13/2/15

Recomendacións en Radioleiros: 13 de febreiro

 http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=87991- Infantil (nenas e nenos a partir de 10 anos):
"Maripepa e o club dos Tarambainas" texto de Alfredo Gómez Cerdá e ilustracións de Miguel Navia, en Macmillan.
A protagonista Maripepa, chámase así porque seu pai se chama Pepe e súa nai Mari, ademáis é española, gústanlle os churros e non se lle ocorrería nunca comer un can como leu nalgures que comen os chineses. Porque Maripepa naceu en China, pero ela cando se mira no espello en ningún momento se ve “amarela”… porque amarela é a camiseta de Brasil, e un canario… pero ela, non. 
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114828 
- Mozos-as e adultos-as:
"28 días" de David Safier, editado por Seix Barral.
28 foron os días que resistiron os querrilleiros da resistencia xudea dentro do gueto de Varsovia fronte aos soldados das SS na Segunda Guerra Mundial. Co exterminio sistemático como telón de fondo, Mira, unha adolescente xudea, afronta unha madurez precoz. Despois de presenciar a morte da súa familia e amigos, decide integrarse neste grupo da resistencia.
 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/2/15

Tertulia literaria en Rialeda: 11 de febreiro (Grupo B)

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjJ74bFiVU9uezIuRjQn0BQF7HiDvEYIT3WvN9k5S-wvhoQDZY-cjoRmaM_Jy_X2CdGuHB0W-crj48iRXDu0u1Nb0RwO-dCVNnha43Jk20F517JE-VZMA76xK4-MBIajq4svmqz12FvFuc/s1600/logo+grupo+A_pq.JPG
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-21027.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La vida de Pi" de Yann Martel.
Documentación
Obras de Yann Martel nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.

O Entroido nas bibliotecas municipais: Obradoiros de creación de títeres

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21034.pdf
Este Entroido, as nenas e nenos que o desexen, poden participar nos Obradoiros de creación de títeres que se celebrán nas oito bibliotecas municipais. Elaborarán sinxelos monicreques confeccionados con variñas, pelotas de porexpan, goameva, feltro, etc.
Está dirixido a nenas e nenos a partir de 5 anos. Cada obradoiro pode ter un máximo de 20 participantes. É imprescindible inscribirse na biblioteca na que se desexe participar. Celebraránse ás 18:00 h.
 
- Luns, 9 de febreiro:
Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda. Tlf.: 981 626 638


Biblioteca Manuel María. Oleiros. Tlf.: 981 610 700
 
- Martes, 10 de febreiro:
Biblioteca Federico García Lorca. Montrove. Tlf.: 981 639 515
- Mércores, 11 de febreiro:
Biblioteca Rosalía de Castro. Santa Cruz. Tlf.: 981 626 338
 
- Xoves, 12 de febreiro:
Biblioteca Central Rialeda. Perillo. Tlf.: 981 639 511
Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé. Tlf.: 981 618 201
 
- Venres, 13 de febreiro:
Biblioteca Mª José Trincado. Mera. Tlf.: 981 628 507
Biblioteca Ánxel Fole. Nós. Tlf.: 981 664 257

Trafegando na cociña, masterchef cativo: expo na Biblioteca de Santa Cruz

“Trafegando na cociña” é unha exposición que vai dirixida aos cociñeiros máis pequenos da casa que podes contemplar na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).
Mil e un libros sobre os alimentos máis importantes nas dietas dos nenos e nenas: froitas, peixes, verduras, etc. “ao chou” pola biblioteca.
Intentaremos desde a biblioteca fomentar hábitos saudábeis de alimentación entre os máis pequenos, que poderán levar para as súas cociñas libros con boas receitas para preparar inmellorables pratos, xogando a ser “MasterChef Cativo". 
                                                                                                                                                Bo apetito!