- Infantil (a partir de 4 anos):

O meu piollo e máis eu, de Txabi Arnal con ilustracións de Malota.
Triqueta Verde.
A relación dun neno e o seu piollo é moi especial. Historia moi divertida para a cativada.
- Mocidade e público adulto:
Marsella 1940. Los artistas que huyeron del nazismo, de Uwe Wittstock.
Galaxia Gutenberg.
A derrota do exército francés conleva que moitos exiliados teñan que fuxir de novo. Marsella convértese na cidade que podería darlles a saída.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
31/7/26
Recomendacións en RadiOleiros: 31 xullo 2026
29/7/26
O rousinol volve cantar en terras sureñas: centenario Harper Lee (1926-2026)
Para conmemorar o centenario do nacemento de Harper Lee, a Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofréceche a expo O rousinol volve cantar en terras sureñas: centenario Harper Lee (1926-2026). A escolma xira ao redor da escritora de Monroeville como centro de gravidade da grande tradición de autoras-es que compartiron temas como a inxustiza, a decadencia e moralidade, a grotesca realidade, a soidade e alienación, a ambientación atmosférica e os segredos familiares de abatidas e esmorecentes comunidades do sur norteamericano. Xuntamos nesta peneira a Flannery O’Connor, Carson McCullers, Truman Capote, William Faulkner, Mark Twain, Katherine Anne Porter a estoutros representantes do "novo gótico sureño" como Jesmyn Ward, Donna Tartt, Wiley Cash, e Robert Jones Jr.
Estas marabillas están dispoñibles no vestíbulo de Rialeda para compracer a túa paixón lectora canicular.
En 1956, amizades de seu, convencidas do seu talento, ofrecéronlle un agasallo de Nadal: unha axuda económica mensual para adicarse por enteiro á escritura durante un ano. Neste temporada, Lee dedicase a escribir esbozos, como o que co tempo, sería a súa novela Matar a un ruiseñor.
Esta obra foi case desde o primeiro día unha das pezas clave da literatura do sur de Estados Unidos, na que Lee tratou hai máis de medio século temas que hoxe seguen de deplorable actualidade como o racismo, as inxustizas sociais e a necesidade de defender os dereitos civís. Matar a un ruiseñor, publicada en 1960, converteuse inmediatamente nun éxito de vendas, tivo excelentes críticas e recibíu o Pulitzer de Ficción en 1961. Ata hoxe, vendeu máis de 40 millóns de exemplares en todo o mundo e foi traducida a máis de corenta idiomas. A película basada no libro, estreada en 1962, acadou un fabuloso éxito de crítica e público. Gañou tres Oscar, o de mellor interpretación masculina (Gregory Peck), mellor guión adaptado e mellor dirección artística. En 2015, un ano antes de falecer, publícase a súa obra Ve y pon un centinela, rexeitada polos editores no seu momento e unha de cuxas tramas secundarias é o xerme de Matar a un ruiseñor.
Títulos dispoñibles en eBiblio
Fontes: Harper Lee: grandes infelices, tokillamockingbird, eldiario, penguinaula, lasiestamagazine, wmagazin
27/7/26
Aviso!!!
O luns 27 de xullo a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) estará aberta de 8:30 a 14:00
Desculpen as molestias.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
11:00
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Santa Cruz
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

%20para%20Cartel.jpeg)
