9/5/16

Recomendacións en Radioleiros: 13 maio 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/41867610/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=teatro+gui%C3%B1ol&idx=au%2Cwrdl&q=pirilampo&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=&sort_by=relevance- Infantil (menores de 10 anos): 

Teatro de guiñol, de Pirilampo
Galaxia

Novo libro-disco de Pirilampo, co que este grupo musical homenaxea ao poeta Manuel María no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Está formado por 11 poesías e 11 cancións acompañadas das fermosas ilustracións de Iván R. 
As letras das cancións son once poemas sacados das obras As rúas do vento ceibe, Os soños na Gaiola e Terra Chá.
Así podemos ler e escoitar O vento, Poemiña do señor regato do Cepelo, O galo, A natureza, A fala, Neve, O bolo, O meu cuarto, Anduriñas, Biografía da muiñeira  e Teatro de Guiñol que é o que lle dá título á obra.
No disco poderemos escoitar unha mestura de ritmos tradicionais con toques de rock e pop, e finaliza co poema Biografía da muiñeira que, por suposto, é a ritmo do citado baile.

Recomendámolo para todos os nenos e nenas que queiran gozar e divertirse coa música e a poesía.

- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1205919Poemas escollidos, de Manuel María
Casa-Museo Manuel María

Trátase da primeira escolma publicada que contempla a obra poética de Manuel María na súa totalidade, incluíndo os poemarios inéditos editados despois do falecemento do autor, destacando que Manuel María foi un escritor que percorreu todos os camiños creativos nunha evolución constante.

Comeza o libro cun prólogo de Manuel López Foxo no que explica que, para unha mellor comprensión, sitúa cada poemario no seu tempo de creación “para ter unha visión máis fiel e máis nítida da evolución da súa poesía e do diálogo do seu discurso poético coas correntes temáticas e estéticas de cada época”. Isto permitirá ao lector ou lectora recoñecer as diferentes etapas creativas do autor.

Unha publicación que recolle 191 poemas, que “permiten redescubrir a través dos seus versos máis luminosos o seu canto a Galiza e o universo máis íntimo do poeta”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Tertulia literaria en Rialeda: 11 maio 2016 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23862.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de obras poéticas de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.
Documentación
Obras de Manuel María nas bibliotecas da RBG

A seguinte obra programada é "Alguien" de Alice McDermott.