- Infantil (ata 3 anos):
Unha obra moi aprezada polos máis pequenos. Presentanos os sons que teñen distintos instrumentos como o violín, o tambor, a trompeta, pero tamén unha campá ou un bico.
Contén unhas expresivas ilustracións que invitan aos nenos e nenas a imitar como se estiveran tocando ditos instrumentos. Mesmo o seu oído recoñece sons e onomatopeias que despois reproducen. Prodúcelles alegría ver e escoitar como lle len o libro unha e outra vez.
As ilustracións de Óscar Villán son deliciosas, como é costume neste magnífico ilustrador. De ton realista cun debuxo sinxelo e recoñecible, resalta a imaxe sobre fondo claro para que as crianzas os entendan ben.
“Violín” pertence á colección “Do berce á lúa” que consta de títulos como: "Paxariña de papel", "Crocodilo", "Veo veo", "Miau", "Limón", "Piñeiro", "Zapato", "Cinco", etc., todos ben encadernados e con resistentes páxinas de pasta dura.
Unha colección ideal para gozar co ritmo e a rima.
- Mozas/os e adultas/os:
La vegetariana, de
Han Kang. Traducción de
Sun me Yoon. Prólogo de
Gabi Martínez
:Rata
Premio Man Booker International 2016
Premio San Clemente á novela estranxeira
Unha muller decide deixar de comer animais a causa duns sonos. Pensa que, ao non comer carne nin peixe, eses sonos van desaparecer.
Consta de tres partes:
- La vegetariana.
O marido relata (baixo o seu punto de vista) o que aconteceu. Vemos que tanto el como a familia non están preparados para esta decisión sen preocuparse tampouco por saber a causa real
.- La mancha mongólica.
O cuñado, un home obsesionado por esta muller, vainos explicar distintos sucesos.
- Los árboles en llamas.
A irmá é a que nos conta a súa visión dos feitos, analizando se podería evitar o acontecido.
Os tres relatos suceden en tempos diferentes.
Unha obra perturbadora que conta dunha forma delicada uns feitos duros sobre unha muller que desexa cambiar, transformarse, pero que a partir de tomar esa decisión a súa vida convértese nun pesadelo. Desde un punto de vista psicolóxico analiza a forma de ser e de comportarse de distintos personaxes.
Un libro interesante sobre as relacións familiares, os hábitos e costumes sociais e culturais, a intransixencia e sobre todo a violencia física e psicolóxica.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes
ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en
Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.