30/9/16

Recomendacións en Radioleiros: 30 de setembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43416876/in/album/863040http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=amizades+secretas+agustin+fernandez+paz+rodeira&branch_group_limit=- Infantil (a partir de 6 anos):

Amizades secretas, de Agustín Fernández Paz
Rodeira

Beatriz, a protagonista infantil femenina, será a encargada de poñer o punto de imaxinación nas tarefas cotiás da familia cando chegan a súa nova casa, sobre todo cando coñece á ratiña Ollos Grandes, o único membro feminino da última camada da familia ratonil que disfrutaban da casa moito antes de que eles chegaran. As dúas protagonistas fanse amigas e deste xeito a nai de Beatriz descobre a gran afeción ao queixo de tetilla galego da súa filla, o que non sabe é que toda a familia de Ollos Grandes alimentase grazas a Beatriz, deste xeito a vida dos ratos non periga nas trampas que o pai de Beatriz pon pola casa, nunha declaración de guerra ao que el considera bichería perigosa.

- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=casa+miniaturas+jessie+burton&branch_group_limit=La casa de las miniaturas, de Jessie Burton
Salamandra

Ambientada na cidade de Amsterdam no século XVII, Nella Oortam é unha moza de pouco máis de dezaoito anos que chega á porta da casa dunha das familias máis acomodadas da cidade para comezar a vida en común co seu flamante esposo, nun matrimonio de conveniencia polas dúas partes. Na mesma casa viven unha irmá solteira de Johannes e dous fieis criados. A xoven esposa recibe como regalo de vodas do seu home unha réplica do seu fogar, unha casa de miniaturas, a súa decoración vaille descubrindo os misteriosos segredos que ocultan os habitantes da casa.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Boletín de novidades: 30 setembro 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-24921.pdf

29/9/16

27 e 29 de setembro: Visita de alumnado do IES María Casares á Biblioteca Central Rialeda

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/rialeda-perillo
http://www.edu.xunta.es/centros/iesmariacasares/Esta semana recibiremos na Biblioteca Central Rialeda ao alumnado de 2º de ESO do IES María Casares de Bastiagueiro.

Martes 27 - 2ºA e B ESO (9,30 e 11,30 h.)
Xoves 29 - 2ºC e D ESO (8,40 e 10,40 h.)

Ao remate das mesmas, o actor Ramiro Neira de Artestudio Teatro realizará unha dramatización baseada nos relatos da obra "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro.

Aviso importante: o 2º andar da biblioteca (Sala de audiovisuais e ordenadores) verá restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.

26/9/16

Tertulias Literarias en Rialeda e Santa Cruz: inscrición a partir do martes 27 de setembro

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA

O prazo de inscrición para as Tertulias literarias na Biblioteca Central Rialeda ábrese o martes 27 de setembro ás 8,15 h.*

A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca (luns a venres de 8,15 a 21,15 h.).

40 prazas por orde de inscrición. As 20 primeiras solicitudes constituirán o grupo A e as 20 restantes o grupo B.

As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte dunha lista de espera, sendo avisadas cando haxa unha vacante.


BIBLIOTECA E CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA MULLER "ROSALÍA DE CASTRO". SANTA CRUZ

A inscrición para as Tertulias literarias na Biblioteca de Santa Cruz ábrese o martes 27 de setembro ás 10 h.*

A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (martes a xoves de 10 a 13,30 h.; luns a venres de 16 a 20 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10 a 14 h.).

20 prazas por orde de inscrición. As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte dunha lista de espera, sendo avisadas cando haxa unha vacante.


*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.

IMPORTANTE: A inscrición en liña está dispoñible únicamente para as tertulias da Biblioteca Rialeda.

Poden inscribirse todos/as os/as maiores de 16 anos que desexen participar.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

As programacións inclúen obras de autoras e autores da literatura galega, española e internacional.

Datas de inicio da actividade:
- Grupo A de Rialeda: mércores 26 de outubro, das 17,30 ás 19,30 h.
- Grupo B de Rialeda: mércores 19 de outubro, das 17,30 ás 19,30 h.
- Tertulia de Santa Cruz: luns 17 de outubro, das 18 ás 19,30 h

As sesións teñen un carácter quincenal. A actividade remata no mes de xuño de 2017