15/3/19

Actividades de promoción da lectura: de 20 a 22 de marzo 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 20 a 22 de marzo:
Mércores 20 de marzo:
- 10:00: Alumnas-os de 1º de EP do
CEIP Juana de Vega (Nós).
"O pucheiro da señora Emilia" con Charo Pita. 
Xoves 21 de marzo:
- 9:00 e 11:30: Alumnas-os de 2º de ESO
do IES Neira Vilas (Perillo).
"Micro BD" con Miguel Cuba.
- 10:30: Alumnas-os de 2 e 3 anos da EI As Abelliñas (Oleiros)
"Avións de papel" con Ramiro Neira. 
Venres 22 de marzo:
- 10:00: Alumnas-os de 5º e 6º
de EP do CEIP Juana de Vega (Nós). 
"Continentes" con Chus Álvarez.

Venres 22 de marzo:
- 10:00 e 11:00: Alumnas-os de 5º de EI e 2º de EP
do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"O paroleiro", a cargo de Pablísimo.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 
Venres 22 de marzo:
- 10:00: Alumnas-os de 4º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Un conto de tres noites" con Caxoto.

Recomendacións en Radioleiros: 15 marzo 2019

.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1040049- Xuvenil (maiores de 12 anos):

La gallina que soñaba con volar, de Hwang Sun-Mi. Ilustrado por Nomoco e traducido por Matuca Fernández de Villavicencio
Nube de Tinta

Unha historia cargada de simbolismos… 

Brote é unha galiña que ansía ser nai, pero como galiña poñedora que é permanece recluída nunha xaula polo que a única solución para poder cumprir os seus desexos é... poder voar!!.
Brote ten a súa vontade centrada únicamente en poñer cantos máis ovos mellor, por eso quere ser libre e envexa ao galo e a galiña que percorren o corral coa súa rolada de pitiños, eles sí que son felices. Brote deprímese e deixa de comer, polo que os granxeiros que pensan que está morta bótana a unha fosa común da que Brote consegue saír moi débil coa axuda dun ánade real. Este será o primeiro paso para ser libre e cumprir os seus soños…


- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=recursos+inhumanos+lemaitre&branch_group_limit=multibranchlimit-OLERecursos inhumanos, de Pierre Lemaitre
Alfaguara

Unha impresionante novela sobre os tempos de crise e desesperación que atravesamos e do acuciante paro que cada día se converte nunha dura realidade para moitas persoas.

O protagonista é un director de recursos humanos dunha gran empresa que de súpeto atópase na cola do paro debido a cambios estructurais no organigrama da empresa. Pasan varios anos e non consigue máis que pequenos empregos en precario, ata que cre ver a súa oportunidade cando unha importante empresa francesa chámao para participar nunha selección de candidatos para unha oferta de traballo. Pero a persoa que van a contratar, curiosamente sairá do vencedor nun xogo de rol.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/3/19

Ler para saber A CIENCIA: 15 de marzo 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29418.pdf
Na Biblioteca Central Rialeda, dentro das conferencias de divulgación científica correspondentes ao programa Ler para saber, o venres 15 de marzo, ás 18:30 horas, terá lugar a charla titulada:

“Unha solución para o noso planeta: as bacterias que “comen” plásticos” por Dimas López, estudante de grado en Bioloxía e membro de UDCiencia d+i.

Actividade dirixida a nenas e nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público 
en xeral.
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.



Club de Lectura de Literatura Fantástica en Rialeda: 15 marzo 2019

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Club%20de%20lectura%20de%20Literatura%20Fant%C3%A1stica
https://www.patrickrothfuss.com/content/index.aspBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
18,30 a 20 h.

Comentario de "El nombre del viento" de Patrick Rothfuss
Documentación

Seguinte lectura: "Voces" de Ursula K. Le Guin

Concerto "Grandes voces, grandes mulleres": 14 de marzo 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-29731.pdf
Teatro As Torres (anexo á Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz)
20:00 h. Aforo limitado ata completar a capacidade da sala.

Concerto Grandes voces, grandes mulleres a cargo de Vintage Dúo.

Proxecto musical que reinterpreta grandes éxitos a través dun coidado repertorio interpretado en directo con temas como: Cry me a river (Ella Fitzgerald), Route 66 (Natalie Cole), etc.