26/6/09

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 26 de xuño:



Infantil e xuvenil (a partir de 11 anos):
"Os lobos de Moeche" de Manel Cráneo editado por Demo Editorial.


Mozos-as e adultos-as:
"Ella, que todo lo tuvo" de Ángela Becerra editado por Planeta.



Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/6/09

Xa está na rúa (e na rede) a guía de lectura De todas as cores!!!

Desde as bibliotecas municipais de Oleiros realizamos a guía de lectura De todas as cores, co obxectivo de ofrecer unha selección de libros, discos e películas para disfrutar neste verán. Son obras de diferentes autoras e autores e de distintas temáticas nas que destaca a calidade literaria, artística ou científica, que divirten, emocionan, fan pensar ou aportan novos coñecementos.
Nestas 156 suxestións clasificadas por idades e temas, diferenciamos as obras de coñecementos das de ficción, e entre estas últimas destacamos en apartados especiais a poesía, a narrativa ou a banda deseñada.
Esta guía de lectura foi repartida a todo o alumnado de educación infantil e primaria dos centros de ensino público deste concello e a alumnado de secundaria. Pódese coller en calquera das oito bibliotecas municipais e descargar por internet a través do noso blog (clica na imaxe) ou da páxina web do Concello de Oleiros.