11/11/11

Tertulia literaria en Santa Cruz: luns 14 de novembro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Hora: de 18,30 a 20

Comentario final da obra "La regenta" de Leopoldo Alas "Clarín"

Ligazóns de interese:
El universo filosófico de "La Regenta"
Reportaje "El arte de vivir" (La 2 TVE)
Aspectos de la tradición clásica en "La Regenta"

Recomendacións en Radioleiros: 11 de novembro

logo Recomendacións en Radioleiros- Infantil (menores de 6 anos):
"¿Quién soy?" texto de Tamio Koshino e ilustracións de Jun Takabatake, editado por Libros del Zorro Rojo.
Fermoso álbum infantil no que, a través de adiviñas, van presencuberta do libro ¿Quién soy?tando diferentes animais e as nenas e nenos teñen que descubrir de que animal se trata. Nas propias páxinas e baixo un fondo azul mariño con lúa e estrelas amarelas, como se dunha noite se tratara, aparece debuxada en negro a silueta de cada animal.
Unha obra moi apropiada para xogar en familia cos/coas máis pequenos/as da casa.

- Mozos/as e adultos/as:
"O Cabo do Mundo" de Xabier Quiroga en Xerais.
Que faríacuberta do libro O cabo do mundos se, no cemiterio, lle chaman asasino a teu pai o día do seu enterro?
Que farías se estiveses desafiuzado e che quedase pouco tempo de vida?
Carlos Pereiro é un profesor de instituto e escritor, de 47 anos, diagnosticado de cancro terminal que decide comezar unha investigación centrada en dúas teimas do pasado: saber se seu pai foi un asasino e saber se a muller á que sempre amou, o ama tamén ou o amou algunha vez.
As indagacións sobre seu pai levarano a uns duros sucesos da represión franquista executados polas “brigadas do amencer”, no 1936, en diversos lugares da Ribeira Sacra: O Saviñao, Chantada, etc. O propio título fai referencia a un lugar das ribeiras do Miño.
O autor realiza unha investigación histórica e mesturando realidade e ficción, pasado e presente, ofrece esta novela inspirada en sucesos reais da Guerra Civil e da posguerra pero na que os personaxes e as situacións son inventadas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/11/11

Tertulia literaria en Rialeda: 9 de novembro (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentario da obra "Retahilas" de Carmen Martín Gaite
Documentación

Hora do conto: 8 ao 10 de novembro

logo da hora contoAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Todas as sesións son ás 18:30 horas
Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 8 de novembro
CONTACONTOS: Inés Cuadrado
TÍTULOS: “Día de visitas” , “Don Desastre”, “Magdalena no zoolóxico”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 9 de novembro
CONTACONTOS: Fernando Ucha
TÍTULOS: “Chapeuciño vermello”, “Saci-Pererê”

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 10 de novembro
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: "O mar de Mármara", "A lúa chea de Siberia"

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Xoves 10 de novembro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: Contos para noites de xeada (e lúa chea)

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)