18/11/16

Ler conta moito e actividades infantís: de 23 a 25 de novembro 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24837.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 23 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos    Prazas agotadas!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Axóuxere”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 24 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos   Prazas agotadas!!!
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Cóxegas no queixo”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 25 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A volta ao mundo”

Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia



Tertulia literaria en Santa Cruz: 21 novembro 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.anagrama-ed.es/autor/schlink-bernhard-971Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
18 a 19,30 h.

Comentario de "El lector" de Bernhard Schlink

A seguinte obra programada é "Charlotte" de David Foenkinos

Recomendacións en Radioleiros: 18 novembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43830592/in/album/863040
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1205020- Infantil (a partir de 6 anos):
"Letras al carbón", texto de Irene Vasco e ilustracións de Juan Palomino. En Juventud.
Fermoso álbum ilustrado que nos achega á realidade social de Colombia e nos fala da importancia da alfabetización como un dereito básico para todas as persoas.
Acontece en Palenque, unha localidade colombiana, de poboación afroamericana, na que a maioría da poboación non sabía nin ler nin escribir e fálanos dunha nai que lle conta á súa filla como aprendeu.
Ela vía que lle chegaban unhas cartas a súa irmá Gina, pero que nin súa irmá, nin ela podían ler. Abríanas, mirábanas, pero non podían facer outra cousa. A protagonista imaxinábase que eran cartas de amor dun médico que estivera no pobo, polo que quere aprender a ler para poder descifralas...
Esta obra dedícaa ás nais e ás bibliotecarias comunitarias que por toda Colombia lle prestaron as historias reunidas nela e explícanos como ata finais do século XX nas comunidades afroamericanas a cultura e as normas transmitíanse oralmente porque a maioría das persoas non sabían ler, e menos as mulleres, pero a partir dese momento recorreron o país moitos formadores e formadoras ensinando a ler á poboación. A autora foi unha delas e durante eses anos tamén foi recollendo relatos desas comunidades, relatos que agora forman parte dos seus libros e este é un deles.
Un emotivo texto, cunha belísimas e coloridas ilustracións que nos achegan a eses lugares e a esas persoas.

 
- Mozas-os e adultas-os:
"Izan o da saca" de Xabier Quiroga. Editado por Xerais.
Premio Arcebispo San Clemente 2016.
Trata sobre unha investigación arredor da chegada de nazis a Galicia desde a Guerra Civil
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1203976&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20izan%20o%20da%20sacaespañola, durante a II Guerra Mundial e ata os anos 50 do século XX.
Recupera un personaxe da súa anterior novela, de "O cabo do mundo", un taxista chamado Reina que lle axudou ao protagonista a investigar sobre o seu pasado.
Nesta novela vaino contratar un importante político galego (Manuel Varela) para investigar o motivo polo cal un estudante universitario de Santiago de Compostela, que está realizando un traballo de investigación sobre o nazismo, pon o seu nome nun correo electrónico que lle envía a un cazador de nazis arxentino. A raíz dese correo Manuel Varela quere saber o motivo polo cal o relacionan cos nazis.
Reina comeza a buscar información sobre os nazis en Galicia, principalmente cando fuxiron de Alemaña ao finalizar a II Guerra Mundial, ao mesmo tempo que investiga sobre o pasado deste político.
Fálanos da Ruta das Ratas, que son as rutas que utilizaron, tras perder a II Guerra Mundial, para escapar de Alemaña, na que, nunha delas, Galicia sería un punto intermedio para fuxir a Sudamérica, principalmente para Arxentina.
Unha obra interesante e entretida, cunha boa estrutura, e unha trama na que mestura realidade e ficción, pasado e presente, cunha boa narración, unindo características da novela negra coas da histórica.  
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/11/16

Tertulia literaria en Rialeda: 16 novembro 2016 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-25134.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Izán o da saca" de Xabier Quiroga
Documentación

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño

A seguinte obra programada é "Tantos días felices" de Laurie Colwin