6/10/23

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: de 9 e 11 de outubro de 2023

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: de 9 e 11 de outubro de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Luns 9 de outubro, ás 18:30
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
TÍTULO: “2ª Galicia coa maxia”
CONTACONTOS: Pedro Bugarín

Mércores 11 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
TÍTULO: “Sabela e o paxaro máxico”
CONTACONTOS: Tarabelos
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 6 outubro 2023

- Infantil (menores de 6 anos):

Monstr3s, con textos de Laura Parrula e ilustracións de Óscar Villán
Patasdepeixe

Como cada noite chega a hora de durmir e o neno pide deixar a luz acesa do dormitorio porque ten medo do monstro de debaixo da cama...

- Mocidade e persoas adultas:

A muller xabaril, de Fina Casalderrey
Xerais

Versión dixital en Galiciale

Fina Casalderrey novelou a historia de Adelina, unha muller que viviu a principios do século XX na aldea pontevedresa de Santa María de Xeve.
A autora define esta obra como unha novela con algunhas migallas de verdade porque a muller xabaril, tal e como acredita a fotografía que incluíu na novela, existiu de veras.
Iremos coñecendo quen foi esta estrafalaria muller e a durísima historia que ten detrás a través de Ramiro, un mestre de matemáticas xubilado que a coñeceu cando era neno.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/10/23

Ler para saber: charlas de divulgación científica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

Ler para saber: charlas de divulgación científica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Comezamos de novo coa programación de “Ler para saber: charlas de divulgación científica” para os meses de outubro e novembro. Serán tres charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral, que terán lugar na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), os venres 6 e 27 de outubro e o 10 de novembro, ás 18:30 horas.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son: achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva, fomentar a lectura e a consulta de libros que traten estas temáticas.


Programáronse charlas ou obradoiros sobre aspectos diferentes para atraer a un público de gustos diversos e variados: 
- 6 de outubro
Os microorganismos e as microalgas
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.
Carmen Rioboo Blanco. Profesora de Microbioloxía na Universidade da Coruña

- 27 de outubro
Alimentación saudable na idade escolar
Uxía Rodríguez Lavandeira. Dietista e nutricionista no Hospital da Coruña (CHUAC)

- 10 de novembro
Árbores e arbustos do xardín da Biblioteca Rialeda   
Miguel Sánchez. Fotógrafo
Fina Mosquera. Profesora de Educación Primaria
Desde a biblioteca Rialeda invítase a todas as persoas que desexen asistir.

3/10/23

Tertulias Literarias en Rialeda: ábrese a inscrición o 4 de outubro ás 8:30 h.

Tertulias Literarias en Rialeda: ábrese a inscrición o 4 de outubro ás 8:30 h.
Clubs de lectura e Tertulias literarias
para a mocidade e persoas adultas na Biblioteca Central Rialeda (Perillo): inscrición o día 4 de outubro, a partir das 8:30 h.

Nos clubs de lectura realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e, á vez, lúdico da lectura. 
O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Nas bibliotecas municipais de Oleiros organizaranse seis clubs de lectura: dous na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) con 38 prazas, dous tamén na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) con 30 prazas e outros dous na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) con 38 prazas. En total ofértanse 106 prazas. 
Poderán inscribirse todas as persoas maiores de 18 anos que desexen participar. Quen queiran asistir deberán ser socias dalgunha biblioteca da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para poder levar os libros en préstamo a domicilio.

Como inscribirse:
- Presencialmente na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
- Por teléfono (981 639 511) a partir das 8:30 h. o día 4 de outubro e no horario da biblioteca os demais días (De luns a venres de 8:15 a 21 h. Sábados das 10 ás 14 h.)
- A través de Internet, na ligazón https://t.ly/oa2MZ 
38 prazas por orde de inscrición distribuídas en 2 grupos de 19 persoas cada grupo. 
As persoas solicitantes sen praza formarán parte dunha listaxe de agarda.
As sesións celébranse os mércores quincenalmente, ás 17:30 h.
A duración da actividade é de 120 minutos.
A presentación e primeira sesión do grupo A será o mércores 18 de outubro e do grupo B o mércores 25 de outubro, ambas ás 17:30 h.

Ao longo dos meses iranse prestando aos participantes diferentes libros de autoras e autores da literatura galega, española e internacional, por este motivo é totalmente imprescindible que as persoas interesadas en participar se inscriban para ter praza e poder ter dispoñibles os exemplares necesarios de cada título.