16/12/09

Ler para saber: 18 de decembro

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 18,30

Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

"Insectos curiosos": Ana Varela e Clara e Daniel Sánchez, alumnos do Colexio Público Valle-Inclán realizarán unha introdución á charla de divulgación científica "Curiosidades dos insectos" a cargo da profesora María del Mar Domínguez do C.E.I.P. A Rabadeira.
Seleccionamos para ti libros e dvd para esta charla científica.

14/12/09

Axóuxeres: contos de Nadal

“AXÓUXERES”: contos de Nadal
O mércores, 16 de decembro, ás 18.30 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz, terá lugar o contacontos titulado “Axóuxeres” a cargo da actriz Soledad Felloza, que contará diversos contos de Nadal, dirixidos a nenas e nenos maiores de 4 anos.

“Son contos que suceden nunha cociña igual á da túa casa, nunha mochila como a túa, ou nun peto furado como o do teu pantalón. Maxia para escoitar, só os que aínda conservan o espírito alegre”.

É unha actividade gratuíta, pero debido a que as prazas son limitadas, é imprescindible invitación. Poden recollela na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo ou na Biblioteca Municipal “Rosalía de Castro” de Santa Cruz.

Biblioteca de Lorbé: Estamos de Nadal

¿Non te decatáche? achégase o Nadal...

Achégate tí tamén á biblioteca e participa na súa decoración. Utilizaremos pinturas, cartuliña, plastilina, algodón, papel de aluminio, etc. Tamén faremos un Belén con paos, herba, musgo e demáis materiais naturais.

Podes participar so/soa ou acompañado/a dun adulto/a, no horario habitual da biblioteca e durante o mes de decembro e ata a festividade de Reis.