15/2/20

Segue o Entroido en Bibloleiros: de 17 a 20 de febreiro 2020


Seguimos gozando do Entroido nas Bibliotecas Municipais de Oleiros con obradoiros nos que as-os nenas-os participantes realizarán peliqueiros articulados e outras figuras da festa por excelencia dos disfraces e as carautas e coñecerán as características das máscaras desta celebración tadicional.

*Dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos.
*Máximo de participantes en cada obradoiro: 20.
*Imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexen participar. Podes facelo telefonicamente ou achegándote á biblioteca correspondente. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.
*Hora: 17:30.

- Luns 17 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda)
Tel.: 981 626 638
- Martes 18 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Tel.: 981 610 700
- Martes 18 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Tel.: 981 618 201
- Mércores 19 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Tel: 981 626 338
- Xoves 20 de febreiro
Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Tel.: 981 639 511

Clica na ligazón para ver os recursos que temos sobre o Entroido en Bibloleiros: gastronomía, festas, etc. e visita a expo "Libros de filloas e antefaces, de rosquillas e disfraces" que temos na sala infantil-xuvenil da Biblioteca Rialeda.

Actividades de promoción da lectura: de 17 a 21 de febreiro 2020

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-31672.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 17 a 20 de febreiro:
Luns 17 de febreiro:- 9:00: Alumnas-os de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Animalario con Luís Seoane" a cargo de Isabel Pintado.
Martes 18 de febreiro:
- 10:20: Alumnas-os de 6º de EI
do CEIP Juana de Vega (Nós).
"O coelliño branco" con Trinke Trinke.
Martes 18 de febreiro:
- 9:00 e 11:10: Alumnas-os de
2º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Unha torre de lenda" a cargo de Enrique López.
Mércores 19 de febreiro:
- 10:20: Alumnas-os de 6º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Contos do candil que ninguén cre" a cargo de Ramiro Neira.
Xoves 20 de febreiro:
- 9:00 e 11:10: Alumnas-os de 2º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Unha torre de lenda" a cargo de Enrique López.

No IES María Casares (Santa Cruz). 
Mércores 19 de febreiro:  
- 11:20: Alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz).
"Espectáculo poético-visual" a cargo de Yolanda Castaño.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 18 de febreiro:
- 10:45 Alumnas-os de 6º de EP
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Anímate a animar"  con Manel Cráneo.
Mércores 19 de febreiro:
- 10:45 Alumnas-os de 6º de EP
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Anímate a animar"  con Manel Cráneo.
Xoves 20 de febreiro:
- 10:45 Alumnas-os de 6º de EP
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Anímate a animar"  con Manel Cráneo.

14/2/20

Recomendacións en Radioleiros: 14 febreiro 2020

https://youtu.be/Lk1gDdolAKQ
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1487956&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil - Xuvenil:

Pintoras: grandes artistas que se pintaron muy bien de Ángeles Caso. Ilustrado por Laura López Balza
Libros de la Letra Azul

Adaptación infantil do libro "Ellas mismas: autorretratos de pintoras" no que a escritora Ángeles Caso se une coa ilustradora Laura López Balza  para reivindicar o papel da muller ao pincel. Un libro necesario que foxe da victimización e pon de relevo o talento, a valentía e a forza de tantas protagonistas da arte. O pincel da ilustradora López Balza adapta con maestría os autorretratos que 25 pintoras fixeron de sí mesmas. Ao final do libro inclúense unhas fichas cos orixinais das propias artistas.

Unha obra coa que poderán xogar, recrear e aprender sobre arte ao mesmo tempo que educa na igualdade.

- Mozas/os e adultas/os:

Hacia la belleza de David Foenkinos
Alfaguara

Antoine Duris é profesor de Histoira da Arte na Universidade de Lyon. Repentinamente, abandona a súa cátedra para presentarse a un posto de traballo como bedel no Museo d’Orsay de Paris. Alí será entrevistado por Mathilde Mattel, xefa de Recursos Humanos do museo que non entende como alguén tan cualificado profesionalmente quere aspirar a ese traballo. A medida que avanzamos na lectura vaise desvelando o misterio.

Unha magnífica prosa, directa, sinxela e fluida que xoga coas nosas emocións. Tras un comezo orixinal e divertido, pasaremos a unha historia de ruptura sentimental, para rematar cunha sorpresa que pode cambiar a nosa perspectiva da obra.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/2/20

Club Xuvenil de Literatura Fantástica en Rialeda: 14 febreiro 2020

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Club%20Xuvenil%20de%20Lectura%20de%20Literatura%20Fant%C3%A1stica
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=996600&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLEBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
18,30 a 20 h.

Comentario de El libro de los portales de Laura Gallego

Seguinte lectura: El Hobbit, de J. R. R. Tolkien

Aínda quedan prazas! se tes entre 12 e 17 anos chama ao teléfono 981 639 511, achégate á biblioteca ou envía un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org

12/2/20

Os máis prestados do 2019

Presentámosche os libros e outros documentos máis prestados do ano 2019 
nas sete bibliotecas municipais.

Pulsa sobre as imaxes para coñecelos...

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-31692.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-31692.pdf

Moitas grazas pola túa fidelidade! Moitas grazas por facer biblioteca!

11/2/20

Tertulia literaria en Rialeda: 12 febreiro 2020 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://editorialgalaxia.gal/autor/narciso-de-gabriel/Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de Elisa e Marcela, de Narciso de Gabriel
Coa colaboración da catedrática de Lingua e Literatura Galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: A flor de piel, de Javier Moro