A historia transcorre nun galiñeiro en época de incubación. As galiñas están cansas de pasar todo o día sentadas sobre os ovos e sobre todo están fartas de aturar as ordes dos galos que non paran de dicirlles como teñen que facer para ser máis eficientes. A rebelión das galiñas vai provocar que ocorra algo increíble e marabilloso no galiñeiro ...
Emma Cruz, avogada e profesora de Dereito Penal, trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud das que non se sabe nada. Semella que as tragou a terra. Emma pronto descubrirá que ese lugar está tremendamente marcado pola desaparición das dúas nenas e que os seus habitantes gardan segredos inconfesables.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.