22/2/14

Hora do conto: de 24 a 28 de febreiro

 http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
Luns 24 de febreiro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “As estrambóticas viaxes de Gulliver”, “Demo de dente!”
 

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 25 de febreiro
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS: “Orellas de coello”, “O amigo do pequeno tiranosauro”
 

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 26 de febreiro
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: “A bruxa regañadentes”, “O neno no saco”, “Os dous chepudos”, “Persecución feroz”
 

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 27 de febreiro
Para nenos-as de 1 a 4 anos:
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Bebecontos”
Para nenos-as de 5 a 10 anos:
CONTACONTOS: Rato Camifuco de Trinke Trinke Teatro
TÍTULOS: “Problemas”: “O esquío medroso”, “¡Non deixes que a pomba conduza o autobús!”
 

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 28 de febreiro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: “Unha imaxe rota en mil palabras”: “Conto nun segundo”, “O pozo dos desexos”
 

(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. A sesión para nenos-as de 1 a 4 anos se realizará ás 17:00, e as demáis ás 18:30)

21/2/14

Recomendacións en Radioleiros: 21 de febreiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/30585327/in/album/594169
- Infantil (de 6 a 8 anos):

Doña Eremita sobre ruedas, escrito e ilustrado por Quentin Blake
Ekaré

Divertido conto no que o autor nos fala da simpática e estrafalaria Dona Eremita, unha señora maior á que lle gusta moito andar en bicicleta e para mellorar os servizos que lle presta a súa bici, vaille instalando diferentes accesorios, sempre acompañada do seu fiel can Mambrú.

Unha obra chea de humor que fará as delicias das nenas e os nenos que a lean, cunhas graciosas ilustracións que van mostrando todos os detalles.

- Para moz@s e adult@s:

Ardalén, escrito e ilustrado por Miguelanxo Prado
El Patito Editorial

Ardalén é unha obra moi fermosa, cunhas magníficas ilustracións e un texto poético. Unha historia sobre os recordos, as lembranzas,  na que se nos  di  que somos o que recordamos, pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. O propio autor definiu este libro como unha historia sobre a memoria persoal, con influencia do realismo máxico. 

O título, Ardalén, significa aire do máis aló, un vento do suroeste que sopra desde o mar cara a terra nas costas atlánticas europeas e que segundo as crenzas populares orixínase nas costas americanas.
 

A protagonista, Sabela, unha muller que acaba de separarse e de perder o traballo,  no intento de
adaptarse á nova situación, desexa reconstruír a historia de seu avó: un home que marchou para Cuba e que súa avoa intentou borrar das súas vidas, convencida de que aló formara outra familia. A súa pista son unas cartas que lle falan  dun amigo que andou embarcado e estivo en Cuba.  Decide ir ao lugar onde residía. Alí a única persoa que lle pode proporcionar esa información é Fidel, pero xa non se atopa ben. Os seus recordos van e veñen, incluso a veces non é capaz de diferenciar cales son recordos e cales imaxinacións. A través dos seus encontros vaise construíndo a historia, pero tamén imos coñecendo o mundo interior de Fidel.

Cando lle concederon o Premio Nacional o xurado destacou o seu carácter poético e a mestría técnica no uso das cores. Dixo que é una obra que mestura a realidade co soño, a memoria e o esquecemento.

En toda ela podemos admirar as espléndidas ilustracións con preciosas paisaxes outonais galegas, pero tamén uns personaxes cuns rostros moi expresivos.

Recibiu o Premio Nacional de Cómic no ano 2013 e o Premio do Salón do Cómic de Barcelona, que tamén lle dedicou unha exposición onde se puido ver o seu proceso creativo.

Un libro de gran beleza que temos nas bibliotecas, que poden levar en préstamo para as súas casas, co que van gozar dobremente: lendo os textos e contemplando as ilustracións.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/2/14

Ler para saber A CIENCIA: 21 de febreiro

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 21 de febreiro ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral. 

Teremos un encontro científico con María José Servia Garcia, doutora en Bioloxía, profesora de comportamento animal da UDC,  ao redor do tema “Animais mentireiros”.

Seleccionamos para ti libros e dvd para esta charla científica. 


Fundamentalmente o seu campo de traballo é a ecoloxía dos animais de auga doce, e na actualidade colabora con diversas institucións nacionais e estranxeiras no estudo da bioloxía e ecoloxía de especies de peixes migradores. Foi xefa da Estación de Hidrobioloxía da USC. Algúns proxectos actuais inclúen o estudo da evolución ontoxénica de biomarcadores enerxéticos en larvas de Dípteros Quironómidos, a avaliación do estado das poboacións de lamprea mariña (Petromyzon marinus) e saboga (Alosa fallax) en Galicia, a análise do estado actual e impacto das especies invasoras de auga doce ou a posta en marcha dunha rede de observatorios ambientais en ríos costeiros europeos.  

Nota importante: durante a celebración da actividade interrumpiráse o servizo de ordenadores e internet do 2º andar da biblioteca. Pregamos desculpen as molestias.

24 de febreiro: Día de Rosalía. Exposición bibliográfica en Santa Cruz



Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.

A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.

Por todos estes motivos a difusión do coñecemento da súa obra é necesaria para as galegas e os galegos, en especial para as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, sendo a súa palabra feita poesía ou prosa reflexiva un dos procedementos máis eficaces para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller de Santa Cruz, que leva o nome da nosa escritora, presentámosvos unha exposición bibliográfica coas súas obras xunto a outras relacionadas coa vida, actividade literaria, etc. de Rosalía de Castro.

24 de febreiro: Día de Rosalía. Exposición bibliográfica en Lorbé


Na Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" de Lorbé celebramos o Día de Rosalía cunha escolma
de obras relacionadas que poñemos a vosa disposición:

- Antoloxía
- Cantares Gallegos
- Costumes galegos e outros textos
- Flavio
- Follas novas
- La hija del mar
- Poesía galega completa II: Follas novas. Poemas soltos. Traduccións
- Versos a Compostela

... a para @s máis nov@s:

- Adiós ríos, adiós fontes 
- Do A ao Z con… Rosalía
- Rosalía cos rapaces: escolma
- Rosalía de Castro para nenos 
- Parece unha rosa
- Vente, rapasa

Pulsa no título para comprobar dispoñibilidade.

18/2/14

O Entroido nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-17422.pdf

8 sesións distribuídas nas 8 bibliotecas públicas municipais do Concello.

Número máximo de participantes: 20
Dirixido a nenas e nenos a partir de 5 anos.
Imprescindible inscribirse na biblioteca onde desexen participar.

As nenas e nenos participantes poderán realizar sinxelos monicreques confeccionados con variñas, pelotas de porexpan, gomaeva, feltro, etc. nun lúdico e divertido obradoiro de manualidades.


Todos os obradoiros terán lugar ás 18,30 h.

- 18 de febreiro: Biblioteca "Manuel María" de Oleiros (tfno. 981 610 700)
- 24 de febreiro: Biblioteca Central Rialeda de Perillo (tfno. 981 639 511)
- 25 de febreiro: Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove (tfno. 981 639 515)
- 25 de febreiro: Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera (tfno. 981 628 507)
- 26 de febreiro: Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé (tfno. 981 618 201)
- 27 de febreiro: Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda (tfno. 981 626 638)
- 28 de febreiro: Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós (tfno. 981 664 257)
- 6 de marzo: Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz (tfno. 981 626 338)

Esperámosvos!


17/2/14

20 de febreiro: "Contos terribles" con Pablísimo en Rialeda

Á Biblioteca Central Rialeda achéganse monstros, curuxas, contos... e bruxas!!! para pasalo de medo con Pablísimo e os seus contos terribles e arrepiantes.

Actividade dirixida ao alumnado de 1º de Primaria do CEIP Valle Inclán. Celebraránse dúas sesións na Sala Infantil e Xuvenil da biblioteca:

- 10,15 h.: 1ª A e C
- 12,00 h.: 1º B