14/8/15

Recomendacións en Radioleiros: 14 de agosto

http://www.ipernity.com/doc/284673/39277986/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=23701- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Como curé a papá de su miedo a los extraños" de Rafik Schami, Ole Könnecke. Tradución de Rocío González Lovelle en RqueR.
Unha nena aproveita que ten unha amiga africana para tentar curar a aprensión do seu pai cara os inmigrantes. A maxia servirá de catalizadora para lograr o seu desexo. Texto escrito por un sirio e ilustrado por un sueco que residen en Alemaña. Ideal polo seu contido pedagóxico e visual.
 
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=97314- Mozos-as e adultos-as:
"Vía secundaria" de An Alfaya, en Xerais.
Varias historias distintas que nun punto determinado terminan uníndose debido a un accidente de coche. Todo comeza cando nun día chuvioso Nora vai traballar e atropela a un can e ao seu dono. Libro coral que no seu día foi premio Voz de Galicia “novela por entregas” con capítulos curtos e rápidos, de fácil lectura. Unha aposta interesante dunha das mellores escritoras de literatura galega actual.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/8/15

Lugares de papel: novelas que nos pasean por cidades, países...

 https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/LugaresDePapelNovelasQueNosPaseanPorCidadesPaises
Expo que podes ver no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda
Novelas que nos guían, doutro xeito, por rúas, mares, xentes... que xa coñecemos ou queremos visitar. 
Non esquezas levar na maleta algunha destas suxestións de lectura!


Centenario de Orson Welles na Biblioteca Central Rialeda

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-22322.pdf
Ofrecémosche esta exposición de películas e libros relacionados co director, guionista e actor Orson Welles, con motivo do 100 aniversario do seu nacemento.

Películas como "Ciudadano Kane", "El tercer hombre", "El cuarto mandamiento", etc. e obras literarias como "El proceso" de Franz Kafka, "La guerra de los mundos" de H. G. Wells, que serviron de inspiración á mentalidade creadora de Welles, ademáis de libros sobre a súa figura e importancia como innovador na linguaxe cinematográfica.

Pulsa sobre a imaxe para comprobar dispoñibilidade das películas seleccionadas, ou mellor... pásate polo 2º andar da Biblioteca Central Rialeda!