20/4/20

Pedro Mairal abre a súa fiestra de tertulias e músicas! #EuQuedoNaCasa

https://soundcloud.com/pedro-mairal
O escritor arxentino Pedro Mairal, coñecido autor nas Tertulias Literarias de Bibloleiros e nas Recomendacións en Radioleiros, presenta e dirixe o programa radiofónico de libros e música  "Tachame el Nóbel" (na emisora arxentina Radio Ciudad AM 1110)

Está feito desde dentro dos libros e a música, desde o lugar onde se fan as historias e as cancións. Son entrevistas a escritoras-es (como Leila Guerriero e Hernán Casciari), compositoras-es e cantantes (Jorge Drexler, Julieta Venegas, por exemplo) para explorar con elas-es as distintas maneiras de axitar a creatividade. Déixate levar por ondas que veñen do outro lado do océano, por estas tertulias e estas músicas! Grazas, Pedro!

En GaliciaLe, podes ler  "La uruguaya" de Pedro Mairal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario