12/7/19

Recomendacións en Radioleiros: 12 xullo 2019

https://youtu.be/M_6eMNv32ho
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1430982&query_desc=au%2Cwrdl%3A%20ma%C3%B1as%2C%20pedro- Infantil (de 10 a 12 anos):
"Apestoso tío Muffin" de Pedro Mañas. Editado por Anaya.
O protagonista desta historia chámase Montgomery Muffin e ten unha estraña cualidade: a capacidade de atraer a porcallada. Por raro que poida parecer é unha persoa extremadamente limpa e aseada. Cada mañán, Muffin enchía a súa antiga bañeira con litros e litros de auga fervente e burbullas e se sometía a unha exhaustiva limpeza  pero ao chegar ao traballo xa estaba cheo de sucidade e apestaba a peixe podre. Isto motivou que Muffin estivese sempre só e aburrido. Ata que aparece Emma, unha rapaza que di ser a súa sobriña e porta unha nota na que a súa nai lle encarga que a coide por uns días. Emma é unha nena chea de vida e de imaxinación. Chegan a conxeniar tan ben que as cousas empezan a mellorar para Muffin.

- Mozas-os e adultas-os:
"Lydie" guión de Zidrou e debuxos de Jordi Lafebre. En Norma Editorial.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1305847
Zidrou trasládanos a un lugar ficticio que leva por alcume “a rúa do bebé con bigote". Alí vive Camille, xunto co seu pai. Una rapaza máis bonita que intelixente (xa que parece ter certo retraso) e que se atopa na recta final do seu embarazo. Por desgraza, o bebé de Camille nace morto, ía ser unha nena e se ía chamar Lydie. Aos poucos días do triste acontecemento, Camille chama eufórica ao seu pai dicindo que a pequena Lydie está alí, no seu berce, que baixou do ceo ao ver a tristura das súas vidas. O pai pensa que finalmente Camille perdeu a cabeza pola dor da morte do seu bebé e decide seguirlle a corrente. Que dano lle pode facer se ela é feliz crendo que a súa filla volveu á vida? A partir dese momento, todos os personaxes se unen nunha mentira para facer feliz a Camille.
Unha obra moi recomendable para quen goce das historias que orixinan emocións.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/7/19

Novelas de aventuras para ler á sombra dun parasol

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=6920&sortfield=
A Biblioteca Central Rialeda proponche unha escolla de novelas de aventuras para este verán. Aventuras clásicas (como a historia de Odiseo, o heroe do poema de Homero na obra de Manfredi). Aventuras de buscavidas (a de "El buen ladrón" de Hannah Tinti). Aventuras ambientadas no lonxano Oriente ("La Oficina de estanques y jardines" de Didier Decoin). Aventuras de dous amigos que se van de festa ("Sen piedade" de Pedro Feijoo). Osos, bandidos e o crú clima de Alaska ("El volcán de oro" de Verne). Viquing@s, viaxeir@s, estafador@s, explorador@s, e un longo etcétera de aventuras trepidantes que te deixarán pegado á hamaca. 
Por iso, aconsellamos tomar a protección adecuada para vivir estas lecturas sen "danos colaterais": insolación, deshidratación, queimaduras solares. Iso si, para gozar plenamente destas historias, déixate levar por onde te leven estas lecturas altamente adictivas...