16/12/11

Contos de Nadal con Soledad Felloza o mércores 21 de decembro en Santa Cruz


A actriz Soledad Felloza realizará unha sesión de contacontos o mércores 21 de decembro nas Torres de Santa Cruz.
Ás 18 horas, os nenos/as ata 3 anos poderán escoitar Soños de neve: contos e cancións para bebés, e as 18:30 horas para maiores de 3 anos Contos de Nadal. Con esta sesión finalizan as sesións da hora do conto para este ano 2011. Esperamos que fosen do voso agrado e convidámosvos a acompañarnos nos contacontos do vindeiro ano, que vos anunciaremos con oportuna antelación. BO NADAL!!!

Recomendacións en Radioleiros: 16 de decembro

- Infantil
Editado por Lóguez
Froito do traballo deste ilustrador alemán, "Yo" é un libro sobre a amizade a través da figura dun oso. Un animal que para ser feliz necesita un amigo. Un libro delicioso, divertido e sabio en pequeno formato e dunha grande calidade estética.
- Mozos/as e Adultos/as
Editado por Destino
Recente "Premio Nacional das Letras 2011", José Luis Sampedro é un economista con grande experiencia docente e autor de varias obras sobre estrutura económica. Neste libro, ilustrado por Santiago Sequeiros, fai unha análise do mercado desde a caída da Unión Soviética e o comezo do proceso chamado "globalización". Un libro pedagóxico, dun contido claro e ameno para entender os mecanismos básicos do mundo económico actual.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/12/11

As Bibliotecas Municipais de Oleiros estamos de celebración!

As Bibliotecas Municipais de Oleiros resultaron gañadoras do Premio María Moliner 2011, na modalidade de concello de entre 20.001 a 50.000 habitantes, convocado polo Ministerio de Cultura e a FEMP a nivel de todo o Estado Español.

O agasallo consistirá nun lote de 200 libros e un premio en metálico de 12.000 €, financiado por la Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña.

O proxecto presentado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros denominouse “Lecturas refrescantes” e nel presentáronse as principais actividades de fomento da lectura realizadas durante o primeiro semestre deste ano.


O Premio María Moliner é o galardón máis importante que existe na actualidade en España dirixido a bibliotecas e supón un importante recoñecemento e valorización do traballo realizado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Esta convocatoria tiña como obxectivo premiar o mellor proxecto que incluíra as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na comunidade e o uso das novas tecnoloxías, valorando a eficiencia na administración dos recursos da biblioteca e o esforzo realizado en función dos recursos dispoñíbeis, os proxectos de extensión bibliotecaria levados a cabo, a colaboración cos centros educativos e outras entidades e en conclusión aqueles proxectos que fomentaran a convivencia intercultural e o desenvolvemento tecnolóxico.

Desexamos compartir este premio cos veciños e veciñas de Oleiros e coas persoas, entidades, asociacións e centros educativos que colaboran coas bibliotecas, aos que lles expresamos o noso agradecemento. Grazas a todos e todas por facer posible que Oleiros sexa un referente a nivel estatal na promoción lectora cun servizo bibliotecario eficiente e de calidade.

12/12/11

Reapertura Biblioteca de Lorbé: mércores 14 de decembro

Estimados veciños/as e usuarios/as das nosas bibliotecas,

Comprácenos invitarvos á reapertura da Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" de Lorbé, que terá lugar ás 18 horas a cargo do alcalde Don Ángel García Seoane

Posteriormente, ás 18,30 h. o actor Ramiro Neira realizará unha sesión de contacontos, dirixida a nenas e nenos menores de 10 anos.

Contamos coa vosa asistencia.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 14 de decembro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: ATENCIÓN CAMBIO: de 18 a 20

Comentaráse a obra "El día antes de la felicidad" de Erri de Luca
Documentación

AVISO: a actividade retomaráse o 11 de xaneiro, tras as festas de Nadal

Tertulia literaria en Santa Cruz: luns 12 de decembro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz

Hora: de 18,30 a 20

Comentario da obra "Historia de una maestra" de Josefina Aldecoa

"El destino fue su carácter" por José María Guelbenzu (El País, marzo 2011)

Aviso importante: tras esta sesión, e debido ás festas de Nadal, a tertulia literaria retomaráse o 9 de xaneiro.