23/12/11

Recomendacións en Radioleiros: 23 de decembro

- Infantil (de 8 a 10 anos):
"Bruno e o Manto de Estrelas" de Sonia Martínez e ilustracións de Yolanda Falagán, editado por Baía.
Cada vez que a avoa queda na casa, Bruno ten que durmir no cuarto do faiado, pero non lle importa porque grazas ao seu amigo Dimitar descubre o Universo.
- Mozos/as e adultos/as:
"U de ultimátum" de Sue Grafton, en Tusquets.
Kinsey Milhone, investigadora privada nunha vila de California, recibe un encargo por parte dun particular para investigar unha desaparición acaecida nos anos sesenta. Pensa adicarlle un só día pero o asunto será máis complexo...
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/12/11

GZ 35mm: Olladas propias - Exposición dvds cine galego en Rialeda



No 2º andar da Biblioteca Central Rialeda, ofrecémosche unha pequena mostra do noso audiovisual máis recente. Curtas, longas, tv-movies e documentais que amosan a versatilidade da creación do noso país. A exposición non só ofrece cine 100% galego senón as co-producións con outras compañías que fan do noso audiovisual un protagonista notable do cine estatal.

- O bosque de levas, de Antón Dobao
- A mariñeira, de Antón Dobao
- Mar libre, de Daniel de la Torre
- Manciña morta, bate na porta, de Ramón Costafreda
- A biblioteca da iguana, de Antón Dobao e Miguelanxo Prado

...e máis títulos que podes consultar no catálogo

19/12/11

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 21 de decembro (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "Entre la bruma" de Simonetta Agnello Hornby
Documentación

Obras de Simonetta Agnello Hornby nas nosas bibliotecas

AVISO: a actividade retomaráse o 18 de xaneiro, tras as festas de Nadal

16/12/11

Contos de Nadal con Soledad Felloza o mércores 21 de decembro en Santa Cruz


A actriz Soledad Felloza realizará unha sesión de contacontos o mércores 21 de decembro nas Torres de Santa Cruz.
Ás 18 horas, os nenos/as ata 3 anos poderán escoitar Soños de neve: contos e cancións para bebés, e as 18:30 horas para maiores de 3 anos Contos de Nadal. Con esta sesión finalizan as sesións da hora do conto para este ano 2011. Esperamos que fosen do voso agrado e convidámosvos a acompañarnos nos contacontos do vindeiro ano, que vos anunciaremos con oportuna antelación. BO NADAL!!!

Recomendacións en Radioleiros: 16 de decembro

- Infantil
Editado por Lóguez
Froito do traballo deste ilustrador alemán, "Yo" é un libro sobre a amizade a través da figura dun oso. Un animal que para ser feliz necesita un amigo. Un libro delicioso, divertido e sabio en pequeno formato e dunha grande calidade estética.
- Mozos/as e Adultos/as
Editado por Destino
Recente "Premio Nacional das Letras 2011", José Luis Sampedro é un economista con grande experiencia docente e autor de varias obras sobre estrutura económica. Neste libro, ilustrado por Santiago Sequeiros, fai unha análise do mercado desde a caída da Unión Soviética e o comezo do proceso chamado "globalización". Un libro pedagóxico, dun contido claro e ameno para entender os mecanismos básicos do mundo económico actual.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/12/11

As Bibliotecas Municipais de Oleiros estamos de celebración!

As Bibliotecas Municipais de Oleiros resultaron gañadoras do Premio María Moliner 2011, na modalidade de concello de entre 20.001 a 50.000 habitantes, convocado polo Ministerio de Cultura e a FEMP a nivel de todo o Estado Español.

O agasallo consistirá nun lote de 200 libros e un premio en metálico de 12.000 €, financiado por la Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña.

O proxecto presentado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros denominouse “Lecturas refrescantes” e nel presentáronse as principais actividades de fomento da lectura realizadas durante o primeiro semestre deste ano.


O Premio María Moliner é o galardón máis importante que existe na actualidade en España dirixido a bibliotecas e supón un importante recoñecemento e valorización do traballo realizado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Esta convocatoria tiña como obxectivo premiar o mellor proxecto que incluíra as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na comunidade e o uso das novas tecnoloxías, valorando a eficiencia na administración dos recursos da biblioteca e o esforzo realizado en función dos recursos dispoñíbeis, os proxectos de extensión bibliotecaria levados a cabo, a colaboración cos centros educativos e outras entidades e en conclusión aqueles proxectos que fomentaran a convivencia intercultural e o desenvolvemento tecnolóxico.

Desexamos compartir este premio cos veciños e veciñas de Oleiros e coas persoas, entidades, asociacións e centros educativos que colaboran coas bibliotecas, aos que lles expresamos o noso agradecemento. Grazas a todos e todas por facer posible que Oleiros sexa un referente a nivel estatal na promoción lectora cun servizo bibliotecario eficiente e de calidade.

12/12/11

Reapertura Biblioteca de Lorbé: mércores 14 de decembro

Estimados veciños/as e usuarios/as das nosas bibliotecas,

Comprácenos invitarvos á reapertura da Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" de Lorbé, que terá lugar ás 18 horas a cargo do alcalde Don Ángel García Seoane

Posteriormente, ás 18,30 h. o actor Ramiro Neira realizará unha sesión de contacontos, dirixida a nenas e nenos menores de 10 anos.

Contamos coa vosa asistencia.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 14 de decembro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: ATENCIÓN CAMBIO: de 18 a 20

Comentaráse a obra "El día antes de la felicidad" de Erri de Luca
Documentación

AVISO: a actividade retomaráse o 11 de xaneiro, tras as festas de Nadal

Tertulia literaria en Santa Cruz: luns 12 de decembro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz

Hora: de 18,30 a 20

Comentario da obra "Historia de una maestra" de Josefina Aldecoa

"El destino fue su carácter" por José María Guelbenzu (El País, marzo 2011)

Aviso importante: tras esta sesión, e debido ás festas de Nadal, a tertulia literaria retomaráse o 9 de xaneiro.

9/12/11

Recomendacións en Radioleiros: 9 de decembro

logo Recomendacións en Radioleiros- Infantil-xuvenil:
"Basurarte" de Gusti, en Océano.
Un montón de ideas para crear obxectos a partir de matecuberta libro Basurarterial de refugallo.

- Mozos-as e adultos/as:
"La hija de Robert Poste" de Stella Gibbons, editado por Impedimenta.
La hija de Robert Poste ou Como acabou unha moza refinada e urbanita vivindo nunha destartalada granxa cuns parentes cuberta libro La hija de Robert Postemoi pailáns.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/12/11

José Luis Sampedro, Premio Nacional de las Letras Españolas 2011

foto de José Luis Sampedro Adicámoslle en todas as Bibliotecas Públicas Municipais exposicións bibliográficas a José Luis Sampedro recén galardonado co Premio Nacional de las Letras Españolas 2011, premio que concede o Ministerio de Cultura para distinguir o conxunto do labor literario dun autor/a español/a do que a súa obra estea considerada como parte integrante do conxunto da literatura española actual escrita en calquera das linguas españolas.
Economista, escritor, catedrático de Estructura Económica, ex senador e membro da Real Academia Española desde 1990, José Luis Sampedro (Barcelona, 1917) desenvolveu un intenso labor como profesor, novelista e humanista, que o cualifican como un dos máis importantes escritores vivos en lingua castelá, así como unha referencia intelectual e moral de primeira orde na España da segunda metade do século XX.


O pensamento de Sampedro proxéctase sobre a natureza social da actividade económica e os seus efectos sobre a realidade social na que se desenvolven. Deste modo, aboga por unha economía máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos.

Algunhas obras de Sampedro na Biblioteca Central Rialeda:


Obras de Jose Luís Sampedro no catálogo

2/12/11

Recomendacións en Radioleiros: 2 de decembro

logo Recomendacións en Radioleiros- Infantil (de 10 a 12 anos):
"O home que plantaba árbores" de Jean Giono, editado por Galaxia

Un pastor de ovellas adícase durante varias décadas a prantar ácuberta de O home que prantaba árboresrbores nun val francés. Un libro que fala da xenerosidade humana sen límites, do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra. Un resumo dos valores universais.

- Mozos/as a adultos/as:
"La hija del desierto: la vida íntima de Gertrude Bell" de Georgina Howell, encuberta de la hija del desierto Lumen
Gertrude Bell nace no 1868 en Inglaterra nunha familia moi rica. Despois de graduarse en Oxford, inicia unha chea de viaxes acabando en Exipto onde o Servizo Segredo Británico contacta con ela polos seu dominio do árabe e coñecementos políticos. Muller polifacética, foi arqueóloga, espía, lingüista, escritora, fotógrafa e activista política, compartindo o seu tempo co virrei da India e Winston Churchill. Unha muller poderosa, rebelde e feble.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

28/11/11

Actividades para os Centros de Ensino Públicos do Concello de Oleiros

Presentámosche esta guía onde poderás coñecer todas as propostas de actividades complementarias para o presente curso 2011-2012.

30 de novembro: Visita do alumnado do IES Agra do Orzán á Biblioteca Central Rialeda

O mércores 30 de novembro recibiremos na Biblioteca Central Rialeda ao alumnado do Ciclo Formativo T.S.A.A.F.D. do I.E.S. Agra do Orzán de A Coruña.

A visita guiada terán lugar entre as 13 e 14,30 h.

Explicaráselles a historia do edificio, coñecendo as diferentes salas e servizos, xunto cunha demostración audiovisual sobre o funcionamento do catálogo.

Aviso importante: o 2º andar da biblioteca (Sala de audiovisuais e ordenadores) verá restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 30 de novembro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentario da obra "Cien años de soledad" de Gabriel García Márquez
Documentación

27/11/11

Hora do conto: do 28 de novembro ao 1 de decembro

logo da hora do contoAquí tes a programación desta semana da hora do conto.
Todas as sesións son ás 18:30 horas

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 28 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Casualidad”, “La siesta de los Enormes”, “Al final”, “Encender la noche”

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 29 de novembro
CONTACONTOS: Fernando Ucha
TÍTULOS: “Solarín e Ventiño”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 30 de novembro
CONTACONTOS: Fran Ínsua
TÍTULOS: “Dous monstros”, “Antonino vai e ven”, “Que pasa aí arriba?”

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
ATENCIÓN: A sesión prevista para o mércores 30 DE NOVEMBRO ANÚLASE POR OBRAS DE AMPLIACIÓN DA BIBLIOTECA!!!
Dita sesión celebrarase o mércores 14 de decembro.
Desculpen as molestias

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 1 de decembro
CONTACONTOS: Fran Ínsua
TÍTULOS: “O conto do caracol lento”, “Antonino vai e ven”, “Dous monstros”


(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

25/11/11

Tertulia literaria en Santa Cruz: luns 28 de novembro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Hora: de 18,30 a 20

Comentario final da obra "Tertulia" de Xavier Alcalá

Ligazóns de interese:
Entrevista na revista "Qué leer"
Presentación de "Tertulia" (La Voz de Galicia, 1985)
Xavier Alcalá, Premio de Narrativa da Crítica de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 25 de novembro

logo Recomendacións en Radioleiros- Infantil (de 8 a 10 anos):
"El deseo de Ruby" de Shirin Yim Bridges; ilustrado por Sophie Blackall, en Serres.cuberta do libro El deseo de Ruby
Inspirándose na vida da súa avoa, a autora conta a historia de Ruby, unha nena chinesa que, contra o que era normal na súa época, non pensa en casar senon en estudar na universidade.

- Mozos/as e adultos/as:
"El periodista deportivo" de Richard Ford, editado por Anagrama.
Non hai grandcuberta do libro El periodista deportivoes acontecementos en El periodista deportivo, pero a narrativa de Ford é tan extraordinaria que consegue arrastrarnos fascinados polas vivencias cotiás de Frank Bascombe.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/11/11

Hora do conto: 22 ao 24 de novembro

logo da hora do conto nas bibliotecas de OleirosAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
Todas as sesións son ás 18:30 horasBiblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 22 de novembro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: Contos de “cuello vuelto” para un outono frío

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 23 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Menuda rabieta”, “Besos”, “Luna llena”, “Encender la noche”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 24 de novembro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: Contos de oídas e oídos (contos sobre igualdade)
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Xoves 24 de novembro
CONTACONTOS: Fernando Ucha
TÍTULOS: “El baúl de los piratas”, “O pirata Barba Rías”

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

18/11/11

Movemento: danza e 7º arte. Suxestións de Cine.

Movemento, expresividade, linguaxe corporal e xestual, definitivamente... danza!

Dende a Biblioteca Central Rialeda presentámosche unha antoloxía de títulos relacionados coa noble arte de Terpsícore. Danza clásica, hip-hop, danza española, musicais clásicos en 21 pasos e figuras de CINE.

Paso decisivo, de Herbert Ross
The Company, de Robert Altman
Shall we dance?, de Peter Chelsom
Flashdance, de Adrian Lyne
Cantando bajo la lluvia, de Stanley Donen
Stomp yard (Ritmo salvaje), de Sylvain White
Noches de sol, de Taylor Hackford
e o aclamado documental ¡Esto es ritmo¡ de Royston Maldoom


...ata 21 títulos no 2º andar da túa biblioteca.

Recomendacións en Radioleiros: 18 de novembro

- Xuvenil (de 14 anos en adiante)

"A paixón de Alexandra" de Xulio Ricardo Trigo
Editado por Xerais

Alexandra é unha rapaza de Bacharelato a quen lle gusta a lectura e a música. A amizade con Eva levaraa a descubrir o bookcrossing, un espazo para liberar libros.

- Mozos/as e adultos/as

"El enterrador" de Tomas Lynch
Editado por Alfaguara

O poeta Tomas Lynch traballa como director dunha funeraria nunha vila en Michigan. Neste libro xúntanse as dúas vocacións: a de escritor e a de intermediario nuns intres difíceis.
Un texto no que homenaxea a pais que morreron, fillos, hipocondríacos, amantes e suicidas mesturando o solemne, o nostálxico e o lírico.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/11/11

Asada ou cocida?

foto de asada ou cocida?Asada ou cocida?: suxestións da Biblioteca Central Rialeda para o outono 2011, é unha escolla de libros, DVD e CD que facemos para o equinoccio que xa está aquí. Son máis de cincuenta referencias entre as que poderás encontrar a escritores/as como Manuel María, Jean Rhys, Luz Pozo, Nathaniel Hawthorne, Ramiro Fonte, Jimmy Liao, Sam Shepard, Eugenia Rico, Gabriel García Márquez, Miguel Littin, Francisco Brines, Valle-Inclán, Ángel González, intérpretes e/ou compositores/as como Enya, Dexter Gordon, Mísia, Leonard Cohen, Dee Dee Bridgewater, Antonio Vivaldi, Louis Armstrong & Ella Fitzgerald, Nat King Cole, Frank Sinatra, Luciana Souza, Ahamad Jamal, e películas cun aquel: Despedidas, El crepúsculo de los dioses, 53 días de invierno, Expiación, Lost in translation, Noviembre dulce, September, Tres estaciones, etc.
Para saborear á beira da cheminea.

14/11/11

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 16 de novembro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentario da obra "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz
Documentación

15 a 18 de novembro: Visita do alumnado do IES Miraflores de Oleiros á Biblioteca Central Rialeda

Os días 15, 16, 17 e 18 de novembro (martes a venres), recibiremos na Biblioteca Central Rialeda ao alumnado do I.E.S. Miraflores de Oleiros.

As visitas guiadas terán lugar entre as 10'30 e 12,30 h.

Martes 15 - 2ºD ESO
Mércores 16 - 2ºC ESO
Xoves 17 - 2ºB ESO
Venres 18 - 2ºA ESO

Ao remate da visita, o actor Ramiro Neira de Artestudio Teatro realizará unha dramatización baseada nos relatos da obra "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro.

Aviso importante: o 2º andar da biblioteca (Sala de audiovisuais e ordenadores) verá restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.

Hora do conto: 14 ao 18 de novembro

logo Hora do contoAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Todas as sesións son ás 18:30 horas

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 14 de novembro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Xoana e Serxio”, “A princesa que non quería casar”, “O leopardo inxenuo”

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 15 de novembro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: “Contos recollidos entre as follas caídas das árbores”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 16 de novembro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “O caldeiro de ouro”, “O leopardo inxenuo”, “O loro e o coello”

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 17 de novembro
CONTACONTOS: Fernando Ucha
TÍTULOS: “O baúl dos sentimentos”, “Os tres porquiños”

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 18 de novembro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Xoana e Serxio”, “Kisha”, “A granxa”

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)