5/2/10

OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES nas Bibliotecas de Dorneda e Nós



OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES
Nas Bibliotecas Públicas Municipais, "Mª José Ruso" de Dorneda e "Ánxel Fole" de Nós, celebramos o luns 8 de febreiro ás 18:30 un obradoiro de máscaras e antefaces a través do que coñeceremos os diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, etc.) .
Divertirémonos ao tempo que coñeceremos máis da nosa cultura e etnografía.
Para nenas e nenos a partir de 7 anos.

Número máximo de participantes en cada obradoiro: 20
Imprescindible inscrición na biblioteca na que desexes participar!!!

Contacta nos teléfonos:

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso" de Dorneda: 981 626 638

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole" de Nós: 981 664 257

Hora do conto na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove: luns 8 de febreiro

Ola: espérote na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove o luns 8 de febreiro ás 18:30 para escoitar a Caxoto na hora do conto. Os títulos serán: "O reno Renato", "A ratiña que quería durmir", "Paco"

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 5 de febreiro:
- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Furacán" de Txabi Arnal Gil e ilustracións de Neus Bruguera, editado por Kalandraka
- Mozos-as e adultos-as:
"A pista de area" de Andrea Camilleri en Galaxia

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/2/10

LER PARA SABER: 5 de febreiro

Comeza a actividade LER PARA SABER que consiste nunha serie de charlas ou obradoiros sobre temas científicos dirixidos a nenos e nenas (a partir de 10 anos de idade) e público en xeral.
Preténdese achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar coñecementos sobre temas cientificos de especial relevancia para a vida diaria e fomentar a lectura e consulta de materiais relacionados.
Comezamos cun OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA.
Introduciránnos en materia as nenas Micaela Toledo Rizzo e Iria Vázquez Pillado con "As serpes".
Día: venres 5 de febreiro
Hora: 18:30
Lugar: Biblioteca Central Rialeda. Perillo

3/2/10

Entroido 2010 nas bibliotecas: OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES

OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES

No Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais celebramos este entroido con obradoiros de máscaras e antefaces a través do que coñeceremos os diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, etc)

Divertirémonos ao tempo que coñeceremos máis da nosa cultura e etnografía.

Para nenas e nenos a partir de 7 anos.

Número máximo de participantes en cada obradoiro: 20

Imprescindible inscrición na biblioteca na que desexes participar!!!



2/2/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 3 de febreiro 2010 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Seda" de Alessandro Baricco

Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra

Obras de Alessandro Baricco no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros

1/2/10

Exposición J. D. Salinger

A partir do 1 de febreiro a Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" de Lorbé adica unha exposición ao escritor americano J. D. Salinger na que se poderán contemplar os fondos do autor de O vixía no centeo.