7/11/14

Hora do conto e Ler conta moito: de 10 a 14 de novembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20136.pdf
http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/hora-conto#Todas as sesións se celebrarán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 10 de novembro
Para nenas-os  de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: “O marabilloso mundo do circo”: "O gran amigo do ceo", "Agustina, a paiasa"
 

Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 11 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Animaladas”: "10 ratiños viaxeiros", "Eu non vexo nada", "O sapo que estourou"
 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 12 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS: “Contos de castañas e cogumelos”
 

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 13 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511)
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS: “O xogo de Nano”
 

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 14 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Ratiña Carolina da Compañía Trinke Trinke
TÍTULO:  "O panadeiro de Lonxedetodo": “Belisario”, “A ovella Carlota”, “Animais parecidos”
 

Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 7 de novembro

http://www.ipernity.com/doc/284673/35844465/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=107275http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109537- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos):
"El cuento del carpintero" de Iban Barrenetxea, editado por A buen paso.
O temerario barón von Bombus ven de perder un brazo na batalla e o Médico, a Baronesa, o Ministro e o Cardeal chaman a Firmín, un prodixioso carpinteiro, para que lle faga un novo, de madeira. ¡A ver que sae de aí!
 
- Mozos-as e adultos-as:
"Canadá" de Richard Ford, en Anagrama.
Eis o contundente inicio da novela:
“Primero contaré lo del atraco que cometieron nuestros padres. Y luego lo de los asesinatos, que vinieron después. El atraco es la parte más importante, ya que nos puso a mi hermana y a mí en la senda que acabarían tomando nuestras vidas.”

 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

3/11/14

"Queres ler connosco?" premiado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte


As Bibliotecas Municipais de Oleiros foron galardoadas unha vez máis co prestixioso Premio María Moliner que outorga o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en colaboración coa FEMP.

Estes galardóns están destinados á programación de animación á lectura das bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes. Das 300 bibliotecas seleccionadas de todo o Estado, como os mellores proxectos de entre os 608 presentados, hai 21 bibliotecas de Galicia e entre elas, un ano máis, está o presentado polas bibliotecas municipais de Oleiros.

A candidatura presentada polas bibliotecas municipais de Oleiros titúlase Queres ler connosco? e nel explícanse as actividades de promoción da lectura que se realizaron no primeiro semestre deste ano.

Tertulia literaria en Rialeda: 5 de novembro (Grupo B)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-20250.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El estandarte" de Alexander Lernet-Holenia.
Documentación
Obras de Alexander Lernet-Holenia nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Las viudas de los jueves" de Claudia Piñeiro.