- Infantil (a partir de 6 anos):
"As estrambóticas aventuras do barón Münchhausen" de Pinto & Chinto. En Bululú.
Finalista como Libro ilustrado na Gala do Libro deste ano.
Fermoso álbum ilustrado, de gran formato, no que Pinto e Chinto fan unha reinterpretación das historias do barón de Münchhausen. Estamos ante unha actualización dun clásico literario.
Entran en guerra en pleno inverno. Un disparo conxelouse no fusil e non saíu ata a primavera seguinte cando a contenda xa finalizara. A loita era feroz, como acabaran as balas de artillería decidiu facer bolas de neve, metelas nos canóns e disparalas. Debido a que as tropas inimigas os superaban en número, realizou miles de bonecos de neve e vestiunos con roupa de soldado para facer crer ao exército rival que eran moitos máis. Pero aconteceu que estes bonecos cobraron vida e comezaron a loitar. Non podían manexar o fusil pero lanzaban con gran habilidade as cenorias que lles colocara por nariz...
Unha obra excelente, moi ben editada, cunhas divertidas e disparatadas historias acompañadas dunhas magníficas ilustracións que poden facer as delicias do público infantil pero tamén do que non o é tanto.

- Mozas-os e adultas-os:
"La bella Annabel Lee" de Kenzaburo Oé. Editado por Seix Barral.
Este escritor recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1994.
Sakura é unha actriz de orixe xaponesa, pero coñecida internacionalmente debido a que traballou en Hollywood e porque sendo nena protagonizou unha adaptación do poema “Annabel Lee” de Edgar Allan Poe. Hai anos, entusiásmase coa produción dunha película baseada na adaptación ao cine da novela Michael Kohlhaas de Kleist, xunto cun escritor e o seu amigo e produtor de cine Komori, pero a rodaxe faille lembrar un trauma oculto da súa infancia...
Nesta novela son tamén protagonistas o propio autor e o seu fillo (Hikari Oé), que ten unha discapacidade, ao mesmo tempo que unha gran sensibilidade para a música e que é un coñecido pianista.
A novela narra tres épocas: a adolescencia de Oé onde coincidía no colexio con Komori e que foi cando viu a película protagonizada por Sakura; a preparación, anos despois, do proxecto da película Michael Kohlhass; e a actualidade co produtor Komori. O fío condutor das tres épocas é a actriz Sakura.
A obra, mesturando realidade e ficción, e cun estilo directo, reflexiona sobre a vida, a amizade, a lealdade, e sobre a ética de cada persoa. Profundiza na dor que a veces acompaña á beleza e á inocencia. Un libro excelente que nos fala da importancia da humanidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.