"O home que plantaba árbores" de Jean Giono, editado por Galaxia
Un pastor de ovellas adícase durante varias décadas a prantar árbores nun val francés. Un libro que fala da xenerosidade humana sen límites, do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra. Un resumo dos valores universais.
"La hija del desierto: la vida íntima de Gertrude Bell" de Georgina Howell, en Lumen- Mozos/as a adultos/as:
Gertrude Bell nace no 1868 en Inglaterra nunha familia moi rica. Despois de graduarse en Oxford, inicia unha chea de viaxes acabando en Exipto onde o Servizo Segredo Británico contacta con ela polos seu dominio do árabe e coñecementos políticos. Muller polifacética, foi arqueóloga, espía, lingüista, escritora, fotógrafa e activista política, compartindo o seu tempo co virrei da India e Winston Churchill. Unha muller poderosa, rebelde e feble.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.