alí llelo explicaba directamente. As clases de xeografía dábaas ao aire libre, aplicando as teorías da Institución Libre de Enseñanza.
En 1951 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, ocupando a cadeira que quedara baleira polo falecemento de Castelao. Desde 1989 foi o director e presidente do Museo do Pobo Galego ao que doaría a súa biblioteca particular formada por 20.000 volumes.

Fraguas foi un estudoso que coñecía moi ben Galicia, un investigador incansable da cultura galega. Algunhas das súas obras son:

- Manuel Murguía, o patriarca
- Carnaval e outras festas
- Do Entroido
- Galicia máxica
- A festa popular en Galicia
- Romarías e santuarios
- Cantigueiro de Cotobade
- As cousas de Antonio de Insuela
- La Galicia insólita. Tradiciones gallegas
- El traje gallego
- La puerta santa

"Antonio Fraguas. Mestre da memoria" e un libro de carácter divulgativo moi interesante, cun estilo áxil que o fai fácil de ler e que pretende dar a coñecer quen foi este egrexio personaxe homenaxeado este ano polas Letras Galegas. A súa lectura é unha viaxe pola historia do século XX en Galicia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/5/19

Ler para saber A CIENCIA: 10 de maio 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29418.pdf
Na Biblioteca Central Rialeda, dentro das conferencias de divulgación científica correspondentes ao programa Ler para saber, o venres 10 de maio, ás 18:30 horas, terá lugar a charla titulada "Aves da ría do Burgo” a cargo de Antonio Patiño.
Fotógrafo especializado en imaxes da natureza, e sobre todo un experto en instantáneas de aves da ría do Burgo, é coordinador do grupo de Facebook "Naturaleza de Galicia" e autor do libro "Aves da ría do Burgo e do Xardín Botánico de Culleredo"
Nesta charla mostrará diversas fotografías de aves e explicará, de maneira sinxela, a forma na que se tomaron as distintas fotografías e a técnica para realizalas. Esta actividade está dirixida a nenas e nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral. Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

Club de Lectura de Literatura Fantástica en Rialeda: 10 maio 2019

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Club%20de%20lectura%20de%20Literatura%20Fant%C3%A1stica
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-29358.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
18,30 a 20 h.

Comentario de "Kentukis" de Samanta Schweblin
Documentación

Seguinte lectura: "La sangre de los elfos" de Andrzej Sapkowski


7/5/19

Letras Galegas 2019: expo bibliográfica sobre Antonio Fraguas en Rialeda

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=6514&sort=author&direction=desc
A biografía de Antonio Fraguas (1905-1999) é un percorrido por boa parte da historia galega do século XX. O protagonista do Día das Letras Galegas 2019 participou nas principais iniciativas galeguistas do primeiro terzo do século, desde as Irmandades da Fala ao Seminario de Estudos Galegos. Dedicouse desde moi novo á recollida das expresións culturais que comezaban a esmorecer nuns tempos de cambios profundos. Investigador incansable, interesado en temas tan diversos como as lendas e crenzas, as festas e romarías, o culto aos mortos, os xogos ou a arquitectura tradicionais, Fraguas soubo transmitir a paixón pola preservación do tesouro que é a cultura popular como mestre comprometido co seu alumnado e como unha das persoas fundamentais na posta en marcha do Museo do Pobo Galego.

A Biblioteca Central Rialeda acolle unha exposición bibliográfica con obras da autoría de Antonio Fraguas e outras relacionadas coa etnografía, costumes, festas, etc. que constitúen unha parte importante da memoria popular de Galicia escritos por outras-os investigadoras. Se queres coñecer máis sobre a figura de Antonio Fraguas clica nas ligazóns: Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega, Primavera das Letras, Portal das palabras, Seminario Galán.
 


Tertulia literaria en Rialeda: 8 maio 2019 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30258.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Liquidación de existencias" de Ramón Caride Ogando
Coa colaboración da catedrática de Lingua e Literatura Galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: "Los restos del día" de Kazuo Ishiguro